Pecha o último manicomio de Galicia. O hospital psiquiátrico de Castro Ribeiras de Lea, en Lugo, construído nos anos cincuenta do século pasado, cesa a súa actividade tras o traslado dos últimos internos. // Núñez Feijóo di que pasará á historia coma un defensor da sanidade publica e que blindará os servizos públicos. // A nova reforma financeira podería supor a perda de tres mil postos de traballo no sector bancario galego debido as fusións que se poden producir. // O alcalde de Santiago non convence ao de Vigo coa súa idea de conectar o aeroporto de Lavacolla co AVE, para competir coa terminal aérea de Porto. // Un profesor dun instituto de Redondela emprega a papiroflexia para apoiar as súas clases de matemáticas. // ¿Un país de vacas¿, exposición fotográfica de Xurxo Lobato no Museo do Pobo Galego, en Santiago. 15/02/12
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano