Enlaces accesibilidad

O cociñeiro José Andrés, recoñecido co premio Princesa de Asturias, percorre o Camiño de Santiago

  • Atopámolo no Cebreiro unha semana despois de recibir o galardón polo seu labor contra a fame
  • É unha celebridade nos Estados Unidos e non esquece a súa orixe asturiana

Por
O Camiño de José Andrés

José Andrés está facendo o Camiño de Santiago e non esquence a súa orixe astur. Faino escandiando sidra e loubando as súas terras, as galaicas e as leonesas. "Como un peregrino más, haciendo el Camino de Santiago, en O Cebreiro, que es uno de mis lugares favoritos. Intentando llegar a Santiago en 10 ó 12 días".

Como un peregrino más, haciendo el Camino de Santiago, en O Cebreiro, que es uno de mis lugares favoritos

Acabado de recibir o premio princesa de Asturias á Concordia, fala de aproveitar a distribución de comida entre os necesitados para loitar contra o cambio climático."Hay que construir mesas más largas y muros más bajos y ver que la alimentación puede ayudar a combatir el cambio climático y crer más trabajo en el rural", reflexiona.

Celebración

A súa ONG reparte comida gratuíta en grandes catástrofes e durante a pandemia.

" Me preguntan, ¿cómo lo vas a celebrar? No es el momento de celebrar cuando te dan un premio a la concordia por alimentar y sabes que no llegas a todos lados".

No es el momento de celebrar cuando te dan un premio a la concordia por alimentar y sabes que no llegas a todos lados

Mentres segue camiñando a Compostela, José Andrés anímanos a pensar por que hai fame nun planeta que produce máis alimentos dos que pode comer.