Enlaces accesibilidad
Igualdad

Homenaxean a Jimena Fernández de la Vega, primeira licenciada en medicina da USC e pioneira da xenética en España

  • A RAGC designouna científica do ano e subliña o seu labor investigador desde que rematou a carreira, en 1919
  • Ela e mais súa irmá eran as únicas mulleres da facultade, en tempos en que poucos podían ir á universidade

Por
Jimena Fernández. de la Vega, primeira licenciada en medicina da USC e pioneira da xenética en España

Nacida na Veiga (Asturias), en 1895, comezou a carreira xunto coa súa irmá xemelga Elisa, co que se converteron nas primeiras licenciadas en medicina en Santiago en 1919, cando poucos accedían á universidade. Elas eran as únicas mulleres na facultade.

No estranxeiro

Moitos menos conseguían unha bolsa de investigación noutros países europeos en plenos anos 20. Ela estivo en Alemaña, Austria e Italia.

Foi a primeira investigadora española da xenética e a súa volta do estranxeiro posibilitou que se crease a primeira sección de xenética na Facultade de Medicina de Madrid.

Marañón dijo: ´Tenemos que hacer que vuelva Jimena, porque es la única que nos puede orientar en la genética´

"Trajo la genética a la Medicina. Cuando estaba ella fuera, (Gregorio) Marañón, que no era propicio a apoyar las mujeres, dijo a todo su equipo: ´Tenemos que hacer que vuelva Jimena, porque es la única que nos puede orientar en esto que estamos empeñados, en la genética´”.

Así o destaca a súa sobriña María Teresa Fernández de la Vega, exvicepresidenta do Goberno e actual presidenta do Consello de Estado, que veu a Santiago para asistir ao homenaxe á súa tía por parte da Real Academia Galega de Ciencias (RAGC), que a designou cientítica do ano.

La Guerra Civil

A Guerra Civil supuxo un xiro radical na súa vida. No 36 volve de Madrid a Santiago para atender os soldados ferios, no daquela cuartel e hospital militar de San Caetano, agora sede da Xunta, e o marido da súa irmá Elisa exiliase pola súa condición de republicano. Ao pouco morre Elisa. Dos tres fillos do matrimonio pasa a facerse cargo Jimena.

Se hizo cargo de sus sobrinos y de su madre, pero seguía investigando

"Se hizo cargo de sus sobrinos, de su madre, se hizo cargo de todos. Además, su casa en Madrid, donde vivía con la abuela, era donde aterrizábamos todos. Hace de todo, pero ella sigue investigando, no deja nunca de estudiar e investigar", conta María Teresa Fernández de la Vega.

Trala guerra empezou a dirixir balnearios, entre eles o de Guitiriz e o de Lanjarón (Granada), onde se xubila sen abandonar nunca a investigación científica.