Enlaces accesibilidad

Antón Reixa: "A medalla de Belas Artes dáme ánimo para seguir creando, hai moito que facer"

  • Recibe o galardón do Ministerio de Cultura tras máis de corenta anos de traballo en variadas facetas artísticas
  • "Sorpréndeme ser o único galego premiado este ano, porque en Galicia hai agora moito talento"

Por
Antón Reixa: medalla de Belas Artes

Antón Reixa recibiu a boa nova en Oleiros, onde reside. Como onte era día dos Inocentes, ao principio non o creía.

Tardei hora e media en creer que era verdade

"Tardei hora e media en creer que era verdade".

Poeta e Rompente

A súa traxectoria artística ten a base na literatura, á que era afeccionado xa de neno. Con dezaséis anos fai unha viaxe por Europa que o obriga a estar moito tempo só, e comeza a falar só. Aí descobre o valor da oralidade,  que trasladará á súa creación coas letras.

Os recordos infantís, os discursos dos políticos e ata a nota da compra son material para as súas composicións

Para esas composicións aproveita o que el chama detritus lungüísticos. "Os recordos infantís, os discursos dos políticos e ata a nota da compra" son parte dese material, segundo declarou ao programa de RTVE Metrópolis.

Aínda moi novo, Reixa amosa o estilo innovador que aplicará en todas as facetas artísticas que cultivará despois, e con 19 anos crea o grupo de comunicación poética Rompente, que neste 2021 volveu xuntar os tres membros.

Os Resentidos e outras artes

Tamén pronto, este profesor de lingua e literatura galega nun instituto de Vigo salta aos escenarios e á televisión.

En 1982 crea Os Resentidos, rock en galego e con gaita, traspasa máis fronteiras e convértese nun dos líderes da movida viguesa dos 80.

Á poesía e á musica, engade a videocreación e a realizacion de vídeos para outros artistas e grupos de música, o teatro e a producion e direccion para televison e cine. Aptitudes múltiples que se resumen en artista polifacético.

Tamén foi director da SGAE (Sociedad general de autores y editores).

Máis de 40 anos de traxectoria

Para Reixa (65 anos), que non recibiu moitos premios, "porque sempre fun moi rabudo", a Medallla de Belas Artes anímao a seguir na creación tras máis de 40 anos de traxectoria.

Hai cinco anos que decidín dedicarme ao cen por cen ao meu traballo creativo

Recibir esta medalla neste momento, que vou xa maior, dáme moitos ánimos, porque hai cinco anos que decidín dedicarme ao cen por cen ao meu traballo creativo. Esto refrenda que non foi unha mala decisión. Seguirei traballando, hai moito que facer".

Recoñece que logo desas catro décadas longas, o que necesito é ter folgos e condicións para seguir adiante".

Boto en falta que non haxa máis galegos premiados. Vivimos un momento que en Galicia hai moito talento

Di que a recibe "con humildade, porque hai outros trinta galardoados, que son artistas excepcionais, algúns amigos meus”, ao tempo que se laia de ser o único galego nos recoñecidos deste ano do Ministerio de Cultura y Deporte. "Boto en falta que non haxa máis galegos premiados. Vivimos un momento que en Galicia hai moito talento".

Cando onte Reixa confirmou que si lle concederan a Medalla das Belas Artes, sentiu curiosidade pola historia deses galardóns e constatou que os creara Franco e que a primeira medalla fora para Salvador Dalí, en 1971, hai cincuenta anos.