Abre en Vilarmaior o maior labirinto da Península, inspirado na estética celta
- Ten máis de 4.000 árbores en 6.000 metros cadrados e 2.5 km de corredores
- Conta con saídas rápìdas e un teléfono de atención durante o percorrido
Inspiración celta
Adentrarse nel semella facelo nun videoxogo.Foi un empeño persoal dun xove delineante, que plasmou sobre a terra e con árbores un deseño inspirado nos petroglifos celtas famosos do concello de Vilarmaior.
“Dixemos: imos facer algo que teña relación cos antepasados, coas raíces, coas orixes, pois os celtas“
"Dixemos: imos facer algo que teña relación cos antepasados, coas raíces, coas orixes, pois os celtas... Que figura? unha que se preste, non todas valen para facer un labirinto. Pois unha cruz celta", explica José Luis Meitín a orixe do labirinto.
Para o deseño contou co menorquín Raul Castellar, colaborador da maior autoridade mundial na materia labiríntica, o britanico Adrian Fischer.
"Busquei unha persoa, esto non é coller un labirinto dunha revista de pasatempos. Está deseñado para que a xente vaia avanzando, non van sentir que van tanto para atrás. Penso que vai funcionar ben".
2,5 km de corredores
Trátase dun labirinto con cifras de récord. Ocupa 6.120 metros cadrados e as súas 4.000 árbores dan forma a uns revirados corredores, que suman un percorrido de case 2'5 km nos que resulta sinxelo perderse"
Cunha boa orientación, pódese atopar a saída nuns 30 minutos de media.
“Hai xente que emprega trucos, pero paréceme unha tontería pagar unha entrada“
"Hai xente que emprega trucos, pero paréceme unha tontería pagar unha entrada. É como subir a unha montaña rusa e pechar os ollos, non ten sentido", advirte o alma máter do labirinto.
O labirinto ten saídas rápidas e co ticket facilitan un numero de teléfono por se alguén se enreda de mais.
"Máis que nada é para tranquilizar. Non creo que haxa que ir a buscar a ninguén, non vai ser o caso", conclúe José Luis.