Enlaces accesibilidad

Os médicos de urxencias reclaman nun congreso en Vigo a creación dunha especialidade propia

  • 3.500 profesionais participan no Congreso da Sociedade de Medicina de Urxencias e Emerxencias cun amplo contido formativo
  • Consideran que a especialidade de urxencias é clave para solucionar a falta de recursos en atención primaria

Por
Os médicos de urxencias reclaman nun congreso en Vigo a creación dunha especialidade propia

Para a Sociedade Española de Medicina de Urxencias e Emerxencias (SEMES) non ten lóxica que en España non exista a especialidade médica de urxencias que veñen reclamando insistentemente ao Ministerio de Sanidade.

O doutor Tato Vázquez Lima, presidente da SEMES e coordinador das urxencias no Hospital do Salnés, considera que congresos coma este de Vigo están a suplir a falta dunha formación oficial.

“3.500 congresistas quieren aprender Urgencias y Emergencias", indica Vázquez Lima. "Dado que no se la podemos ofrecer a nivel nacional de manera reglada, como existe en toda Europa, lo que hacen es venir a nuestros congresos a aprender”.

Solución para a atención primaria

Cren que a especialidade de urxencias é clave para solucionar a falta de recursos en atención primaria, porque os profesionais de urxencias cursan a especialidade de familia ocupando as prazas MIR.

Se non damos o paso de ter a especialidade en un ano, o problema vaise agravar

O presidente do comité organizador do congreso, José Manuel Fandiño, tamén urxe a creación da especialidade en urxencias.

“Nós —subliña— cremos que fai falta ter recursos para atención primaria. Sen dúbida, pero tamén para os hospitais. Se non damos ese paso, estamos falando, como dicía o doutor Tato Vázquez, o de en un ano ter unha especialidade, o problema vaise agravar”.

Neste congreso que se celebra ata o venres en Vigo, abordarán temas como a importancia da saúde mental e cuestións éticas sobre coidados ao final da vida.

Obradoiros e simulacros

Programaron cento cincuenta actividades e setenta obradoiros formativos, rescate en praias, un simulacro de accidente marítimo e formación en reanimación para 1.500 alumnos de secundaria de Vigo.

Os organizadores calculan que o Congreso terá un retorno económico na cidade superior aos oito millóns de euros.