Galicia queda baixo influencia anticiclónica, pero con circulación de ventos do noroeste que achegan aire frío. Ceos con nubes e claros, con algún chuvasco feble ao norte. As temperaturas sofren un lixeiro descenso. Tempo frío e seco, que dará pasó a unha fin de semana con máis nubes, chuvia escasa no norte e recuperación das temperaturas
Satisfacción dos usuarios do tren de Media Distancia, ao coñecer que as axudas ao transporte público continuarán seis meses máis | Ingresan en prisión preventiva os propietarios da axencia de viaxes da Coruña acusados de vender billetes de avión que resultaron ser inexistentes. Os afectados poderían ser uns 300, a maioría inmigrantes | Abren, dende hoxe, os centros de crise para atender agresións sexuais e casos de violencia de xénero. Funcionan as 24 horas e os sete días da semana | A dous días para o sorteo da Lotaría de Nadal, nas administracións a actividade é frenética | O Auditorio de Lugo, rematado dende hai oito anos, e pechado ata agora por falta de entendemento entre as administración, abre hoxe ao público cun recital de Ainhoa Arteta
Satisfacción entre os viaxeiros ao coñecer que o Goberno manterá as axudas ao transporte público ata xuño, cando contemplaba favorecer só a colectivos vulnerables a partir de xaneiro. A medida, que seguirá beneficiando a millóns de usuarios en todo o estado, afecta aos servizos de autobús e tren | Ingresan en prisión preventiva os propietarios da axencia de viaxes da Coruña acusados de vender billetes de avión que resultaron ser inexistentes. Calcúlase que os afectados, poderían ser uns 300, a meirande parte inmigrantes latinoamericanos que pretendían pasar o Nadal aos seus países de orixe | Dende hoxe están operativos en cinco instalacións hospitalarias, os centros de crise para atender agresións sexuais e casos de violencia de xénero. Funcionan as 24 horas e os sete días da semana, e ademáis de persoal médico contan con profesionais especializados para o acompañamento xurídico e psicolóxico das vítimas, xusto tras sufrir unha agresión | O edificio leva rematado dende hai oito anos, pero a falta de entendemento entre as administracións fixo que quedara pechado sen ningún uso ata agora. O Auditorio de Lugo, con capacidade para 900 espectadores, abre ao público esta noite, co nome do grupo Fuxan os Ventos, elixido por votación popular, e cunha actuación inaugural a cargo da soprano Ainhoa Arteta
Satisfacción dos usuarios do tren de Media Distancia, ao coñecer que as axudas ao transporte público continuarán seis meses máis. En Galicia máis de 80.000 persoas teñen solicitado o bono gratuito de Renfe | En Viveiro, pasa arestora a disposición xudicial o home sospeitoso de asasinar á sua parella | A dous días para o sorteo máis ilusionante do ano, o da Lotaría de Nadal, moitos apuran estas últimas horas buscando un décimo que lles permita comezar a semana que ven con algúns milleiros máis de euros no banco. Nas administracións de lotaría, a actividade é frenética | Tras case tres décadas de trámites, estrease hoxe o novo auditorio de Lugo que leva o nome de Fuxan os Ventos. A soprano Ainhoa Arteta ofrece o recital inaugural deste espazo, que se rematou de construír hai oito anos e estivo pechado ata agora
Tralo paso da fronte fría, a atmosfera irase estabilizando e irá entrando a influencia anticiclónica. As precipitacións tenderán a desaparecer a medida que avance o día. As temperaturas en descenso, con xeadas no interior. As máximas nas cidades oscilan entre os 13 graos de Lugo e os 17 de Vigo e Pontevedra
Loito en Viveiro polo crime machista que custou a vida a Rejane, unha muller de orixe brasileira de 42 anos, presuntamente asasinada por Ramón, o home co que convivía | O aumento da demanda para o Nadal provoca estes días unha subida de prezos nos mercados, especialmente para determinados produtos como o marisco e peixes coma o rodaballo e o linguado | A Asociación de Administracións de Lotarías advirte aos compradores dos riscos da tradición de compartir décimos polo Nadal. Din que para evitar malentendidos e conflitos legais convén deixar contancia nun documento privado | En Vigo preséntase a Comicteca, unha biblioteca especializada en banda deseñada que arranca cun fondo de mil cincocentos exemplares | Chamamento das protectoras de animais a non agasallar con seres vivos polo Nadal
Loito en Viveiro polo crime machista que custou a vida a Rejane, unha muller de orixe brasileira de 42 anos, presuntamente asasinada por Ramón, o home co que convivía, e que despois tentou suicidarse. Xa foi dado de alta e permanece detido, a espera de pasar a disposición xudicial | O aumento da demanda para o Nadal provoca estes días unha subida de prezos nos mercados, especialmente para determinados produtos como o marisco e peixes coma o rodaballo e o linguado. Tamén os percebes, que acadan os 200 euros e o camarón supera os 100. Os profesionais din que xa non paga a pena conxelar | A Asociación de Administracións de Lotarías advirte aos compradores dos riscos da tradición de compartir décimos polo Nadal. Din que para evitar malentendidos e conflitos legais convén deixar contancia nun documento privado, indicando con quen se comparte e a cantidade que xoga cada un. A partir dos 2.000 euros os premios deben ser cobrados a través do banco | En Vigo presentouse hoxe a Comicteca, unha biblioteca especializada en banda deseñada que arranca cun fondo de mil cincocentos exemplares. Un espazo pioneiro creado a partir das doazóns de dous expertos, para empregar a linguaxe do cómic como ferramenta de aprendizaxe. Estará dispoñible para consulta e préstamo na Biblioteca de Afundación
Loito en Viveiro polo crime de Rejane, o primeiro caso dunha veciña morta por violencia de xénero dende que hai rexistro oficial. O presunto autor permanece detido en dependencias policiais | Nos mercados, os prezos aumentan coa demanda para o Nadal, sobre todo do marisco e peixes coma o rodaballo e o linguado. Os percebes acadan os 200 euros e o camarón supera os 100. Os profesionais din que xa non paga a pena conxelar | A tradición de compartir décimos da lotaría de Nadal con familiares, amigos e compañeiros de traballo pode derivar nun conflito legal se xurden disputas polo reparto dos premios. Para evitalo, a Agrupación Nacional de Lotarías recomenda asinar entre os compartidores un documento privado
Chuvias especialmente intensas nas provincias da Coruña e no sur de Pontevedra onde se poden acumular ata 60 litros por metro cadrado en doce horas. A partir da noite poden vir acompañadas de tormenta. As temperaturas mínimas ascenden moderadamente mentras que as máximas sufren un lixeiro descenso
En Viveiro investigan a morte dunha muller, de nacionalidade brasileira, á mans da súa parella. Os feitos tiveron lugar na vivenda que ambos compartían na parroquia de Covas | Os tradicionais sorteos de cestas de Nadal, están en risco de desaparición. É o que din os hostaleiros e pequenos comerciantes, ante a normativa autonómica que obriga a inscribirse nun rexistro e outros requisitos que consideran de imposible cumprimento | A Xunta considera positivo para a economía galega o pacto acadado entre a Unión Europea e Mercosur | O polémico proxecto de Altri centrou hoxe a sesión de control parlamentario ao presidente da Xunta | Un pacto entre pais e nais para que os nenos e nenas de 12 anos non teñan móbil con acceso a internet. É a iniciativa, pioneira en Galicia, dun colexio concertado de Santiago
Investigan a morte violenta dunha muller á mans da sua parella en Viveiro. A falecida, de nacionalidade brasileira, traballaba no servizo de axuda a domicilio coidando persoas maiores. No hospital comarcal de Burela está ingresado O presunto autor do crime, natural da paroquia de Covas. Ao parecer intentou quitarse a vida | Os tradicionais sorteos de cestas de Nadal, están en risco de desaparición. É o que din os hostaleiros e pequenos comerciantes, ante a normativa autonómica que obriga a inscribirse nun rexistro e outros requisitos que consideran de imposible cumprimento. As sancións van dende 100 a 600 mil euros | A Xunta considera positivo para a economía galega o pacto acadado entre a Unión Europea e Mercosur. Destaca a redución dos aranceis en máis do 90 por cento que beneficiará a industria do automóbil. Advirte, en cambio de riscos para os sectores da carne e o leite | Un pacto entre pais e nais para que os nenos e nenas de 12 anos non teñan móbil con acceso a internet. É a iniciativa, pioneira en Galicia, dun colexio concertado de Santiago. As familias comprométense a non mercárllelo, polo menos durante o primeiro curso de instituto
Os tradicionais sorteos de cestas de Nadal, en risco de desaparición. É o que din os hostaleiros e pequenos comerciantes, ante a normativa autonómica que obriga a inscribirse nun rexistro e outros requisitos que consideran de imposible cumprimento. As sancións van dende 100 a 600 mil euros | O polémico proxecto de Altri centrou hoxe a sesión de control parlamentario ao presidente da Xunta. O BNG pediu novamente que se desbote a megafábrica en Palas de Rei, mentres Rueda defendeu o proxecto da pasteira portuguesa | A Xunta valora positivamente o recente acordo entre a Unión Europea e Mercosur, ao reducir progresivamente máis do 90% dos aranceis. Considera que é beneficioso para os sectores industrial e automobilístico. Tamén o ve positivo para o sector agroalimentario
O anticiclón retírase cara o Mediterráneo co que se achegan as borrascas atlánticas que hoxe traen de volta as chuvias e o vento que sopra con refachos moi fortes na costa e en zonas altas. Todo o litoral atlántico está en alerta amarela por fenómenos costeiros. As temperaturas suben con máximas que superan os 15 graos
Acordo entre a Xunta e o Goberno de Pedro Sánchez para transferir a xestión do litoral | Os presupostos da Xunta para 2025 quedan aprobados, un ano máis co apoio da maioría do Partido Popular, cunha soa enmenda das 1.200 presentadas pola oposición | A Comisión Europea ditamina que a prórroga da concesión a Ence na Ría de Pontevedra, acordada polo goberno de Mariano Rajoy, non cumplíu a normativa comunitaria | O anuncio da lotaría de Nadal deste ano rodouse en Vigo e na contorna. Duas administracións da cidade e dous bares do Val Miñor son os principais escenarios da historia de Julián | Presentada unha visión inmersiva do desaparecido coro do Mestre Mateo na Catedral de Santiago. Un equipo de investigadores conseguiu desenvolver unha reconstrución dixital, integral e en tres dimensións desta estrutura, desmantelada no século XVII
Acordo entre a Xunta e o Goberno de Pedro Sánchez para transferir a xestión do litoral. É un anuncio feito hoxe polo presidente Alfonso Rueda a través das redes sociais. Supón dar cumplimento ao establecido na lei aprobada o ano pasado polo parlamento galego para asumir as competencias, que recibíu o aval do Tribunal Constitucional | Os presupostos da Xunta para 2025 quedan aprobados, un ano máis co apoio da maioría do Partido Popular, cunha soa enmenda das 1.200 presentadas pola oposición. As contas ascenden a case 14.000 millóns de euros e contemplan unha previsión de crecemento do PIB do 2 por cento | A Comisión Europea ditamina que a prórroga da concesión a Ence na Ría de Pontevedra, acordada polo goberno de Mariano Rajoy, non cumplíu a normativa comunitaria. A resolución do expediente aberto a España dá un prazo de dous meses ao goberno para que adopte medidas ao respecto ou remitirá o caso ao tribunal de Xustiza da UE. A Compañía asegura que o dictame non afecta á sua continuidade na Ría | Presentada unha visión inmersiva do desaparecido coro do Mestre Mateo na Catedral de Santiago. Un equipo de investigadores conseguiu desenvolver unha reconstrución dixital, integral e en tres dimensións desta estrutura, desmantelada no século XVII. A investigación serve de base para a posible creación dun sistema de visualización virtual, ou mellor aínda, para unha futura reconstrucción real
A Xunta e o Goberno Central chegan a un acordo para transferir a xestión do litoral. É un anuncio feito hoxe polo presidente Alfonso Rueda a través das redes sociais. Dase así cumplimento ao establecido na lei aprobada o ano pasado polo parlamento galego. Supón o primeiro traspaso de competencias a Galicia dos últimos 15 anos | O proxecto de orzamentos da Xunta para o ano 2025 chega ao Parlamento para a súa aprobación definitiva, entre as críticas dos grupos da oposición por non aceptadar prácticamente ningunha das cerca de 1.200 enmendas que presentaron | O anuncio da lotaría de Nadal deste ano rodouse en Vigo e na contorna. Duas administracións da cidade e dous bares do Val Miñor son os principais escenarios da historia de Julián, o personaxe que se queda a vivir no rural e levanta unha onda de solidariedade porque non ten con quen compartir o décimo
A semana comeza anticiclónica con tempo seco e solleiro. As temperaturas algo máis altas. As máximas que oscilan entre os 14 graos previstos Lugo e Ourense aos 17 das Rías Baixas. O vento frouxo de compoñente sur con intervalos de moderado a fortes en mar aberto ao final do día entre Louro e Fisterra.
Intervención de 229 quilos de cocaína no porto exterior da Coruña. Os fardos estaban agochados nun cargueiro de bandeira panameña procedente do Brasil, con tripulación filipina | As forzas políticas reaccionan trala multitudinaria mobilización, en Santiago contra o proxecto da multinacional Altri en Palas de Rei | Campaña da dirección xeral de tráfico para detectar consumo de alcohol e drogas ao volante, un comportamento que supón a segunda causa de sinistralidade mortal nos accidentes | Rafael Louzán é xa o novo presidente do fútbol español... O ata agora presidente da Federación galega logra o respaldo da maioría absoluta na asamblea celebrada hoxe | Vitoria contundente por 3 goles a 1 do Racing de Ferrol ante o Sporting de Xixón. 3 puntos para os ferroláns que lle permiten coller folgos na Liga
Novo golpe ao narcotráfico en Galicia. A Garda Civil e Vixilancia Aduaneira interviron preto de 230 kilos de cocaína nun barco do Brasil que chegou ao porto exterior da Coruña. Investigan a organización que está detrás deste alixo. Polo momento non hai detidos | As forzas políticas reaccionan trala multitudinaria mobilización, en Santiago contra o proxecto da multinacional Altri en Palas de Rei. O BNG e os socialistas piden a Rueda que atenda o clamor dos manifestantes, mentres o presidente a Xunta di que son máis os galegos que apostan polo futuro da industria e a creación de postos de traballo | Campaña da dirección xeral de tráfico para detectar consumo de alcohol e drogas ao volante, un comportamento que supón a segunda causa de sinistralidade mortal nos accidentes. A normativa que entra en vigor o próximo ano reduce de 0´5 a 0´2 gramos por litro o límite de alcol permitido en sangue | Rafael Louzán é xa o novo presidente do fútbol español... O ata agora presidente da Federación galega logra o respaldo da maioría absoluta na asamblea celebrada hoxe, con 90 votos fronte a 43 do outro candidato, Salvador Gomar. Mentres, está pendente do recurso ante o Tribunal Supremo a súa condena por prevaricación cando presidía a Deputación de Pontevedra
Operación contra o tráfico de droga, coa intervención de 229 quilos de cocaína no porto exterior da Coruña. Os fardos estaban agochados nun cargueiro de bandeira panameña procedente do Brasil, con tripulación filipina. Polo de agora non hai detidos | A oposición pídelle a Rueda que escoite á sociedade e recúe no proxecto de Altri trala multitudinaria manifestación en Santiago. Os socialistas din sentirse enganados cun proxecto que cren que non é viable, ao precisar dun financiamento público que dubidan lle sea asignado. O BNG acusa á Xunta de traballar para as multinacionais | Vitoria contundente por 3 goles a 1 do Racing de Ferrol ante o Sporting de Xixón. 3 puntos para os ferroláns que lle permiten coller folgos na Liga, aínda que sen saír dos postos de descenso. E en Primeira División, o Celta perdeu pola mínima en Sevilla