O secretario xeral do PSdGa-PSOE,Pachi Vázquez, responde ás preguntas de Xosé Manuel García na "entrevista do domingo",en RNE-Galicia.
Pachi Vázquez comparou ó Presidente da Xunta con Silvio Berlusconi por cambiar as leis ó seu antollo. O líder dos socialistas galegos califica o novo decreto do galego coma "o maior ataque á lingua galega dende os Reis Católicos".
Vázquez asegurou que "mentres José Blanco, ministro de Fomento, garante que non se van cortar as insfraestruturas do AVE,Feijóo certifica a paralización das grandes insfraestruturas galegas".
O líder socialista galego acusou ó Presidente da Xunta de "usar Galicia coma unha alfombra para levar ó Partido Popular" ata a Moncloa.(30/05/10)