Xa é oficial... Alberto Núñez Feijóo será candidato a presidir a formación popular a nivel estatal. O actual presidente da Xunta confirmouno ante os seus compañeiros de partido en Galicia nunha reunión da Xunta directiva, esta mesma tarde. Unha decisión que, o propio Feijóo adiantaba, non suporá a súa saída inmediata da Xunta.
É mercores de cinza, e os familiare dos desaparecidos no Villa de Pitanxo seguen a espera da declaración dos tres mariñeiros superviventes sobre o sucedido. Din que nos datos que poidan aportar está a esperanza de poder iniciar abusca dos outros 12 e de atopalos, se poden indicar onde está exactamente o barco afundido. Namentres a Coperativa de Armadores di descoñecer a existencia de sancións ao Villa de Pintanxo por pesca ilegal.