En Pontevedra, o xuizo ó único acusado polo triple crime de Valga será a porta pechada para protexer os nenos que presenciaron a acción. E, en Lugo, estamos pendentes do veredicto na repetición da vista a Ana Sandamil por matar a súa filla.
Avances no desbloqueo do corredor atlántico de mercadorías. O ministerio de Transportes ten previsto investir 16 mil millóns. O comisionado do Goberno estará esta mañá na Coruña.
Deportes. O Celta trae un punto de Pamplona. O Lugo cambia de novo de adestrador.
O tempo.Unha fronte irá achegándose a Galicia durante o día, afectando á nosa Comunidade pola noite