Dende hoxe, todolos nenos que nazan en Galicia van recibi-la vacina do Virus respiratorio sincitial, causante cada ano de numerosos ingresos de cativos por bronquiolites. Tamén serán repescados os cativos que teñan menos de seis meses.
Unha campaña que se inicia o mesmo día que se pon en marha a dobre vacinación de covid e gripe ós 30 mil usuarios de residencias de maiores e centros de discapacidade. Logo continuarán outros colectivos vulnerables
- Ecoloxistas en Acción denuncia ante o Tribunal Superior a todo o consello da Xunta
Considera que o goberno galego cometeu un delito de prevaricación ó declarar de interese autonómico o proxecto de cidade deportiva do Celta en Mos.
- Comezaron as obras para arranxar o viaduto na N-541 sobre o Lérez onde a pasada Noiteboa faleceron sete persoas nun accidente de autobus.
Comezan as obras días despois de que os alcaldes demandaran unha reforma integral da estrada, e os condutores insisten na falta de seguridade da vía
- Monbús opera na Comunidade Valenciana con autobuses adscritos ás súas concesións en Galicia.
A empresa luguesa gañou un lote de rutas nun concurso do goberno valenciano, ofrecendo 54 autobuses que xa están asignados a un servizo de transporte regular en Galicia
- Preocupación entre os gandeiros da Serra do Barbanza trala aparición de nove cabalos mortos a tiros en Boiro.
Os propietarios non se explican o motivo dunha matanza que xa investiga o SEPRONA. Todos eran de pura raza galega e foran desparasitados na rapa das bestas