Galicia vai comezar o ano con orzamentos porque o consello da Xunta xa deu o visto bo ao o proxecto de contas para 2024. Soben un 5 por cento ata os máis de 13.200 millóns de euros.
Mentras que Alfonso Rueda os cualifica de realistas
a oposición di que o goberno galego fai un uso electoralista dos orzamentos.
Por certo que Alfonso Rueda adiantou o Consello da Xunta a este mércores porque hoxe vai ao Senado a participar na Comisión Xeral de Comunidades Autónomas onde se falará da posible amnistía aos condenados polo procés.
E o tempo traenos hoxe a chegada da borrasca Aline con ventos fortes pola mañá e chuvias intensas pola tarde...
O paso doutro frente a tarde pasada xa deixou numerosas incidencias. As chuvias causaron importantes anegamentos en Santiago, no casco histórico e noutros puntos da cidade quedaron atrapados alguns conductores nos seus coches. Tamén houbo problemas pola chuvia na cidade de Pontevedra, A Coruña e Costa da Morte. En total 160 incidencias contabilizou o 112. Os rexistros de chuvia chegaron aos 65 litros por metro cadrado en Poio e de entre 25 e 30 de media.
En canto ao vento, en Muras rexistrouse o refacho máis forte cunha velocidade de 142 kilómetros horas