Galicia está entre as once autonomías que cumpren o déficit, cun 1' 19 por cento, por baixo do punto e medio estipulado como máximo. Núñez Feijoo destaca a solvencia das contas da comunidade. O producto interior bruto de Galicia caeu o 1' 2 por cento o ano pasado, dúas décimas por baixo da media estatal.
Destacados intelectuais e académicos pídenlle a Xosé Luis Méndez Ferrín que reconsidere a súa decisión de deixar a presidencia da Real Academia Galega. Esta tarde, reunión da comisión executiva do Ps de G-Psoe. O presidente do partido e alcalde de Lugo, Xosé López Orozco, amósase a prol dunha candidatura conxunta entre o responsable do Psoe lugués Xosé Ramón Gómez Besteiro e o ex ministro de Fomento José Blanco. Por certo que no caso Campeón, o xuiz da tres días á Unidade Central de Delincuencia Económica pra investigar as obras na casa e as contas de Blanco.