Martes de entroido, e na parroquia de Cobres, no concello pontevedrés de Vilaboa, celébrano deste colorista xeito. Son os chamados MADAMAS E GALÁNS. Unha tradición que se conserva e que parece que non vai desaparecer porque, din os veciños, hai relevo xeracional.
A xornada festiva levou a moitas familias ás montañas de Lugo e Ourense moi concurridas este martes de entroido. No Cebreiro, Esta mañá rexistráronse temperaturas moi baixas, de ata tres graos baixo cero.
A Asociación pola Memoria Histórica do 36 de Vigo, renuncia á via xudicial para conseguir a demolición da Cruz do Castro. Creen que un recurso non vai prosperar, pero din que van seguir tratando de que a presión social obrigue a retirala. (17/02/15)