- Hai un ano, alí morreu de covid un ancián e estaban infectadas vinteoito persoas
- En dous meses faleceron nove residentes, o exército desinfectou o centro e as traballadoras pediron axuda
A residencia de anciáns de Celanova chegara a ter o maior foco do contaxios de Galicia durante a primeira onda da pandemia.
Un ano despois visitámola de novo para comprobar cal é a situación actual do centro
A industria da automoción, cada vez máis afectada pola escaseza de microchips a nivel mundial. A dirección de Stellantis anuncia un ERTE aos traballadores da factoría de Vigo ante os problemas de aprovisionamento. // Desoladora imaxe do Camiño Francés, no que tiña que ser o arranque da temporada alta do Xacobeo. Albergues e establecementos para peregrinos pechados ou completamente desertos, con reservas canceladas, a espera dunha recuperación que terá que chegar máis alá da Semana Santa.// Os menores de 21 anos poderán viaxar gratis por toda Galicia no transporte público por estrada. Será coa Tarxeta Nova, unha medida anunciada pola consellería de Infraestructuras para reactivar o sector, que acumula unha caída de usuarios do 80 por cento durante o último ano. // Mañá retómase a vacinación coas doses de AstraZeneca que agora, como novidade, poderán recibir as persoas que teñan menos de 65 anos. 23-03-2021
Desoladora imaxe do Camiño, no que tiña que ser o arranque da tempoada alta do Xacobeo. Albergues e establecementos para peregrinos pechados ou completamente desertos, con reservas canceladas, a espera dunha recuperación que terá que chegar máis alá da Semana Santa. //Leve repunta dos casos activos, ainda que os novos contaxios detectados baixan do cento. O Sergas comenza a citar as persoas que recibirán a partir de mañá a primeira dose coa vacina de AstraZeneca, que se amplía ata os 65 anos, //. A dirección de Stellantis anuncia un ERTE aos traballadores da factoría de Vigo ante os problemas de aprovisionamento. // Volver camiñar logo de ter padecido un ictus. Todo un reto que pacientes como Alicia, de Lugo, teñen conseguido superar grazas ás modernas terapias intensivas. 23-03-2021
Situación indefinida, entre las altas presions dos Azores e as baixas que se moven polo Atlántico norte. Xornada de ceos con nubes altas en xeral. As temperaturas mínimas, sen cambios e as máximas en lixeiro descenso. 23-03-2021
Desoladora imaxe do Camiño, no que tiña que ser o arranque da tempoada alta do Xacobeo. Albergues e establecementos para peregrinos pechados ou completamente desertos, con reservas canceladas, a espera dunha recuperación que terá que chegar máis alá da Semana Santa. //Leve repunta dos casos activos, ainda que os novos contaxios detectados baixan do cento. O Sergas comenza a citar as persoas que recibirán a partir de mañá a primeira dose coa vacina de AstraZeneca, que se amplía ata os 65 anos, //. A dirección de Stellantis anuncia un ERTE aos traballadores da factoría de Vigo ante os problemas de aprovisionamento. // Volver camiñar logo de ter padecido un ictus. Todo un reto que pacientes como Alicia, de Lugo, teñen conseguido superar grazas ás modernas terapias intensivas. 23-03-2021
O comité clínico reúnese esta tarde con miras a revisa-la situación epidemiolóxica. Pode que algún municipio cambie de nivel, pero non se prevén decisións que afecten a toda Galicia. Non vai haber grandes cambios en canto ás restricións nos vindeiros días.
Sobre a mesa terán os datos da xornada, que reflexan unha leve repunta dos casos activos, anque seguen en niveis semellantes ós de agosto. Ferrol, Santiago e Ourense aumentaron lixeiramente a súa incidencia, mentres Lugo segue por baixo dos 50 casos a 14 días, e baixando.
O conselleiro de Sanidade confirmou ademais que a vacinación con Astra Zeneca se vai reanudarar no punto no que se interrompeu a campaña: nos traballadores esenciais.
No parlamento galego, esta mañá foi admitida a trámite a proposición de lei do BNG para promover a igualdade real na ciencia e na investigación entre homes e mulleres. Unha iniciativa que leva o nome da oceonógrafa Ángeles Alvariño
Os ministros de pesca da UE acordaron prorrogar ata xullo os Tacs e cotas nos caladoiros compartidos co Reino Unido. Os armadores esperan que canto antes se chegue a un pacto definitivo porque a negociación por trimestre impide a planificación da actividade.
En Vigo, Stellantis, a antiga Citroên, quere ter aprobar un ERTE antes de Semana Santa. A medida que é consecuencia da falta dun microchip fabricado en China
A CIG teme os peores presaxios para o estaleiro Barreras.
O cruceiro de luxo Evrima marchou a Santander e a día de hoxe o estaleiro non ten máis pedidos.
O tempo. Continúa a influencia das altas presións
Mañá retómase a vacinación con AstraZeneca... os cidadáns de entre 50 e 55 anos son os que continuarána inoculación e aos que se sumaran progresivamente os menores de 65 anos segundo dispòñibilidade
Resumen actualidad informativa de la provincia de Ourense presentado por Malena González
As últimas novidades da pandemia teñen hoxe que ver coa vacinación. O SERGAS comezará xa a chamar de novo para retomar a inmunización con AstraZéneca. Iso será a partir de mañá. Primeiro, co persoal sanitario e dos grupos policiais e de emerxencia que aínda non recibiran a vacina. Logo, coa poboación xeral menor de 65 anos, a medida de que se vaian recibindo viais.
Hoxe hai nova reunión do comité clínico.
Polo demais, aumenta a preocupación entre os traballadores de Alcoa. Vaise esgotando o prazo pra buscar unha saída á venda da factoría de San Cibrao e urxen unha reunión coa Xunta e o Goberno Central.
E no tempo, seguimos de momento, co anticiclón.
- Sete grandes murais nas últimas sete etapas do Camiño Francés retratan as persoas que manteñen vivo o espírito da ruta
- O artista ourensán Mon Devane crea unha enorme galería ao aire libre de 140 quilómetros de longo
Sete grandes murais nas últimas sete etapas do Camiño Francés retratan as persoas que manteñen vivo o espírito da ruta Xacobea
51 contaxios rexistrados nunha residencia de Silleda. É o maior gromo detectado ata agora, logo de ter rematado a vacinación de tódolos usuarios dos centros de maiores. O caso pon a proba a eficacia da vacina. Segundo os responsables sanitarios, os afectados non sufrirán doenzas graves grazas a ser inmunizados. // O MInisterio de Sanidade propuxo ás Comunidades que amplíen o límite de idade ata os 65 anos para a vacina de AstraZeneca, logo dos últimos datos que avalan a sua seguridade e eficacia. // O Concello de Pontevedra declarou «persoa non grata» ao presidente de Ence Ignacio de Colmenares. Os dous grupos que forman o goberno local, BNG e PSOE, considerano responsable da radicalización das últimas protestas dos traballadores, aos que lle atribúen intentos de agresión. 22-03-2021
A eficacia da vacina, a proba, a conta do gromo nunha residencia en Silleda. Con 56 casos rexistrados, é o maior dende que se completou a vacinación de tódolos usuarios. Os afectados están asintomáticos e, segundo os responsables sanitarios, non sofrirán doenzas graves grazas a que foron inmunizados. // Os casos activos manteñen o ritmo lento de descenso, e sitúanse en 2.481. Hai 49 pacientes nas UCI, a cifra máis baixa dende outubro. // Peiteadores e esteticistas súmanse en varias cidades ás protestas para reclamar a redución do IVE do 21 ao 10 por cento, como corresponde aos servizos esenciais. Din que o sector atravesa un momento crítico. // Aprazado en Pontevedra o macroproceso aos 21 acusados de transportar 1.700 quilos de cocaína a bordo do Titan 3. O presunto lider, de orixe brasileira, segue en paradoiro descoñecido. 22-03-2021

Dominio das altas presions centradas ao noroeste de Francia, espéranse ceos despexados con intervalos de nubes baixas e algunhas nubes altas que non impedirán o paso do sol. As temperaturas en ascenso. 22-03-2021