Tratorada este mediodía na cidade de Lugo rodeando a muralla e a escenificación do enterro das explotacións leiteiras cun carro e con vacas para levalo féretro. Comitiva que saiú desde o Multiuos da Xunta para rematar na Subdelegación do Goberno.
Nunha xornada duplicáronse os novos casos de coronavirus. Hai un cento máis de casos activos nunha semana. O incremento débese en parte ós contaxios de 30 xubilados, que viaxaron desde Ourense a Benidorm, e que se foron extendéndose a persoas próximas.
En Vigo, arquivada a causa contra o que foi director do Colexio Labor por supostos delictos sexuais, que prescribiron. Pero a xuiza insta a Policia Nacional a adoptar medidas para protexer a outras menores en eventual situación de risco
A asociación En Colectivo considera que Audasa tenta presionar ó goberno. A concesionaria di que reclamará mil millóns se lle retiran a concesión da AP-9. Pero, a asociación mantén que é mellor indemnizar a Audasa que pagar a peaxe e 150 millóns máis ó ano ata 2048.
Unha trintena de entidades pesqueiras de Galicia, Asturias, Cantabria e Euskadi asinan un manifesto en contra da instalación de eólicos mariños.