As novas da provincia de Ourense presentadas por Marta Landeira e Carlos Cerecedo
En medio das acusacións do partido da oposición sobre a xestión enerxética, a Xunta lanza un anuncio: creará unha sociedade público-privada para participar en proxectos eólicos e doutras enerxías renovables. O Goberno galego busca revestir os beneficios no territorio a través dunha 'utility', unha figura que non se utilizara ata o de agora en España no eido das renovables nunha autonomía.
E continúan as queixas dos sindicatos, que non ven con bos ollos os plans anunciados por Sanidade para delimitar as axendas médicas de primaria a 40 doentes máis as prolongacións necesarias. Os representantes da mesa sectorial din que a solución é detectar as carencias e non de compensar as horas extra.
En Tui, prisión provisional e sen fianza para a muller acusada de queimar unha vintena de coches na madrugada do luns.
Boa tarde... o sector pesqueiro valora que os ministros de pesca da Unión Europea rexeitasen este luns o plan do comisario SINKEVICIUS pra elimina-la pesca de arrastre nas zonas mariñas protexidas.
E a Xunta vai crear unha empresa público-privada para participar en proxectos eólicos e doutras enerxías renovables.
Revolución Polaroid
Houbo unha época na que facer unha fotografía e poder vela en menos dun minuto era sorprendente. E rematou por se converter nunha arte. Chamábase Polaroid e agora podemos achegarnos á súa historia na Fundación Barrié da Coruña.
As novas da provincia de Ourense presentadas por Marta Landeira e Carlos Cerecedo
Os sindicatos médicos non ven o acordo coa consellaría sobre as axendas de atención primaria tan preto coma o conselleiro. Cren que a cifra máxima de doentes por día debera ser máis baixa e que o texto debe servir pra decidir onde cómpren médicos de reforzo, non pra pagar prolongacións de xornada.
Rematan os traballos de reparación na pista de Peinador. O aeroporto estará operativo a partir das catro desta tarde tras 5 voos cancelados e 4 desviados a Santiago durante a mañá
Os axentes forestais e medioambientais galegos piden medios pra se protexeren no monte. Reclaman chalecos e armas cos que facer fronte a posibles situacións perigosas cos furtivos, e formar parte do protocolo do 112
Denuncian o abandono do Centro de Atención aos Maiores do concello ourensán de Taboadela. Traballadores e dirección alertan de filtracións de auga que danan a instalación eléctrica ou inutilizan o ascensor. A Xunta asegura que a responsabilidade é do concello, titular do inmoble
No tempo, hoxe agardamos poucos cambios...
As novas da provincia de Ourense presentadas por Marta Landeira e Carlos Cerecedo
Os plans europeos para vedar a pesca de fondo en todas as áreas protexidas de aquí a 2030 non convencen nin ó goberno español nin á Xunta e tampouco ó sector. As confrarías galegas acusan ó comisario europeo de Pesca de conseguir xusto ó contrario do que buscan. Din que, no lugar de máis sustentabilidade ambiental, o peche dalgúns caladoiros á pesca de fondo só trouxo maior gasto de combustible dos barcos. Iso sen contar as perdas económicas.
Miramos hoxe de novo a Tui. Xa hai unha persoa detida, unha muller, pola queima de máis de vinte coches en pleno centro da cidade. A principal hipótese que se baralla é a de disputas familiares, non se descarta algún problema de saúde mental.
Boa tarde. Estamos pendentes de Bruxelas, onde os ministros de agricultura e Pesca están a estudar a eliminación da pesca de arrastre nas áreas protexidas pro 2030. Tanto o ministro Luis Planas como a Federación Nacional de Confrarías están en contra desta proposta da comisión europea que se está a debater nunha xornada na que unha veciña de Tui foi detida como presunta responsable da queima de 21 coches que tivo lugar a pasada madrugada na localidade.
As novas da provincia de Ourense presentadas por Marta Landeira e Carlos Cerecedo
A partir do verán, o Sergas duplicará as prazas de hospitalización pra mozos con problemas psiquiátricos. O Hospital Álvaro Cunqueiro incorporará 6 novas habitacións de afectados por unha enfermidade mental grave, unhas patoloxías que se incrementaron coa pandemia.
Os traballadores de GKN acordan contención salarial durante cinco anos. Empresa e persoal alcanzaron un acordo que permitirá á auxiliar da automoción acceder a un contrato de 10 anos coa multinacional Volkswagen
O 24% dos rapaces menores de 15 anos son incompetentes en galego. Un estudo da Mesa pola Normalización Lingüística conclúe que hai un importante desequilibrio entre galego e castelán nos centros. E agrávase cos libros dixitais, que en moitas ocasións non existen na nosa lingua
As forzas da orde buscan ó autor ou autores da queima dunha vintena de coches en TUI esta mañancina. Arderon en seis lugares diferentes de maneira simultánea. Rexistráronse danos nalgunhas casas pero non houbo que lamentar feridos.
No tempo... nas vindeiras horas aumentará a nubosidade, e tamén as chuvias...
As novas da provincia de Ourense presentadas por Marta Landeira e Carlos Cerecedo
O presidente da deputación coruñesa estivo diante dos micrófonos de Radio Nacional. Valentín González Formoso insistiu en que a súa decisión de volver presentarse a alcaldía das Pontes ten moito que ver coa re industrialización non so do concello senón de toda Galicia. E, para sorpresa, apuntou que é posible prescindir das Deputacións, eso sí, con matices.