Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Galicia tampouco se salva dos incendios. Nas últimas horas declaráronse 6, só dous continúan activos o de Alfoz e o máis importante, o de Baleira que xa estendeu á Fonsabrada e a Ribeira de Piquín.
O vento complica os labores de extinción. Onte á tarde impediu que actuasen os medios aéreos. O lume ameazou varias aldeas e algúns veciños tiveron que deixar as súas casas.
Agárdase que a chuvia que se anuncia permita o control este incendio que xa leva queimadas 700 hectáraeas, o máis grande no que levamos de ano en Galicia

O Consello Galego de Colexios Médicos impugnará nos tribunais o plan XIDE. O sistema que deixa en mans dos administrativos o tipo de atención que deben recibir os pacientes cando solicitan unha cita.

Os facultativos xa denunciaran hai meses que este sistema, implantado xa en moitos centros de saúde, non resolve os problemas de saturación da atención primaria e que supón un risco pra doentes e persoal non sanitario.

A Xunta avanza no plan de redución e control de suxeicións nas residencias de maiores. Inicia a súa aplicación en dous centros e inclúe formación ao persoal e melloras nos centros.

A CIG demanda un convenio colectivo pras traballadoras do fogar.
A CIG considera que os avances logrados pra este colectivo son totalmente insuficientes e non se benefician nin da suba do salario mínimo.

Un incendio no concello de Baleira xa leva queimadas 100 hectáreas.
O lume, que se iniciou onte á tarde, afecta ás as parroquias de Cubilledo e San Martín.

O expresidente de Pescanova, Manuel Fernández de Sousa, terá que ingresar no cárcere. O Supremo desestimou o recurso presentado polo seu avogado que pedía unha rebaixa de condena pra evita-la prisión.

O tempo. Día solleiro e con temperaturas altasm, pero contra a noite van volver as chuvias

Os últimos movementos políticos aclaran os plans do PSdeG. O nomeamento de Gómez Besteiro como delegado do goberno semella se-lo paso previo á súa presentación como candidato á presidencia da Xunta nas eleccións autonómicas do vindeiro ano.
O secretario xeral do partido, González Formoso, cualificou a volta de Besteiro á actividade política como algo moi especial para os socialists galegos.

Os colexio de médicos van impugnar o sistema de xestión de cosultas do SERGAS. Consideran que deixa-lo en mans do persoal administrativo supón un risco paraa os pacientes e tamén para o persoal non sanitario.

O tempo. Vaise ir retirando o anticiclón e a última hora da tarde volven a chuvias. Pero de momento temos poucas nubes e temperaturas altas.

Xosé Ramón Gómez Besteiro xa é oficialmente o novo Subdelegado do Goberno en Galicia. Logo de 7 anos apartado da política volveu a primeira liña, tras ser exonerado de todalas cargas de corrupción polas que abandonara o cargo de secretario xeral dos socialistas galegos.

Substitúe a José Miñones quen tomou posesión esta mañá en Madrid como novo Ministro de Sanidade.
 

Nueva Pescanova a piques de perde-la presenza galega no seu capital.
Abanca, que conta co 97.8 por cento da propiedade, ten en marcha a venda da súa participación. Os dous aspiranets son a candense Cooke e o fondo de investimento californiano Platinum Equity.

Amplo seguemento en GAlicia da folga de inspectores de pesca marítima. Case todo o persoal está hoxe ausente dos seus postos. MObilízanse contra unha instrucción que os obriga a estar dispoñibles dúas horas fora do seu horario

Naturgy deixa de atender en galego ós seus clientes en horario nocturno. A empresa rompe o compromiso adquirido hai uns meses ante a Xunta e os traballadores, e foi eliminando traballadores do servizo de averías e incidencias de 10 da noite a 8 da mañá

Particulares e empresarios da comarca de Vigo crean unha Plataforma galega de afectados polas comunidades de montes. Denuncian que estas entidades lles reclaman por vía xudicial terreos privados, alegando levantamentos catastrais do século 19. Temen perde-los seus negocios e vivendas

No tempo, temos por diante outra xornada seca e de boas temperaturas.