Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Despois de 20 anos de loita, a familia da moza Deborah Fernández abandona a batalla xudicial. Piden que o caso sexa sobreseído, esgotados ante a longa ristra de irregularidades ou neglixencias na investigación, que só conseguiu sinalar un sospeitoso ó bordo da prescripción. Deborah cumpría 22 anos ó día seguinte da súa desaparición. Apareceu días despois a kilómetros de distancia, sen roupa. Hai menos dun ano apareceron nunha comisaría en Madrid, traspapelados, varios obxectos e informes do caso que nunca foran enviados ó xulgado... nAtrás quedan agora as dúbdas sobre a investigación. Queda só a dor dunha familia que nunca atopará respostas, e se sente abandonada pola xustiza.

Ecoloxistas en Acción asegura que a instalación dunha tubería da Mina de San Finx se está a acometer con cartos públicos. Esta semana presentaron unha denuncia, pola vía penal, contra responsables da Xunta por posible malversación de fondos


Na política entramos na segunda metade da campaña e veremos qué actos nos agardan pro día de hoxe

O accidente nun paso a nivel en Lugo lembrounos o perigo destes cruzamentos, moitos con sinalización escasa e mala visibilidade. Adif sinala que a eliminación do de Recimil sairá en breve a licitación.
Mentres, o colexio de traballo social critica que a xunta no canto de reforzar o persoal do Imelega como lle pediu o Tribunal Superior contrate fóra do traballo.
a campaña electoral chega ó seu ecuador

Era algo previsible e evitable. Os veciños do lugar de Recimil, en Lugo, piden responsabilidades a ADIF polo mal estado do paso a nivel no que onte faleceron dous rapaces de León, arroiados por un tren. Levan anos reclamando a eliminación deste CRUCE sen barreiras nin sinais luminosas, con baches nos que se atascan os vehículos. BNo hospital de Lugo, segue grave, ainda que mellora, o terceiro ocupante do coche arroiado.

Outro paso a nivel convértese nunha trampa. Dous mozos leoneses faleceron en Lugo...desprazábanse nun coche que foi embestido por un tren. Accidente abre de novo o debate sobre este tipo de cruzamentos... o paso non tiña barreiras aínda que si estaba sinalizado... Adif tiña prevista xa a súa supresión....
E, en Vigor retomáronse as negociacións pr buscar un acordo no sector do metal... pero, de momento, as partes non modifican a súa postura...e hoxe manifestación en Santiago dos bombeiros comarcais

As forzas de seguridade investigan o sucedido esta mañá no lugar de Recimil, en Lugo, onde un turismo foi arroiado por un tren nun paso a nivel sen barreiras. O coche quedou incrustado baixo a cabeza tractora e foi arrastrado un treito. O resultado, un mozo de 21 anos falecido e os outros dous ocupantes feridos graves.
Os tres eran traballadores dunha empresa que traballaba na construción dunha subestación preto do lugar, pero non traballaban nas vías. NOn houbo que lamentar feridos entre os pasaxeiros do convoio.
 

O sector do metal reanuda hoxe as negociacións sobre o seu convenio colectivo- Fano tras desconvocar as dúas xornadas de folga previstas para esta semana pero iso sí, avisan que de non chegar a un acordo, iniciarán unha folga a semana que vén de carácter indefinido.


Na política veremos qué actos nos agardan pra esta sexta xornada de campaña.
 

Pasada a resaca o debate entre os dous principais candidatos á presidencia do Goberno, a campaña continúa sen sobresaltos en Galicia con moita menos presencia nas rúas ca nas pasadas eleccións municipais. E aquí, alomenos de momento, o calor non é unha disculpa.
Aínda que hoxe imos ir recuperando a influencia do anticiclón, pero pola mañá aínda teremos nubes baixas e algún orballo no terzo norte.

Despois de anos de denuncias polo seu deterioro e abandono, o panteón de galegos ilustres está a piques de vivir unha mundanza. Os tres partidos políticos secundan unha proposta pra converter o lugar de repouso de Rosalía de Castro, Castelao e outros referentes da nosa cultura nun espazo de xestión pública.
Dende o Museo do Pobo galego saúdan a iniciativa, e agardan que se acometa unha restauración integral.

O debate entre os candidatos do PP e o PSOE marca boa parte da campaña pras eleccións. Uns comicios nos que 97 invidentes contarán con votos adaptados ás súas necesidades.

Carme Dasilva,  candidata del BNG, ha confesado en Las Mañanas de RNE que el debate entre Sánchez y Feijóo fue “clarificador” en el sentido de que dejó claro que “el bipartidismo ofrece a Galicia ruido, pero ninguna alternativa. ” Asegura que si a alguien conocen muy bien en Galicia es a Feijóo y que “después de tantos años de gobierno, dejó a Galicia con menos sanidad, educación, sin residencias, etc.” y que por ello, “vamos a servir siempre como muro de contención para que esa derecha o extrema derecha no gobierne.”

A falta facultativos nos hospitais volve ser noticia. Na provincia da Coruña, na Ribeira , os pacientes queixánse da falta de pediatras. En Corrubedo faltan médicos de familia e en Ourense, no hospital de Valdeorras, As carencias de especialistas no servizo de hematoloxía comprometeN a atención sanitaria aos doentes.

Na política repasaremos cómo foi o quinto día de campaña e escoitaremos as primeiras reaccións en Galicia do cara a cara entre Sánchez e Feijoo

Continúa a campaña electoral. Hoxe cos ecos do debate entre os candidatos á presidencia do goberno Pedro Sánchez e Núñez Feijóo. En Galicia, hoxe os líderes do PP e PSdeG vanse a ourense.. sumar presenta as súas propostas en materia de benestar animal e o BNG sobre feminismo

Os centros máis afectados polas carencias de èrsoal sanitario vense aínda máis afectados coa chegada do verán. A falta crónica de especialistas en Valdeorras está agora obrigando ós doentes a peregrinar ata a capital provincial pra seren vistos por un hematólogo, ante a falta dos dous especialistas. No Barbanza o que faltan son pediatras. Os que acudiran ó PAC de Ribeira nas últimas horas foron derivados ó hospiotal do barbanza onde sufrioron longas esperas pola falta deste persoal.

Primeira fin de semana de campaña na que o PP celebrou o seu acto central na praza de touros de Pontevedra, na vispera do único cara a cara televisivo entre Pedro Sánchez e Núñez Feijóo. Unha campaña marcada pola igualdade entre os bloques de esquerda e dereita.
Pero este domingo veu marcado tamén pola noticia do pasamento de Luis Suárez. O coruñés foi o único futbolista español que conseguiu o bal´0n de ouro