Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

A Garda civil investiga as causas e circunstancias da morte dunha muller. O seu corpo apareceu no Porriño, ó carón dunha vía de acceso ó polígono das gándaras. Xusto ás portas do día internacional pola erradicación da violencia contra a muller.
E non hai folga en Renfe... foi desconvocada onte á tarde, pero a compañía non descarta que poida producirse algunha incidencia polo pouco tempo que tivo para repoñer os servizos que estban anulados.
Temos que lamentar un accidente mortal en Vilardevós. Un veciño de Cualedro faleceu tras chocar co seu coche contra un camiño.
Atención ós condutores que pasen pola A6 a altura de Pedrafita, nuns minutos, ás oito, haberá unha modificación dos desvíos de tráfico existentes polas obras de reconstrución dos viadutos do Castro. Cambiarase o percorrido entre os quilómetros 428 e 432 nos dous sentidos de circulación.

O tempo...sen cambios.... sen nubes, agás na Mariña, pero con máis frío.

A última hora en Galicia témola no Porriño. Localizado o corpo sen vida dunha muller, ten signos de violencia, de contado escoitamos á Garda Civil, que se atopa na zona...

É o máis recente que nos deixe un xoves con novidades para mercar ou alugar vivenda. A Xunta dará axudas, unha boa parte para as persoas con menos recursos. En total, 56 millóns de euros en 2024. Ademais, tamén o vindeiro ano, haberá unha oferta pública de emprego no Sergas, en xogo 1.200 prazas.

E a cabalo entre o político e o xudicial, o Tribunal Constitucional tumba o recurso da Xunta contra o imposto de grandes fortunas. O BNG pide a comparencia urxente de Miguel Corgos, conselleiro de Facenda.

En Vigo, representantes de Vitrasa reuniranse mañá pola tarde co comité de empresa para negociar o convenio. Todo ás portas do comezo da folga indefinida o sábado.

Centos de persoas manifestáronse este mediodía polas rúas das Pontes, no marco dunha xornada de folga xeral parcial. Reclaman un futuro industrial pra localidade, logo do peche definitivo da central térmica. Cren que o declive económico da zona vai alén do final da central, con numerosas emprsas ameazadas de expedientes e peches. Non ven que os proxectos comprometidos no marco da transición enerxética acaben de tomar forma e temen que sexa demasiado tarde cando se poñan en marcha.

As pontes volve ser hoxe noticia. O sindicato nacionalista convoca pra esta mañá unha xornada de folga xeral polo futuro industrial da comarca. Denuncian o peche da fábrica de Endesa e outros proxectos industriais que, segundo apuntan dende a CIG, están descompasados coa realidade laboral do municipio. Haberá Un paro de catro de horas e manifestación ao mediodía-.

A fábrica de artes gráficas das Pontes ofrece rebaixar en 16 o número de despedimentos, en vez dos 155 inicialmente previstos no ERE desta empresa de artes gráficos das Pontes.

Os pensionistas de Santiago mobilizaranse o vidneiro luns contra a decisión da Xunta de privatizar a xestión das residencias de maiores cedidas pola Fundación Amancio Ortega.

Os taxistas de Culleredo agardan que a Xunta legalice en pouco máis dun mes o acordo que permitirá que os taxistas da cidade da Coruña poidan operar de novo no aeroporto de Alvedro sen ser sancionados.

Os usuarios do tren enfróntanse cada día a posibles retrasos e incluso cancelacións. Nos últimos días foron recorrentes. PP e BNG xa se dirixiron ó novo ministro de transportes para pedirlle solucións e saiban que mañá hai folga e en Galicia suprímense 38 servizos.

E hoxe hai un paro xeral de catro horas nas Pontes pola situación orixinada polo peche da central térmica. Convoca a CIG que non ve avances nos proxectos alternativos. A última hora de onte Xunta, endesa e sindicatos chegaron a un preacordo para ampliar catro meses a actividade das empresas auxiliares.

Incendio de madrugada en tres coches en Vila de Cruces. O lume afectou á fachada dun edificio e os veciños, que non podía sair, tiveron que refuxiarse nos últimos pisos ata que os bombeiros acabaron de apagalo.

O tempo...continuamos baixo a influencia do anticiclón, pero hoxe con menos nubes e as máiximas poden subir un par de graos.

Foi protagonista nas negociacións de investidura de Pedro Sánchez e segue a selo: a débeda pública. Neste caso a galega. No BNG indican que o presidente da Xunta triplicou a débeda mentres recortaba en servizos públicos e beneficiaba á banca privada. Ana Pontón indicou ademais que Galiza paga un sobrecusto pola decisión do PP de renunciar ós fondos estatais. Rueda responde: a cantidade de débeda galega é asumible.

Por certo vén de rematar a reunión Alfonso Rueda e a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, na sede lucense da Xunta. De contado os detalles.

Todo nunha tarde na que xa podemos poñer data a primeira oportunidade que terá o senador José Manuel Baltar de explicarse ante o Supremo, será en decembro.

E xa coñecemos os trens cancelados en Galicia para este venres, cando hai folga en Renfe.

Cruce de acusacións entre o presidente da Xunta e a líder do BNG no parlamento entorno á débeda de GAlicia. Os nacionalsitas aseguran que os gobernos populares triplicaron a débeda durante os seus mandatos, e que optase por acudir ós bancos no canto do fondo estatal, canto os xuros eran máis elevados. O presidente da Xunta defende que GAlicia debe menos que outras moitas comunidades e acusa ós nacionalsitas de mudanzas de posición neste eido.

Cos socialistas a disputa foi entorno á situación de Baltar, logo de que o tribunal supremo abrira causa contra él por un delito contra a seguridade viaria. Besteiro lembra a súa actuación cando se viu en situación semellante.

Barricadas a esta hora nas Pontes diante da compañia de Endesa. Os traballadores das empresas auxiliares protestan contra o pre-desmantelamento da central térmica que conlevaria que o dia 30 deste mes case un cento de persoas se queden sen traballo. Din que non cesarán ata que a empresa se comprometa a negociar con eles-

-Fin o conflito das auxiliares de Navantia Ferrol, polo incumprimento do convenio colectivo. Chegouse a un acordo entre os sindicatos do naval e a empresa Gabadi, auxiliar de Navantia.

-Reunión hoxe en Santiago entre representantes da empresa de artes gráficas das Pontes, "Einsa Print", e os traballadores pra falar do ERE extintivo que vén de presentar a compañía e que afecta a 155 empregados da fábrica que ten na localidade coruñesa.

- Santiago contará en 2025 cun centro integrado sociocultural e de maiores no corazón do Ensanche. Está previsto que se ubique nos antigos locais da Seguridade Social, en San Pedro de Mezonzo