Pecha o hospital psiquiátrico de Castro Ribeiras de Lea, en Lugo. // Núñez Feijóo di que pasará á historia coma un defensor da sanidade. // A nova reforma financeira podería supor a perda de tres mil postos de traballo no sector bancario galego. // O alcalde de Santiago non convence ao de Vigo coa súa idea de conectar o aeroporto de Lavacolla co AVE. // Papiroflexia para aprender matemáticas. // ¿Un país de vacas¿, de Xurxo. 15/02/12
A faísca dunha soldadura puido sela causa do incendio que destruiu a nave dunha empresa frigorífica en Caldas de Reis.Feijóo cré que pasará á historia como defensor da sanidade pública.A oposición acúsao de dilapida-lo estado de benestar.Derradeiro intento da Xunta e dos sindicatos para tentar achegar posturas sobre os recortes na Función Pública.Os prezos baixaron en xaneiro o 1'4% ,tres décimas por riba da media estatal.Barreras podería presentar en breve o seu plan de viabilidade,con entrada de novos accionistas
O parlamento Galego convértese no único de España no que a maioría son mulleres. 38 a 37, gañan elas debido á entrada na cámara dunha deputada en substitución de Xosé Manuel Baltar. // Os colexio oficiais de médicos alertan do deterioro na calidade da sanidade pública que provocan os recortes salariais e de recursos postos en marcha polas comunidades autónomas. // No concello ourensán de Barbadás, comezan a desmontar a fachada de pedra dunha vivenda para poder retirar un camión que leva máis dun mes encaixado na casa. // Actividade comercial neste tempo de crise coa escusa do amor. En Fene cumpre trece anos o concurso de cartas de amor que organiza a radio local. 14/02/12
O parlamento Galego convértese no único de España no que a maioría son mulleres. // Os colexio oficiais de médicos alertan do deterioro na calidade da sanidade pública. // Desmontan a fachada dunha vivenda para poder retirar un camión que leva máis dun mes encaixado na casa. // Actividade comercial neste tempo de crise coa escusa do amor. 14/02/12
Chuvascos dispersos, máis probables e frecuentes na metade Norte e en forma de neve por enriba dos mil metros. Vento do Norte, moderado no litoral e nas zonas altas e entre frouxo e moderado no interior. Temperaturas mínimas en moderado ou notable ascenso, con algunha xeada no interior. As máximas seguirán sen cambios. 14/02/12
Os médicos piden á Xunta as contas do sistema sanitario e acusan á consellaría de manipular as listas de espera. A Xunta rebaixou un 40 por cento as axudas pra servizos sociais, segundo Comisións Obreiras. No Parlamento de Galicia xa hai máis mulleres ca homes. Antes do verán incorporaranse outros 80 axentes á unidade policial adscrita á Xunta. (14/02/12)
O foguete Vega, da Axencia Espacial Europea, pon en órbita o primeiro satélite galego. Trátase dun pequeno aparello de menos dun quilo de peso que durante algo menos de tres meses vai facer medicións electromagnéticas e probas de comunicacións. // As diferenzas coa UPG, a corrente gañadora na última asemblea do Bloque, rompen en dous o nacionalismo galego. // A Xunta e a Federación Galega de Municipios e Provincias preparan un informe sobre a situación dos concellos, para analizar posibles fusións. // Tres minicentrais hidroelécticas poderían construírse nun pequeno río de 20 quilómetros de lonxitude, o Loio, en Paradela Lugo. // Fin de semana de éxitos para os principais equipos galegos. // E ás portas do Entroido, Lalín converteuse un ano máis na capital do cocido. 13/02/12
O foguete Vega, da Axencia Espacial Europea, pon en órbita o primeiro satélite galego. // As diferenzas coa UPG rompen en dous o nacionalismo galego. // Preparan un informe sobre a situación dos concellos, para analizar posibles fusións. // Tres minicentrais hidroelécticas poderían construírse nun pequeno río de 20 quilómetros de lonxitude, en Lugo. // Fin de semana de éxitos para os principais equipos galegos. // Lalín converteuse na capital do cocido. 13/02/12
As nubes e os chuvascos iranse achegando de norte a sur, mentres que as temperaturas mínimas experimentarán un lixeiro ascenso. Xeadas nocturnas, pero non tan severas como na madrugada do domingo. Ventos de compoñente norte, moderados no litoral e máis frouxos no interior. 13/02/12
Xosé Manuel Beiras cóntanos os motivos que levaron ós tres membros da corrente Encontro Irmandiño a deixa-la executiva do BNG. Feijóo pide ó novo presidente da FEGAMP que traslade oás administracións locais os recortes previstos pola Xunta.Os socialistas galegos crén que a proposta de reforma laboral está feita á medida da patronal.O sindicato CIG pensa que a folga xeral é mís necesaria ca nunca.Traballadoras da conserveira Alfageme inician un peche nas dependencias do IGAPE.O primeiro satélite espacial construído en Galicia xa orbita a 1500 quilómetros de altura da terra
O deputado do PSdGa-PSOE e presidente dos socialistas coruñeses Francisco Caamaño reivindica un "proxeto ilusionante" de cara ó congreso galego de marzo.O ex-ministro de Xustiza avala a xestión de Pachi Vázquez como líder do PSOE galego e ve probable a súa continuidade
O novo periodo de sesións comeza con cambios no grupo do BNG, ó asumi-la portavocía Ana Ponón en lugar de Carlos Aymerich,e abadona-lo seu escano a ex-conselleira Teresa Táboas.Os socialistas protestan por non poder defender no pleno a creación dunha comisión de investigación sobre as caixas galegas
Tui e a súa veciña portuguesa Valença do Minho acaban de converterse nunha Eurocidade. // A sociedade pública Pymar decide sumarse ao concurso de acredores do estaleiro vigués Vulcano como única vía para evitar o seu peche. // Adrián Doce, o mozo que axudou no intento de rescate da praia do Orzán, no que morreron afogados tres policías e un estudante eslovaco, vai ser condecorado. // Os comerciantes da Praza de Abastos de Ourense acaban de poñer en marcha unha campaña para animar ós seus clientes a pagar en pesetas. // Dez hostaleiros de Fisterra ofrecen aloxamento gratuíto a cen parados durante unha fin de semana. // Presenza Activa: Arte contemporánea e performances no décimo aniversario do museo MARCO de Vigo. (10/02/12)
Ceos pouco nubrados ou despexados, unicamente con algunhas nubes baixas no Norte de Lugo e A Coruña. Vento frouxo do Nordés con períodos de moderado no litoral da Coruña. Temperaturas mínimas sen cambios en lixeiro descenso, con xeadas nocturnas no interior; mentres que as máximas experimentarán un lixeiro ascenso. (10/02/12)
Tui e a súa veciña portuguesa Valença do Minho acaban de converterse nunha Eurocidade. // Pymar entra no concurso de acredores do estaleiro Vulcano. // Adrián Doce, o mozo que axudou no intento de rescate da praia do Orzán, vai ser condecorado. // A peseta volve á Praza de Abastos de Ourense. // Hostaleiros de Fisterra ofrecen aloxamento gratuíto a cen parados durante unha fin de semana. // Presenza Activa no MARCO de Vigo. (10/02/12)
Pymar decidiu adherirse ó concurso de acredores de Vulcano para evita-lo peche definitivo do estaleiro.Traballadores de "Factoría Naval" maniféstanse en Marín para denuncia-la mala xestión da empresa.Xosé Manuel Pérez Bouza solicita a baixa no BNG por discrepancias políticas.Os ecoloxistas,dispostos a denuncia-lo Plan Galego de Acuilcutura en Bruxelas.Tui e Valenca inician os trámites para converterse en "eurocidade"
Milleiros de traballadores do sector naval da ría de Ferrol, maniféstanse na Coruña pedindo o compromiso da Administración na procura de carga de traballo para os estaleiros públicos. // O Goberno galego autoriza a construción de plantas acuícolas en calquera punto da costa galega. // Primeiras protestas dos funcionarios galegos contra os cambios salariais e laborais que lles quere impoñer a Xunta. // A deputada e ex conselleira de Vivenda Teresa Táboas abandona o seu escano no Parlamento galego desconforme coa liña política saída da última asemblea do BNG. // Unha denuncia dun ex traballador dunha empresa química do concello ourensán de San Cibrao permite descubrir un vertedoiro ilegal situado a carón dunha fábrica de pinturas. // Homenaxe institucional a Isaac Díaz Pardo. 09/02/12
Alternancia de nubes e claros no terzo Norte, con posibilidade dalgunha precipitación illada e ocasional. Ceos en xeral pouco nubrados no resto. Vento do Nordés, moderado no litoral e máis frouxo no interior. Temperaturas mínimas sen cambios ou en lixeiro descenso, con xeadas débiles no interior; mentres que as máximas terán un lixeiro ascenso. 09/02/12
Traballadores do sector naval da ría de Ferrol, maniféstanse na Coruña pedindo carga de traballo para os estaleiros públicos. // O Goberno galego autoriza a construción de plantas acuícolas en calquera punto da costa galega. // Protestas dos funcionarios contra os recortes da Xunta. // Teresa Táboas abandona o seu escano no Parlamento. // Descobren un vertedoiro tóxico ilegal. // Homenaxe a Isaac Díaz Pardo. 09/02/12
Manifestación de empregados públicos en Santiago en protesta polos recortes que pretende aplica-la Xunta.Feijóo insiste en que os axustes son necesarios para non baixa-los soldos.Traballadores do naval rematan na Coruña unha marcha pé de tres días en demanda de carga de traballo.O Consello da Xunta déu luz verde ó plan director de acuicultura.Os socialistas reclaman a comparecencia do conselleiro de Industria trala convalidación do decreto que suprime as primas ás enerxías renovables.Teresa Táboa oficializa a súa renuncia como deputada do BNG por diferenzas coa liña política da formación.Tres detidos na Coruña nunha operación contra a pornografía infantil