Hoxe é o Día da Auga e en Galicia celébrase con preocupación pola seca. A falta de chuvia mantén os encoros galegos a menos do 50 por cento da súa da capacidade. // O Goberno galego aproba os servizos mínimos para a folga do día 29, que serán os mesmos que os da última mobilización xeral, a do 2010. Tamén decidiu poñerlle un tope aos salarios dos directivos de entes públicos. // En Ferrol comezou o xuízo contra oito mariscadores acusados de bloquear a entrada a ría dun gaseiro en 2007. Era o primeiro buque que atracaba en Reganosa en Mugardos e tardou dous días en podelo facer. // Protestas dos traballadores do Sergas e outros empregados públicos contra a lei que modifica as súas condicións laborais, e contra os recortes da Xunta en servizos como os sanitarios. // Vigo reforza os servizos de inspección urbanística cunha policía especializada en detectar obras ilegais. 22/03/12
Hoxe é o Día da Auga e en Galicia celébrase con preocupación pola seca. // O Goberno galego aproba os servizos mínimos para a folga do día 29. // En Ferrol comezo o xuízo contra oito mariscadores acusados de bloquear a entrada a ría dun gaseiro en 2007. // Protestas dos traballadores do Sergas e outros empregados públicos. // Vigo reforza os servizos de inspección urbanística. 22/03/12
Ceos despexados en xeral e nubes en aumento co avance da xornada na metade oeste. Ventos frouxos do sur, con algún intervalo de moderado no oeste da Coruña. Temperaturas sen cambios ou en lixeiro ascenso. 22/03/12
Feijóo anuncia que os servizos mínimos para a folga xeral do 29-M serán idénticos ós do último paro de 2010.A patronal galega califica a folga de "política" e "inoportuna".O Consello da Xunta aproba a limitación de soldos para directivos de empresas públicas.Sindicatos e dirección de NCG prevén pechar hoxe o pacto sobre os recortes.Os socialistas acusan a Feijóo e a Rajoy de pacta-lo restraso,sen data,da chegada do AVE a Galicia.Unións Agrarias chama á mobilizarse o 13 de abril en demanda de axudas pola seca.Unha testemuña clave do "caso Campeón" nega que Dorribo entregase diñeiro ó curmán de Blanco.
Seca no Día Forestal Mundial. O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo anuncia créditos para comprar forraxes e pide aforrar auga. // O ex deputado popular, Pablo Cobián, négase a declarar por segunda vez como imputado no sumario da Operación Campeón. Di que as gravacións das súas conversas telefónicas con Jorge Dorribo se fixeron sen autorización xudicial. // Segundo día do xuízo polo incendio da planta química Brenntag de Caldas e a contaminación do río Umia. // Seis detidos en Santiago, entre esta mañá e a fin de semana, por supostamente formar parte dunha rede internacional que fornecía cocaína a clientes de clubs de alterne. // Día Mundial da Síndrome de Down. 4.000 galegos que teñen esta discapacidade intelectual aproveitan para reclamar igualdade de oportunidades. // Comeza en Tui o festival de cine documental Play Doc. 21/03/12
O presidente da Xunta anuncia créditos para comprar forraxes e pide aforrar auga. // Pablo Cobián, négase a declarar por segunda vez como imputado no sumario da Operación Campeón. // Xuízo polo incendio da planta química Brenntag de Caldas. // Seis detidos en Santiago por supostamente fornecer cocaína a clientes de clubs de alterne. // Día Mundial da Síndrome de Down. // Comeza o festival Play Doc. 21/03/12
Ceos pouco nubrados ou despexados, con algúns intervalos de nubes na provincia de Lugo e no este de Ourense , que poderían deixar algún chuvasco illado. Temperaturas sen cambios significativos, con xeadas nas zonas do interior. 21/03/12
Pablo Cobián, ex-deputado do PP, imputado na operción Campeón, négase a declarar ante a xuiza que investiga o caso. Inditex anuncia que ampliará en 70 mil metros cadrados as instalacións centrais de Arteixo. O PP acusa ós socialistas de usar os concellos como moeda de cambio. Redada en Santiago contra o tráfico de drogas e a prostitución.
Para un sudafricano "exsurfer" Galicia es el mejor lugar del mundo para criar a su hijo ciego, el lugar en el que un médico sirio y musulmán puede ser alcalde durante 21 años, el pueblo en el que una canadiense puede vivir igual que en Canadá pero comiendo mejor o le paisaje en el que un bretón es capaz de revivir las aventuras de Astérix y Obélix. El programa visita Ferrol, S.Andrés de Viladonelle, Cabanas en A Coruña, Maras, Castro de Viladonga, Abadin, Villalba en Lugo, Guitiriz y su Bº en Ourense.
A primavera entra en Galicia cun sol radiante mentres chove en boa parte da Península. O cambio de estación ocorreu pouco despois das seis da mañá. // Os empresarios que monten os seus negocios nalgún dos 19 concellos da Costa da Morte recibirán de media un cinco por cento máis de subvencións que os que se instalen en outras zonas. // A Comisión Europea suaviza a prohibición dos descartes na pesca, pero rexeita manter as axudas ao desguace da flota e ás paradas temporais. // Cada vez menos condutores enchen o depósito, coa esperanza de que baixe un pouco o prezo dos carburantes. A semana pasada, gasolina e gasóleo chegaron a novas marcas históricas. // Os Resentidos, aquel grupo vigués que cantaba en galego historias de crise e reconversión naval, xúntanse de novo para celebrar o trinta aniversario da súa creación. 20/03/12
A primavera entra en Galicia cun sol radiante mentres chove en boa parte da Península. // A Xunta prima ás empresas que se instalen na Costa da Morte. // A Comisión Europea suaviza a prohibición dos descartes na pesca. // Cada vez menos condutores enchen o depósito, coa esperanza de que baixe un pouco o prezo dos carburantes. // Os Resentidos xúntanse de novo para celebrar o trinta aniversario da súa creación. 20/03/12
Ceos pouco nubrados ou despexados, aínda que se rexistrarán algunhas nubes na zona da Mariña Lucense e bancos de néboa matinais illados e pouco persistentes en bisbarras do interior. Temperaturas sen cambios significativos ou en lixeiro ascenso as máximas. Xeadas nas zonas do interior. Ventos do nordés moderados en xeral, con intervalos fortes na Costa da Morte. 20/03/12
Bruxelas, disposta a adianta-las axudas comunitarias para alivia-las consecuencias da seca.A Xunta financiará créditos con cargo ás subvencións europeas.Os armadores galegos temen a desaparición das subvencións ó despece de barcos,anunciada pola comisaria de Pesca.O Tribunal Superior Galego confirma a recusación dos tres maxistrados que ían velo "caso Prestige". O galeguista Isaac Díaz Pardo, distinguido como"fillo adoptivo da provincia de Lugo",dous meses despois do seu pasamento.
Comeza o xuízo pola contaminación do Umia tras o incendio da planta química Brenntag, en Caldas. Tres empregados da factoría están acusados de imprudencia na descarga dun camión de tolueno, que sería a causa do lume e do vertido tóxico. // A Coruña foi a segunda cidade que ratificou a Constitución de Cádiz de 1812. Hoxe conmemoran o seu bicentenario e lembran que 25 galegos participaron nas deliberacións para a súa redacción. // A Xunta multa con 72.000 euros a tres compañías navieiras das que levan pasaxeiros ás Illas Cíes, por transportar máis dos declarados e dos permitidos polo Parque Nacional das Illas Atlánticas. // San Xosé e día do pai. // O Deportivo segue de líder e disparado cara o ascenso, tras gañarlle por tres a cero ao Alcoyano, mentres o Celta interrompe a súa serie de sete vitorias consecutivas. // Máis ilusión que capturas no primeiro día de pesca nos ríos, que van baixos coma no verán. 19/03/12
Durante a mañá, ceos parcialmente cubertos, con chuvascos nas primeiras horas no litoral norte e no leste da provincia de Lugo. Intervalos anubrados no terzo norte e máis despexados no resto. Ventos moderados do nordés. A medida que avance a xornada a tendencia será á diminución das nubes e a desaparición das chuvias. 19/03/12
Comeza o xuízo pola contaminación do Umia tras o incendio da planta química Brenntag, en Caldas. // A Coruña conmemora o bicentenario da Constitución de Cádiz. // A Xunta multa con 72.000 euros a tres compañías navieiras por levar máis pasaxeiros ás Illas Cíes dos permitidos. // San Xosé e día do pai. // O Deportivo, disparado cara o ascenso. O Celta interrompe a súa serie de sete vitorias consecutivas. // Primeiro día de pesca nos ríos. 19/03/12
Arranca o xuizo polo incendio da factoría de produtos químicos Brenntag, que contaminou o río Ulla,,no 2006.Os ministros de Pesca da UE debaten en Bruxelas a reforma da Política Pesqueira Común.Redúcese á terceira parte o número de afectados polo ERE de Alcoa.Feijóo reclama en Asturias o remate da autoestrada do Cantábrico.O PSOE acusa ó Presidente da Xunta de antepoñelos intereses do PP ós dos galegos.Todo a punto para o Festival de Documentais Play-Doc, que se celebrará a partir do mércores en Tui
Antón Reixa, candidato a presidi-la Sociedade General de Autores, é o protagonista da "entrevista do domingo" en RNE-G. Reixa cré que "a SGAE non debería percibirse como un poder fáctico", senon que, dalgún xeito é "unha cooperativa para xestionar conxuntamente os dereitos de autor"
O Presidente da Xunta aproveitou o debate sobre o estado da autonomía para anunciar a primeira fusión de concellos entre os municipios coruñeses de Cesuras e Oza dos Ríos.Feijóo propón,ademais, a reducción de organismos como o Tribunal de Defensa da Competencia,o Consello Económico e Social e os vicevaledores do Valedor do Pobo
- Eran parte de la tripulación de un barco con 3 toneladas de cocaína
- Ya son nueve los detenidos en esta operación
- Los tres fueron detenidos en Madeira y son gallegos