A maioría popular no Parlamento galego veta a comparecencia de Feijóo,solicitada polo PSdGa e o BNG,para dar explicacións sobre os recortes.O PP cré que hai que agardar a contar cos "datos completos" do Plan de Reequilibrio.Pachi Vázquez pensa que a situación económica esixe un adianto electoral.Protesta en Santiago contra os recortes en Educación.A Xunta desbota poñer peaxe nas vías da súa competencia. A Fundación Barrié acolle dende hoxe unha exposición que reivindica o xornal "Galicia",publicación que dirixiu Valentín Paz Andrade.Begoña Caamaño fala en RNE da súa segunda novela "Morgana en esmelle",editada por Galaxia.Tralo éxito de "Circe ou o pracer do azul", Caamaño propón agora unha olla diferente sobre o mundo artúrico e a Terra de Miranda
125 mil persoas manifestáronse en Galicia este primeiro de maio, segundo Comisións Obreiras. Os sindicatos anuncian unha conflictividade crecente. Renfe sube os prezos nos trens de media rexionais. Unha empresa na que está o fillo do alcalde de Campo Lameiro xestiona o parque rupestre que hai neste municipio. Desde hoxe e ata o primeiro de xullo queda prohibido pescar polbo en augas galegas.
En las aceras de Vilagarcía de Arousa en Pontevedra no se podrán formar grupos que impidan el paso y obliguen a los demás peatones a bajar a la calzada para pasar. El Ayuntamiento quiere regular la circulación, de seres humanos, por las aceras.
O goberno vai continuar este mesmo venres facendo reformas para liberalizar servizos, como a xestión do transporte e as infraestruturas. // O ministro de Economía Luis de Guindos confirma que o goberno vai continuar coas reformas para crear emprego a medio prazo. Díxoo na presentación dun plan da Xunta para reducir custes na sanidade galega. // Vigo consolídase coma porto intermodal. A nova ampliación vai dotar ó peirao de Guixar con 720 novos metros de atraque e unha explanada de case 50.000 metros cadrados. // Comeza na Coruña o xuízo polo chamado "crime de Aranga" que senta no banco a sete persoas. // O Depor perde, pero segue líder. // Ruta pola construción naval de Ferrol. 30/04/12
O goberno vai continuar facendo reformas para liberalizar servizos. // Luis de Guindos confirma que o goberno vai continuar coas reformas para crear emprego a medio prazo. // Vigo consolídase coma porto intermodal. // Comeza na Coruña o xuízo polo "crime de Aranga". // O Depor perde, pero segue líder. // Ruta pola construción naval de Ferrol. 30/04/12
Ceos anubrados en xeral e chuvias, de intensidade localmente moderada, máis frecuentes na metade oeste. Ventos do suroeste, fortes no litoral norte e moderados no resto. Temperaturas mínimas sen cambios, pero as máximas descenderán entre lixeira e moderadamente. 30/04/12
A vicepresidenta Soraya Sáenz de Santamaría anuncia en Santiago a intención do Goberno de liberaliza-la xestión de infraestruturas e servizos de transporte.O executivo español presenta as súas medidas anticrise ante o ministro de Finanzas alemán nun foro que se desenvolve na capital galega. O ministro Luis de Guindos avoga por substituir o modelo do ladrillo polo coñemento.Os representantes do goberno central sitúan a Feijóo á vangarda das políticas de austeridade.O titular da Xunta presenta Innova-Saúde como un pilar para blinda-la sanidade pública.José Blanco manifesta en Lugo o seu apoio ó Goberno ante os ataques de Cataluña ó AVE galego.Familiares das vítimas do dobre crime do Ceao esixen respostas, dezaoito anos despois.Tres obras galegas aspiran ó Premio Max ó Mellor Autor Teatral en galego,na gala que se celebrará esta noite en Madrid
O empresario vigués Alfonso Paz Andrade é o protagonista da "entrevista do domingo" en RNE-Galicia. O noso convidado reivindica a figura do seu pai, Valentín Paz Andrade, a quen se lle adica este ano o Día das Letras Galegas.
A oposición solicita que non se apliquen en Galicia os recortes en sanidade e educación aprobados polo goberno central.Alberto Núñez Feijóo argumenta que está obrigado a facelo por ser lexislación básica do Estado pero deixa a porta aberta a non incrementar o número de alumnos por aula e a manter as taxas universitarias máis baixas de España.Pasa o debate de totalidade o proxeto de Lei de Montes de Galicia.
Nos últimos tres meses unhas 25 mil persoas quedaron sen traballo en Galicia. Son datos da última enquisa de poboación. // Os estaleiros galegos e a xunta vanlle solicitar a Mariano Rajoy unha reunión, incluíndo aos ministros de Economía e ao de Industria, para abordar a situación do sector naval. // Galicia ten o dobre de sinistralidade laboral que o conxunto do Estado. Neste día da seguridade e saúde no traballo, os sindicatos reclaman que non se deixe de investir en prevención. // Malestar no ensino galego polas últimas medidas do goberno central. // Cinco mil quilómetros de media é o que viaxan os alimentos que consumimos antes de chegar á nosa mesa. // Festival do Norte en Vilagarcía. 27/04/12
Alternancia de nubes e claros en xeral e nubes de evolución diúrna, con chuvascos dispersos que poden ir acompañados de tormentas, especialmente pola tarde no interior. Vento frouxo de compoñente Sur pola mañá, virando a compoñente Oeste pola tarde. Temperaturas mínimas en lixeiro descenso con xeadas en zonas montañosas. Máximas en lixeiro ascenso. 27/04/12
Nos últimos tres meses, 25 mil persoas quedaron sen traballo en Galicia. // Os estaleiros galegos e a xunta vanlle solicitar a Mariano Rajoy para abordar a situación do sector. // Galicia ten o dobre de sinistralidade laboral que o conxunto do Estado. // Malestar no ensino galego polas últimas medidas do goberno central. // Cinco mil quilómetros de media é o que viaxan os alimentos que consumimos. // Festival do Norte en Vilagarcía. 27/04/12
O desemprego chega ó 20'1% por primeira vez en Galicia con 265.000 desempregados.A Xunta acusa a Bruxelas do bloqueo dun novo sistema de bonificacións fiscais para os estaleiros da ría de Vigo.Acordo para evitalo peche de gardeirías en Narón.A Real Academia Galega comemora o 50 aniversario do Día das Letras Galegas cun acto cívico en A Coruña e a publicación de libros,carteis e pezas audiovisuais. O galego Antón Reixa gaña as eleccións da SGAE,pero precisará pactar para presidi-la sociedade de xestión.
Prosegue a busca do pescador afeccionado ao que levou o mar cando estaba nas rochas do Cemiterio dos Ingleses, en Camariñas. // O presidente da Xunta asegura que os institutos de Galicia van seguir impartindo os dous tipos de bacharelato, pese a que o goberno autoriza a ter só un. // Os accidentes laborais teñen un custo económico en Galicia de máis de mil millóns de euros anuais, segundo un estudo de Comisións Obreiras. // Só un postor, que quedou cun pequeno coche, acudiu á poxa dunha das empresas de Jorge Dorribo, Innova Farmacéutica, que está en proceso de liquidación. // O dez por cento das persoas de entre 40 e 80 anos padece a EPOC. 26/04/12
Prosegue a busca do pescador afeccionado que levou o mar en Camariñas. // Os institutos de Galicia van seguir impartindo os dous tipos de bacharelato. // Os accidentes laborais teñen un custo económico en Galicia de máis de mil millóns de euros anuais. // Só un postor acudiu á poxa dunha das empresas de Jorge Dorribo. // O dez por cento das persoas de entre 40 e 80 anos padece a EPOC. 26/04/12
Intervalos nubrados en xeral con precipitacións intermitentes, máis frecuentes e intensas na provincia de A Coruña. Vento do Sueste, moderado no litoral, con intervalos de forte no Norte, e frouxo a moderado no interior, debilitándose ao final. Temperaturas mínimas en descenso, principalmente no interior, e máximas sen cambios. 26/04/12
A Xunta promete que terá en conta a dispersión xeográfica á hora de aplica-los recortes no transporte sanitario.Feijóo defenderá manter dúas modalidades de bacharelato nos institutos galegos.O PSdG cré que o paro afectará a finais deste ano a 300.000 galegos.O BNG demanda a creación dunha banca pública.A caixa galega fusiona hoxe as súas dúas fundacións e domicilia a nova sociedade en Santiago.Subastan bens de Dorribo e só un coche atopa comprador.Salvamento segue buscando ó home que caeu onte ó mar en Camariñas
- Un decreto permite a las comunidades subir tasas y ratio de alumnos
- El presidente de la Xunta ha descartado una subida de las mismas
- En Extremadura se subirá el número de horas lectivas a profesores
A borrasca "Petra" pasou por Galicia sen provocar danos de importancia. O máis perigoso está no mar. // A Xunta non vai aplicar en Galicia a norma estatal que lle permitiría aumentar o número de alumnos por aula. Anunciouno Alberto Núñez Feijóo hoxe no Parlamento. // Nas tres universidades galegas houbo hoxe protestas estudantís contra o acordo que permite subir as taxas ata un 60 por cento. // A plataforma en defensa da sanidade pública pídelle ao presidente da Xunta que non aplique en Galicia as medidas de copagamento acordadas polo Goberno central. // A investigación ó ex conselleiro de Industria Fernando Blanco sepárase da Operación Campeón. // Motos históricas no Museo de Pontevedra. (25/04/12)
Moito vento e moita chuvia, especialmente nas provincias da Coruña e Pontevedra. Segundo avance o día as chuvias terán un carácter máis intermitente. Vento do Sueste moderado a forte, con intervalos moi fortes durante a primeira metade do día en todo o litoral e en puntos altos do interior. Temperaturas mínimas en lixeiro ascenso e máximas sen cambios ou en lixeiro descenso. (25/04/12)