Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Comezou de curso  para 200.000 alumnos de educación infantil e primaria.Chegan  a un curso que con cambios pola implantación da LOMCE. Cunha  hora máis de matemáticas en quinto, e o desdobre de Coñecemento do Medio en dúas asignaturas: ciencias sociais e ciencias da natureza. 

  O presidente da Xunta defendeu a reforma da lei electoral para que sexa elexido alcalde... o cabeza da lista máis votada. Os grupos da oposición acusaron ao PP de rachar o consenso mantido ata o de agora... sobre reformas que afectan ao sistema democrático.

   Sae de Vigo o barco de apoio a plataformas petrolíferas Lei  Vesel 108, do estaleiro Metalships para unha multinacional norteamericana especializada en traballos submariños.  Custou  cen millóns de euros e  a empresa viguesa negocia a construcción doutros 4 barcos. Polo momento, o seu plantel queda ocupado só en reparacións. (10/09/14)

Comezou de curso  para 200.000 alumnos de educación infantil e primaria.

O presidente da Xunta defendeu a reforma da lei electoral para que sexa elexido alcalde o cabeza da lista máis votada. 

 Sae de Vigo o barco de apoio a plataformas petrolíferas Lei  Vesel 108, do estaleiro Metalships para unha multinacional norteamericana especializada en traballos submariños. (10/09/14)

Galicia está baixo a influencia dunha borrasca debilitada e situada sobre o Atlántico. Segue o ambiente caloroso, e as temperaturas máximas mesmo soben algo. (10/09/14)

O Presidente da Xunta situou, hoxe en Bruxelas, o avellentamento da poboación, coma un dos principais problemas aos que se enfronta Europa, se quere garantir o seu futuro.

Pediu  que as políticas de loita contra ese problema teñan maior peso no reparto de fondos comunitarios // Máis de 200.000 alumnos de educación infantil e primaria, e os seus pais e profesores, ultiman os preparativos para o inicio do curso, mañá. Nalgúns colexios dan os últimos retoques,mentres, nos parques, disfrutan das horas ao ar libre, previas á volta á rutina do curso // Os equipos da volta ciclista están xa na Coruña a onda chega mañá a primeira etapa da rolda en territorio galego. A volta chega no momento máis emocionante, logo do visto onte en Asturias, onde Contador avantaxou claramente aos seus competidores, gañando con autoridade a etapa. 09/09/14 

O Presidente da Xunta  situou, hoxe en Bruxelas, o avellentamento da poboación, coma un dos principais problemas aos que se enfronta Europa, se quere garantir o seu futuro.

Pediu que as políticas de loita contra ese problema teñan maior peso no reparto de fondos comunitarios // Máis de 200.000 alumnos de educación infantil e primaria, e os seus pais e profesores, ultiman os preparativos para o inicio do curso,... mañá. Nalgúns colexios dan os últimos retoques,mentres, nos parques, disfrutan das horas ao ar libre, previas á volta á rutina do curso // Os equipos da volta ciclista están xa na Coruña a onda chega mañá a primeira etapa da rolda en territorio galego. A volta chega no momento máis emocionante, logo do visto onte en Asturias, onde Contador avantaxou claramente aos seus competidores, gañando con autoridade a etapa. 09/09/14

O Presidente da Xunta situou, hoxe en Bruxelas, o avellentamento da poboación, coma un dos principais problemas aos que se enfronta Europa // Máis de 200.000 alumnos de educación infantil e primaria, e os seus pais e profesores, ultiman os preparativos para o inicio do curso // Os equipos da volta ciclista están xa na Coruña a onde chega mañá a primeira etapa da rolda en territorio galego. 09/09/14

Os armadores galegos da flota do cerco saen pescar bocarte, nas próximas horas, logo de que o Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente os autorizara para  capturar dúas mil toneladas. Unha autorización que provocou o descontento dos pescadores vascos e cántabros // A Cruz do Castro, un dos elementos urbáns máis visibles de Vigo, está a ser motivo de  polémica. Unha sentenza xudicial obriga a derrubala por considerala un monumento político franquista. O Alcalde de Vigo, Abel Caballero, di que o Concello vai recorrer a sentenza porque non é un símbolo do réxime anterior // A nai de Asunta, a nena de Santiago que apareceu morta hai case un ano, afronta a proximidade do xuízo, cunha depresión que a mantén confinada na súa cela do cárcere de Teixeiro. Así o afirma o seu avogado, quen recusou ao maxistrado que vai presidir o tribunal con xurado popular. 08/09/14

Os armadores galegos da flota do cerco saen pescar bocarte, nas próximas horas, logo de que o Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente os autorízara para  capturar dúas mil toneladas. Unha autorización que provocou o descontento dos pescadores vascos e cántabros // A Cruz do Castro, un dos elementos máis visibles de Vigo, está a ser motivo de polémica. Unha sentenza xudicial obriga a derrubala por considerala un monumento político franquista. O Alcalde de Vigo, Abel Caballero, di que o Concello vai recorrer a sentenza porque non é un símbolo do réxime anterior // A nai de Asunta, a nena de Santiago que apareceu morta hai case un ano, afronta a proximidade do xuízo, cunha depresión que a mantén confinada na súa cela do cárcere de Teixeiro. Así o afirma o seu avogado, quen recusou ao maxistrado que vai presidir o tribunal con xurado popular. 08/09/14

Os armadores galegos da flota do cerco saen pescar bocarte, nas próximas horas, logo de que o Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente os autorizara para  capturar dúas mil toneladas // A Cruz do Castro, un dos elementos urbáns máis visibles de Vigo, está a ser motivo de polémica // A nai de Asunta, a nena de Santiago que apareceu morta hai case un ano, afronta a proximidade do xuízo, cunha depresión segundo o seu avogado. 08/09/14

A empresa Delta, de Vigo, que leva anos suministrando ás principais firmas aeronáuticas do mundo, inaugurou unha nova división, con catro patentes para facer pezas para avións con fibra de carbono. O Presidente da Xunta anunciou o apoio á creación dun polo industrial para potenciar este sector, na nosa comunidade // Un decreto da Xunta obriga a etiquetar os productos alimenticios que os labregos e gandeiros levan aos mercados para vender directamente. Os que non terán que levar ningún tipo de etiqueta serán os que se vendan nas casas ou nas explotacións // Evoluciona favorablemente das graves queimaduras que sufriu o presidente dunha comunidade de veciños da Coruña. Queimouno outro veciño do seu edificio ao que lle reclamara o pago de 70 euros por unhas obras no inmoble. 05/09/14 

A empresa Delta, de Vigo, que leva anos suministrando ás principais firmas aeronáuticas do mundo, inaugurou unha nova división, con 4 patentes para facer pezas para avións con fibra de carbono.O Presidente da Xunta anunciou o apoio á creación dun polo industrial para potenciar este sector, na nosa comunidade // Un decreto da Xunta obriga a etiquetar os productos alimenticios que os labregos e gandeiros levan aos mercados para vender directamente. Os que non terán que levar ningún tipo de etiqueta serán os que se vendan nas casas ou nas explotacións // Sen descanso neste parón ligueiro para Celta e Dépor. Os de Vigo traballaron na Madroa preparando o amistoso desta noite fronte o Sporting de Braga pendentes do estado físico de Augusto que lesionou nun amigable coa súa selección. Mentres no Deportivo Victor Fernández adestra hoxe e mañá pensando xa na vindeira xornada e en conquistar a que sería a primeira victoria na liga. 05/09/14

A empresa Delta, de Vigo, que leva anos suministrando ás principais firmas aeronáuticas do mundo, inaugurou unha nova división, con catro patentes para facer pezas para avións con fibra de carbono // Un decreto da Xunta obriga a etiquetar os productos alimenticios que os labregos e gandeiros levan aos mercados para vender directamente // Sen descanso neste parón ligueiro para Celta e Dépor. 05/09/14

Ás portas da fin de semana os ceos van ir quedando despexados esta tarde salvo pola costa. No litoral da Coruña e Pontevedra as brétemas poden ser persistentes. 05/09/14