A farrapada deulle este mediodía a saída ao entroido de Laza, un dos máis ancestrais do denominado triángulo máxico ourensán e onde esta tarde se revivirá de novo a denominada "baixada da morena".
O recentemente elixido líder de Podemos en Galicia, Breogán Riobóo anuncia que a formación non concurrirá nas próximas municipais como partido senón integrados noutras candidaturas de unidade popular. Dixo no seu primeiro acto como secretario xeral da formación en Galicia despois de conseguir o respaldo da maioría de militantes con 3.800 votos.
O celta volveu esta mañá aos adestramentos, logo de derrotar ao Atlético de Madrid nun partido memorable no que os vigueses anularon o xogo e a estratexia do actual campión de Liga. (16/02/15)