Os socialistas piden a Núñez Feijóo que non presente de candidatosnas municipais ós alcaldes de Láncara, Mos, Silleda e Gondomar. O PP de Lugo sae en defensa do rexedor de Láncara.
Tres motoristas perden a vida nas estradas galegas en menos de 24 horas.
O PP leva ó Parlamento unha iniciativa pra solicita-lo aprazamento de da devolución de 2.600 millóns de euros que a Xunta recibiu de anticipo.
Un vertido de Purín causa a morte de centos de troitas no río Donas, no concello coruñes de Negreira.
Filipe Luis pasa recoñecemento médico para incorporarse ó Atlético de Madrid.
Falamos co ex-conselleiro Víctor Manuel Vázquez Portomeñe que o domingo recibe a medalla de ouro de Galicia. E coñecemos como se prepara santiago, con milleiros de turistas, a poucas horas da celebración do Apóstolo. (23/07/10)