Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Persiste o aire frío sobre Galicia durante esta xornada, polo que se agardan ceos parcialmente cubertos, con chuvascos máis frecuentes e intensos ás primeiras horas e que irán remitindo co avance do día. A cota de neve comezará nos 1000 m e irá en progresivo ascenso. As temperaturas mínimas sufriron un lixeiro descenso, mentres que as máximas terán un lixeiro ascenso. 08/11/19

 

A primeira nevarada do outono na montaña de Lugo deixa sen clase a 85 nenos de Pedrafita e o Courel // Remata unha campaña atípica, de só oito días, cos partidos pendentes aínda dos indecisos e tentando loitar contra a abstención // Un de cada catro adolescentes fuma cannabis ou algún dos seus derivados // Mañá estréase o novo adestrador do Celta, Óscar García ante o seu antigo equipo, o Barcelona // Douscentos artistas debuxan Santiago na cuarta edición de Compostela ilustrada. 08/11/19

 

Traballadores de Ence e das empresas auxiliares, transportistas e productores forestais de Galicia e Asturias maniféstanse en Madrid // O Consello da Xunta aprobou hoxe un programa para promover o turismo dos galegos dentro de Galicia // Cineuropa ergue o pano cunha gala inaugural na que premiará a traxectoria da actriz María Vázquez. 07/11/19

 

Traballadores de Ence e das empresas auxiliares, transportistas e productores forestais de Galicia e Asturias maniféstanse en Madrid // O Consello da Xunta aprobou hoxe un programa para promover o turismo dos galegos dentro de Galicia // A Xunta obriga a cambiar de proveedores aos comedores das escolas infantís tras unha nova intoxicación alimentaria // Cineuropa ergue o pano cunha gala inaugural na que premiará a traxectoria da actriz María Vázquez // Últimos ensaios da primeira gran ópera galega deste século, "A Amnesia de Clío". 07/11/19

 

Baixaron as temperaturas este xoves no que puidemos ver as primeiras folerpas do outono. A cota de neve descenderá nas próximas horas ata os 800 metros e tamén as temperaturas máximas que en xeral rondarán os 10 graos. Máis frío nun día no que continuan os chuvascos treboentos, que por momentos poden vir acompañados de saraiba. Toda a costa segue en alerta por ondas que poden acadar os 6 metros. 07/11/19

 

Traballadores de Ence e das empresas auxiliares, transportistas e productores forestais de Galicia e Asturias maniféstanse en Madrid // O Consello da Xunta aprobou hoxe un programa para promover o turismo dos galegos dentro de Galicia // A Xunta obriga a cambiar de proveedores aos comedores das escolas infantís tras unha nova intoxicación alimentaria // Cineuropa ergue o pano cunha gala inaugural na que premiará a traxectoria da actriz María Vázquez // Últimos ensaios da primeira gran ópera galega deste século, "A Amnesia de Clío". 07/11/19

 

Un cento de camións parten en caravana desde Begonte cara a Madrid pola A-6 para participar nunha mobilización pola continuidade de Ence en Pontevedra // Segunda xornada de folga dos alumnos de Medicina en Santiago para reclamar cambios na carreira // Tralo seu exitoso paso por Madrid e Barcelona, o musical "El Jovencito Frankenstein" iniciará en Vigo a súa xira por vinte cidades españolas. 06/11/19

 

Un cento de camións parten en caravana desde Begonte cara a Madrid pola A-6 para participar nunha mobilización pola continuidade de Ence en Pontevedra // Preocupación nas adegas das Rías Baixas polo impacto dos aranceis que comezou a aplicar Estados Unidos e que van afectar de cheo á campaña de Nadal // Segunda xornada de folga dos alumnos de Medicina en Santiago para reclamar cambios na carreira // 137 mesas electorais da comarcas de Arousa e Noia adáptanse para facilitar o voto de persoas con discapacidade intelectual // Tralo seu exitoso paso por Madrid e Barcelona, o musical "El Jovencito Frankenstein" iniciará en Vigo a súa xira por vinte cidades españolas. 06/11/19

 

Imos seguir con chuvias nos próximos días. Pasou unha borrasca e a media tarde chegará outra fronte, que vai facer que se intensifiquen as precipitacións, movéndose de oeste a leste. Os ventos tamén se farán máis fortes ao final do día. As temperaturas descenden lixeiramente, con máximas entre os 13 graos de Lugo e os 17 de Pontevedra. 06/11/19