Unha fronte pouco activa deixou algunhas chuvias durante a mañá. A tendencia é a apertura de máis claros pola tarde. As temperaturas mínimas subiron e as máximas tamén o han facer sobre todo polo sur. Hoxe oscilarán entre os 14 graos previstos en Lugo e os 17 que se agardan en Vigo. Na costa o vento deixará refachos moi fortes a últimas horas entre Estaca de Bares e Fisterra. 25/11/19