Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

A Xunta reclamará esta tarde en Madrid a débeda de 200 millóns do IVE de 2017 // O BNG arrebata a alcaldía de Fene ao PP tras prosperar unha moción de censura co apoio de parte do PSOE e Esquerda Unida // Xuízo real ao Hamlet de Shakespeare nun experimento teatral dentro do Festival Escenas do Cambio. 07/02/20

A Xunta crea a Bandeira Verde de Galicia, un novo distintivo para os concellos implicados na protección da natureza // A Xunta reclamará esta tarde en Madrid a débeda de 200 millóns do IVE de 2017 // O BNG arrebata a alcaldía de Fene ao PP tras prosperar unha moción de censura co apoio de parte do PSOE e Esquerda Unida // o 97% das separacións de parellas con fillos son conflictivas // Xuízo real ao Hamlet de Shakespeare nun experimento teatral dentro do Festival Escenas do Cambio // Javier Olleros e o Culler de Pau, mellor restaurante e chef nos premios Cocinillas. 07/02/20

Hoxe dicimos adeus á influencia anticiclónica e o tempo solleiro da última semana. Chega unha fronte e agárdase un progresivo aumento das nubes. As chuvias comezarán pola fachada atlántica e serán xeralizadas de cara á noite. Sobiron as temperaturas mínimas, pero han baixar as máximas, que quedarán entre os 19 graos de Ourense e os 14 de Santiago. O tempo inestable seguirá na fin de semana. 07/02/20

A Xunta crea a Bandeira Verde de Galicia, un novo distintivo para os concellos implicados na protección da natureza // A Xunta reclamará esta tarde en Madrid a débeda de 200 millóns do IVE de 2017 // O BNG arrebata a alcaldía de Fene ao PP tras prosperar unha moción de censura co apoio de parte do PSOE e Esquerda Unida // o 97% das separacións de parellas con fillos son conflictivas // Xuízo real ao Hamlet de Shakespeare nun experimento teatral dentro do Festival Escenas do Cambio // Javier Olleros e o Culler de Pau, mellor restaurante e chef nos premios Cocinillas. 07/02/20

Investigadores galegos participan no maior estudo xenómico do cancro que se fixo ata o de agora e que permitirá avanzar no diagnóstico precoz e no tratamento // Nace a plataforma Galicia Baleira, impulsada polas federacións veciñais de Lugo e Ourense para combater o despoboamento do rural // Hoxe cúmprense 25 anos da morte da pintora surrealista galega Maruja Mallo. 06/02/20

Arranca a última fase das obras de rehabilitación da Catedral de Santiago // Investigadores galegos participan no maior estudo xenómico do cancro que se fixo ata o de agora e que permitirá avanzar no diagnóstico precoz e no tratamento // Tres dos cincuenta radares que máis multan en España están en Galicia // Nace a plataforma Galicia Baleira, impulsada polas federacións veciñais de Lugo e Ourense para combater o despoboamento do rural // Hoxe cúmprense 25 anos da morte da pintora surrealista galega Maruja Mallo // O Circo do Sol volve a Santiago con oito funcións de "Corteo" ata o domingo. 06/02/20

Seguimos con anticiclón. Ceos pouco anubrados, cun aumento progresivo das nubes durante a tarde na franxa atlántica. Vento do sur e temperaturas que despois do frío desta noite quedarán en valores moi agradables polo medio do día, entre os 16 graos de Lugo e os 20 de Pontevedra. Mañá chega unha fronte e volven as chuvias. 06/02/20 