Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

El Comité técnico de Sanidad de la Xunta de Galicia considera que hay que implementar nuevas propuestas para atajar la propagación de la covid-19 y prohibirá, desde este jueves, fumar en calles y terrazas siempre que no se respete la distancia de seguridad. Informa Marta Landeira.

A Xunta decide manter durante sete días máis as restriccións na Area Sanitaria da Coruña e Denuncia unha relaxación nos controis policias para o cumplimento das medidas. Os expertos consideran que Galicia está xa ante unha nova vaga da epidemia e reclaman para combatila probas de pcr masivas e mais equipos para o rastrexo de contaxios // Aumento é de 87 casos no último día. A incidencia sobe en todalas areas sanitarias agás a de Pontevedra. Os falecidos suman 622 trala morte dunha muller de 89 anos na Coruña. Os pacientes ingresados son xa 36, dos que so unha está na Uci // Máis auga nun día que nos últimos tres meses xuntos. A chuvia chega a toda a toda comunidade con máis de 60 litros por metro cadrado en moitos puntos da metade norte, e ronda os 90 en Bergondo. As precipitacións irán diminuindo nas próximas horas. 12/08/20

Aumenta a preocupación pola situación sanitaria na área da Coruña, onde os contaxios ascenden a 406, máis da metade dos detectados en toda Galicia, incluidos tres usuarios dunha residencia de maiores. A Xunta reforza os equipos de diagnóstico cun novo autocovid no Ventorrillo // A incidencia da Covid-19 sobe tamén en todalas demáis areas sanitarias de Galicia, ata un total de 740 casos, 70 máis que onte. O número de pacientes ingresados en unidades de hospitalización elévase a 31 e seguen 2 na UCI // A fiscalía da Audiencia Nacional abre dilixencias por unhas declaracións de Ana Pontón do 25 de xullo, a raíz dunha denuncia que as considera delito de inxurias á Coroa. A portavoz do BNG defende o dereito de critica a Monarquía e á liberdade de expresión. 11/08/20

Os medios de extinción loitan por controlar o incendio de Lobios, no parque do Xurés, o máis importante que queda activo na provincia de Ourense, tras unha fin de semana na que arderon preto de 1.000 hectáreas. Detidas duas persoas acusadas de provocar lumes, grazas á colaboración cidadá // Os casos activos en Galicia aumentan en 79 nas últimas 24 horas. O total é de 670, máis da metade corresponde a Area Sanitaria da Coruña, onde se manteñen medidas de restrición para frear o brote relacionado cun ximnasio en Arteixo. Hai dous pacientes en UCI e 25 hospitalizados // Martín Berasategui, Jordi Cruz, Juan Mari Arzak, os irmáns Torres e outros cociñeiros de elite que suman más de trinta Estrelas Michelín acoden á cita anual, no Camiño de Santiago, para un evento gastronómico solidario e para promocionar o Xacobeo 2021. 10/08/20 