- Renuncia polas dúbidas manifestadas por algunhas asociacións sobre a legalidade do proceso electoral
Resumen actualidad informativa de la provincia de Ourense presentado por Malena González y Abelardo Vázquez
- Educación pechou 112 escolas na última década, a maioría en zonas rurais
- En Galicia, como noutras 10 comunidades, os mestres rurais non teñen incentivos salariais ou de horarios
- Reivindican prezos xustos, relacións comerciais con valores éticos e respecto ao traballo e aos recursos mariños
A Xunta estuda cal será o límite máximo autorizado para as xuntanzas familiares nas festas de Nadal.// O Tribunal Supremo confirma a pena de prisión permanente revisable para José Enrique Abuín Gey, alcumado o Chicle, polo asasinato de Diana Quer en 2016 na Pobra do Caramiñal. // O presidente da Xunta critica o acordo do goberno central con ERC para eliminar as reduccións de impostos que aplican algunhas comunidades. Feijóo asegurou que manterá as rebaixas fiscais previstas en Galicia.// En Vigo, a Policía detivo a un home, e busca a outros tres que fuxiron tras o intento de asalto a unha urbanización de chalets, en San Andrés de Comesaña. Varios veciños escoitaron disparos, pero non hai feridos. 26/11/20
Novo gromo nunha residencia de maiores. Son 105 positivos entre usuarios e residentes en Gondomar, casos que contribúen a facer da area sanitaria de Vigo a que rexistra actualmente a maior incidencia da pandemia // No conxunto de Galicia, Continúa o descenso de novos contaxios, e o total de casos activos está hoxe en 8.579. A presión hositalaria baixa tamén a un total de 513 pacientes ingresados, dos que 92 están nas UCI. Sanidade contablizou a morte de tres persoas, a cifra máis baixa de falecidos pola Covid dende hai un mes // A creación dunha universidade privada en Galicia recibe o informe favorable do goberno e da Conferencia xeral de Política Universitaria. O proxecto promovido por Abanca, non poderá duplicar titulacións xa existentes e dependerá agora da autorización por parte da Xunta. 26/11/20
Mestre rural, mestre vocacional.
Educación pechou 112 escolas na última década, a maioría en zonas rurais.
En Galicia, como noutras 10 comunidades, os mestres rurais non teñen incentivos salariais ou de horarios.
Novo gromo nunha residencia de maiores. Son 105 positivos entre usuarios e residentes en Gondomar, casos que contribúen a facer da area sanitaria de Vigo a que rexistra actualmente a maior incidencia da pandemia // No conxunto de Galicia, Continúa o descenso de novos contaxios, e o total de casos activos está hoxe en 8.579. A presión hositalaria baixa tamén a un total de 513 pacientes ingresados, dos que 92 están nas UCI. Sanidade contablizou a morte de tres persoas, a cifra máis baixa de falecidos pola Covid dende hai un mes // A creación dunha universidade privada en Galicia recibe o informe favorable do goberno e da Conferencia xeral de Política Universitaria. O proxecto promovido por Abanca, non poderá duplicar titulacións xa existentes e dependerá agora da autorización por parte da Xunta. 26/11/20
As chuvias darán tregua nunha xornada na que se agarda unha nueva baixada nos valores dos termómetros, que poden caer a os 5 graos en Lugo. Unha borrasca que deixou chubasdos nos últimos días desprázase ao sur. Espéranse ceos abertos ao norte e cubetos ao sur, onde se esperan precipitacións en Ourense. 26/11/20
Resumen actualidad informativa de la provincia de Ourense presentado por Malena González y Abelardo Vázquez