Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

A Hostalaría, o comercio ambulante, e outros sectores especialmente castigados polas restriccións piden máis axudas e algún alivio para as suas actividades, mentres a Xunta estuda cambiar esta semana as medidas que rexen nas cidades. // As cifras da pandemia en Galicia seguen a mellorar, e os casos activos son hoxe un total de 7.806. É a cifra máis baixa dende hai un mes. // A muralla de Lugo cumpre 20 anos dende a sua declaración como patrimonio da Humanidade pola Unesco. Un recoñecemento que chegou para reforzar a implicación do milenario monumento na vida diaria dos idadans //Sen disparar a porta pero poñendo o gol nos pes dos compañeiros. O xogo de Iago asombra en Balaídos, e convértese na clave para a vitoria do Celta fronte ao Granada, a primeira de Coudet como técnico. 30/11/20

Galicia queda baixo influencia do anticiclón situado ao sudoeste de Irlanda. Espéranse ceos pouco anubados ou despexados, con algunas nubs altas que non impedirán o paso do sol, anque nas primeiras horas no se descarta algún chubasco illado no sur. 30/11/20

Seis concellos saen das máximas restriccións pola Covid mentres que entran outros seis. De momento Sanidade non alixeira as restriccións en nas grandes cidades, pero adianta que estuda facelo próximamente en Santiago e Ourense, eso sí, cun protocolo especial de medidas para frear os contaxios // A Xunta propón que nas normas para restrinxir as xuntanzas de nadal se conten os núcleos familiares e non persoas illadas, e que os nenos computen de xeito especial // Ainda que seguen sendo minoría, cada vez máis negocios rexeitan suarse ao black friday. Son os que fomentan un consumo responsable e consideran que non é tan rendible como pudera parecer // O BNG lanza unha campaña para defender os productos galegos e que se fagan as compras de Nadal en tendas de proximidade, en vez de optar por internet. 27/11/20

As autoridades e os asesores sanitarios buscan fórmulas para combinar as posibilidades de celebración do Nadal coa seguridade sanitaria.

Os expertos aconsellan que cantos menos sexan os participantes nas celebracións, mellor

A fin de semana comeza con ceos despexados e suba de temperaturas. Mañá cara o final do día aumentará a nubosidade con posibilidade de precipitacións na metade no sur. Unha pequena borrasca que aínda podería deixar algunha chuvia a primeiras horas do domingo máis probables canto máis ao sur. As temperaturas continuaran sen apenas cambios. 27/11/20

Preparativos para as ceas de nadal, coa incertiza sobre cantos comensais poderán participar. Sanidade insiste en que os menores de 10 anos computen aparte. De momento, mantén as restriccións nas grandes cidades mentres levanta o peche perimetral en seis concellos e estableceo para outros seis //Segue o descenso no número de casos activos, que se sitúan hoxe nun total de 8.452. A presión hospitalaria tamén descende e sitúase por debaixo dos 500 pacientes ingresados, con 93 nas UCI, e son seis os falecementos contabilizados nas últimas horas. // Electrónica, roupa ou xoguetes, volven ser os productos con máis demanda neste venres de compras adiantado á campaña de Nadal. Grandes superficies e pequenos comercios apostan por descontos de ata o 50 %. // Repasamos co exdefensa ourensán Antonio Dacosta o seu intento de anular a Diego Armando Maradona nun partido contra o Barcelona no ano 83. 27/11/20

Sanidade insiste en que os menores de 10 anos computen aparte. De momento, mantén as restriccións nas grandes cidades mentres levanta o peche perimetral en seis concellos e estableceo para outros seis //Segue o descenso no número de casos activos, que se sitúan hoxe nun total de 8.452. A presión hospitalaria tamén descende e sitúase por debaixo dos 500 pacientes ingresados, con 93 nas UCI, e son seis os falecementos contabilizados nas últimas horas. // Electrónica, roupa ou xoguetes, volven ser os productos con máis demanda neste venres de compras adiantado á campaña de Nadal. Grandes superficies e pequenos comercios apostan por descontos de ata o 50 %. 27/11/20