Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Os novos contaxios superan os mil por sétimo día consecutivo, e comunícanse 24 falecementos máis. A presión hospitalaria tampouco da tregua cun aumento de case o 60 por cento na última semana..// O Pazo de Meirás poderá recibir visitas a partir do 30 de xaneiro, nos exteriores.. As torres poderanse visitar a partir de marzo. O Pazo vai abrir as portas cunha exposición que dará a coñecer a Historia do inmoble dende os tempos de Emilia Pardo Bazán// Máis do 70 por cento da poboacion galega estará sometida ao máximo nivel de restricións, as que se suman Súmanse 55 novos concellos. // O xulgado de Betanzos acordou prisión provisional comunicada e sen fianza para o acusado da morte dunha muller en Oza-Cesuras. 19-01-2021

Peche total da hostalaría e as actividades non esenciais, e a decisión anunciada polo comité clínico para tres concellos coa máis alta incidencia. Son os de Arteixo, na Coruña, Xinzo de Limia, en Ourense, e Viveiro, en Lugo. // Por sétimo día consecutivo os novos contaxios rexistrados superan os mil e comunicáronse 24 falecementos. A presión hospitalaria tampouco da tregua e obriga a reprogramar operacións. // Unos 2.000 traballadores sanitarios das áreas de Ourense Vigo e Santiago reciben as primeiras doses da vacina de Moderna, que permite unha maior facilidade de conservación. // Galicia xunto coas tres comunidades da cornisa cantabrica asinan un posicionamento común para que a nova Pac teña en conta as pecularidades das explotacións nas futuras axudas europeas. 19-01-2021

A borrasca Gaetan pon en alerta laranxa a Galicia. Está a provocar temporal no mar e vento forte en terra, coma o que se deixaba notar xa este mediodía na praia da Lanzada, no litoral pontevedrés. Co avance da tarde a fronte tamén deixará chuvias, que chegarán a toda Galicia pola noite e serán especialmente intensas na metade oeste. 19-01-2021

Peche total da hostalaría e as actividades non esenciais. É a decisión anunciada polo comité clínico para tres concellos coa máis alta incidencia. Son os de Arteixo, na Coruña, Xinzo de Limia, en Ourense, e Viveiro, en Lugo. // Por sétimo día consecutivo, os novos contaxios rexistrados superan os mil e comunicáronse 24 falecementos. A presión hospitalaria tampouco da tregua e obriga a reprogramar operacións. // Unos 2.000 traballadores sanitarios das áreas de Ourense Vigo e Santiago reciben as primeiras doses da vacina de Moderna, que permite unha maior facilidade de conservación. // Galicia xunto coas tres comunidades da cornisa cantabrica asinan un posicionamento común para que a nova Pac teña en conta as pecularidades das explotacións nas futuras axudas europeas. 19-01-2021

A doazón de órganos para transplantes mantívose en Galicia por riba da media española durante o ano pasado. Tamén se viu afectada pola pandemia. O número de transplantes realizados baixou un 7% con respecto a 2019.

Actualmente hai en Galicia 8. 600 persoas que contan cun ril, un pulmón, un corazón, un fígado ou un páncreas que lles permite seguir con vida grazas a teren recibido un transplante nun dos hospitais galegos que realizan este tipo de intervencións.

Principio de acordo entre o comité de Alcoa e a multinacional para negociar a venda da fábrica de aluminio á SEPI. Os traballadores decidirán en referendo se aceptan o pacto, que poría fin a folga iniciada o pasado mes de outubro. // Os casos activos marcan un novo record e as cifras de pacientes hospitalizados volven aos niveis de mediados de abril.// O Concello de Xinzo de Limia pide aos veciños que so saian das suas casas para as actividades esenciais e que en todo caso adianten o toque de recollida ás 20h. // A alta incidencia de contaxios repercute tamén nas aulas. Máis 1.600 casos contabilízanse nos colexios e institutos, o dobre que antes das vacacions de Nadal. 18-01-2021

Os casos activos marcan un novo record e as cifras de pacientes hospitalizados volven aos niveis de mediados de abril. O temor á saturación das UCI leva ao SERGAS a comenzar o traslado de enfermos críticos dende o hospital de Ferrol ao de Lugo. // Os casos rexistrados nos colexios e institutos duplícanse respecto aos de antes das vacacións de Nadal, ata superar os 1.600. Educación. // A doazón de órganos descendeu un oito por cento durante o ano pasado en Galicia, fronte ao descenso do 19 por cento do conxunto de España. A presión hospitalaria repercute nun lixeiro aumento das negativas familiares á doazon. // Familiares de Alexande Bóveda e outros políticos fusilados ao comenzo da Guerra Civil sumáronse hoxe diante do consulado de Arxentina, á querela pola que se están a investigar nese país os crimes do franquismo. 18-01-2021

O sol volve brilar nos ceos este luns, no que se prevé un lixeiro aumento das temperaturas. A influencia dun anticiclón marcará unha xornada que arrancará con néboas nas comarcas do interior. 18-01-2021

Os casos activos marcan un novo record e as cifras de pacientes hospitalizados volven aos niveis de mediados de abril. O temor á saturación das UCI leva ao SERGAS a comenzar o traslado de enfermos críticos dende o hospital de Ferrol ao de Lugo. // Os casos rexistrados nos colexios e institutos duplícanse respecto aos de antes das vacacións de Nadal, ata superar os 1.600. Educación. // A doazón de órganos descendeu un oito por cento durante o ano pasado en Galicia, fronte ao descenso do 19 por cento do conxunto de España. A presión hospitalaria repercute nun lixeiro aumento das negativas familiares á doazon. // Familiares de Alexande Bóveda e outros políticos fusilados ao comenzo da Guerra Civil sumáronse hoxe diante do consulado de Arxentina, á querela pola que se están a investigar nese país os crimes do franquismo. 18-01-2021