O gasoleo, por riba dos dous euros o litro. Unha escalada de prezos que non se vía dende a invasión rusa de Ucraína, e que volve agora coa intervención de Estados Unidos e Israel en Irán. Os armadores reclaman medidas urxentes, ante o aumento de máis dun 50 por cento no custe dos combustibles na última semana | Sen acordo para a creación dunha comisión de investigación sobre o proxecto de Altri en Palas de Rei. O PP opúxose á iniciativa do BNG, apoiada polos socialistas, ante o que consideran irregularidades no acordo entre a Xunta e a multinacional portuguesa | O Sergas estima en máis de 30.000 as consultas que se levan suspendido pola folga indefinida de médicos de atención primaria. Facultativos de diferentes áreas néganse a facer horas extra para desconxestionar as listas de agarda, como medida de presión | Unha aldea no parque do Xurés, é o escenario de 'As Augas', primeira película dirixida pola actriz, Ledicia Sola. É a historia dunha muller que se retira coas suas mellores amigas para superar unha crise existencial
O diésel xa se vende nalgunhas gasolineiras galegas a máis de dous euros o litro. A 2,49 céntimos atopamolo hoxe nunha do polígono do Tambre en Santiago | No Parlamento non sae adiante a proposta do Psdeg e o Bng dunha declaración institucional de rexeitamento á guerra de Irán. A oposición insistiu aos populares que se posicionen no lado correcto da historia e que non repitan a foto das Azores | Médicos das diferentes áreas sanitarias comunican ao Sergas que van deixar de facer horas extra para desconxestionar as listas de agarda. A folga indefinida de médicos de atención primaria suspendeu xa máis de 30.000 consultas | O Goberno Central aproba unha Declaración de recoñecemento ás vítimas dos sucesos do 10 de marzo de 1972 en Ferrol. Un día no que morreron Amador Rey e Daniel Niebla, abatidos por disparos da policía franquista durante unha movilización | Unha aldea no parque do Xurés, é o escenario de 'As Augas', primeira película dirixida pola actriz, Ledicia Sola
O gasoleo, por riba dos dous euros o litro. Unha escalada de prezos que non se vía dende a invasión rusa de Ucraína | Sen acordo para a creación dunha comisión de investigación sobre o proxecto de Altri en Palas de Rei | O Sergas estima en máis de 30.000 as consultas que se levan suspendido pola folga indefinida de médicos de atención primaria | O Goberno Central aproba unha Declaración de recoñecemento ás vítimas dos sucesos do 10 de marzo de 1972 en Ferrol | Unha aldea no parque do Xurés, é o escenario de 'As Augas', primeira película dirixida pola actriz, Ledicia Sola
Quedamos nunha zona de transición entre as altas e as baixas presións. Ceos parcialmente cubertos, con chuvias febles na metade norte, que van remitindo co avance das horas e abríndose claros no resto. Unha fronte cálida deixará precipitacións que se estenderán pola noite. As temperaturas máximas ascenden lixeiramente
A guerra en Oriente medio impacta de cheo nas axencias de viaxes, e provoca cancelacións a destinos turísticos na zona de conflicto. Países como Turquía, Chipre ou Exipto, na lista dos que o Ministerio de Asuntos Exteriores recomenda precaución | A dous días do 8M, día internacional da Muller, sucédense os actos de reivindicación. Hoxe manifestacións de estudantes, como esta en Santiago, nunha xornada de folga contra a violencia machista e a desigualdade de xénero. O domingo están previstas marchas en numerosas localidades | Os supermercados ultiman os preparativos para a entrada en vigor, mañá, da prohibición da venda e consumo de bebidas enerxéticas a menores. Unha medida da que Galicia é pioneira e que o goberno Central quere extender ao conxunto de España | Marián Mouriño, a presidenta do Celta, atendeunos antes do partido desta noite contra o Real Madrid. Con ela falamos da temporada ilusionante dos celestes e das renovacións de Iago Aspas, Claudio Giráldez e Óscar Mingueza
A tensión bélica en Oriente Medio dexa sentir o seus efectos nas axencias de viaxe. Sucédense as cacelacións, sobre todo a destinos que requiren sobrevoar a zona de conflito | A dous días do 8M, día internacional da Muller, sucédense os actos de reivindicación. Hoxe manifestacións de estudantes, como esta en Santiago, nunha xornada de folga contra a violencia machista e a desigualdade de xénero | A borrasca Regina devolve a neve á montaña de Lugo, ca cota a 1.000 metros de altitude | Celta abre este venres a xornada de liga na primeira división ante os merengues, que visitan Balaídos a partir das nove da noite. Os da capital chegaron nunha expedición na que faltan caras como as de Mbappé ou Bellingham | Comenza en Ourense o campeonato de atletismo en pista cuberta para persoas con discapacidade intelectual, que organiza a entidade benéfica Virtus. O torneo reúne a máis dun cento de atletas de once países.
A guerra en Oriente medio provoca cancelacións de viaxes a destinos turísticos na zona de conflicto | Manifestacións de estudantes en varias cidades, nunha xornada de folga contra a violencia machista e a desigualdade de xénero | Os supermercados ultiman os preparativos para a entrada en vigor, mañá, da prohibición da venda e consumo de bebidas enerxéticas a menores | A borrasca Regina devolve a neve á montaña de Lugo ca cota a 1.000 metros de altitude | Celta abre este venres a xornada de liga na primeira división ante os merengues, que visitan Balaídos a partir das nove da noite |
Unha masa de aire frío en altura déixa ceos nubrados, con chuvias febles durante a primeira parte do dia. As temperaturas mínimas con lixeiros descensos, mentres que as máximas sofren un descenso máis notable, e non pasan dos 8 graos en Lugo e dos 13 en Vigo
Arranca o Plan extraordinario para reparar as estradas, especialmente danadas tralos últimos temporais, cun investimento de 162 millóns de euros, por parte do Ministerio de Transportes. Contempla actuar nuns 2.000 puntos críticos de toda a rede viaria de titularidade estatal | A folga de médicos de Atención Primaria continúa sen acordo, tralo primeiro encontro entre os convocantes, do sindicato OMega, e a dirección do Sergas. Un grupo de profesionais protesta en Vigo ante o presidente da Xunta e o conselleiro de Sanidade, en demanda de medidas contra a sobrecarga asistencial | Dende Santiago, onde estuda Económicas, Mehdi Shobeiri vive pendente da situación en Irán, o seu país. É un dos iranianos que residen en Galicia. Espera a chegada dun novo réxime tralo conflicto bélico | Na semana do 8 M, Acompañamos á un grupo de mulleres nun dos oficios máis duros, no que elas son minoría. As Percebeiras de Camelle, que Rebentan o corpo na batalla co mar por conseguir o prezado froito das rochas, Din que o principal problema é a falla de relevo xeneracional
Arranca, en puntos coma este, en Ordes, o Plan extraordinario para reparar as estradas, especialmente danadas tralos últimos temporais, cun investimento de 162 millóns de euros | Fracaso total da reunión entre Omega e o Sergas para intentar chegar a un acordo que desconvoque a folga de médicos de atención primaria |As mulleres seguen a cargar coa maior parte do peso do traballo doméstico. Sobre este asunto reflexiona un proxecto inclusivo dunha asociación viguesa formada por persoas con diversidade funcional. Hoxe achegaron a súa proposta a escolares de Bueu | Viveiro, na Mariña de Lugo quedou sen cine a comezos deste ano. Os amantes da sétima arte tiñan que desprazarse máis dunha hora en coche para gozar da pantalla grande. A pesar das dificultades que supón manter un cine lonxe das cidades, un grupo de mozos van reabrir as salas a partir de mañá coa idea de ofrecer cine e tamén actividades culturais
Arranca o Plan extraordinario para reparar as estradas, especialmente danadas tralos últimos temporais, cun investimento de 162 millóns de euros | A folga de médicos de Atención Primaria continúa sen acordo, tralo primeiro encontro entre os convocantes, do sindicato OMega, e a dirección do Sergas | Estudantes iranianos en Galicia, pendentes da situación no seu país envolto no conflicto bélico, tralo que esperan a chegada dun novo réxime | Viveiro, na Mariña de Lugo quedou sen cine a comezos deste ano. Un grupo de mozos vai reabrir as salas a partir de mañá
Baixan as temperaturas de xeito notable, sobre todo as máximas coa chegada unha nova fronte que tamén fará descender a cota de neve aos 1.000 metros. As chuvias que se extenderán dende a costa cara o interior poden ser localmente treboentas. Pola tarde, todo o litoral en alerta amarela por vento e ondas
Personalidades da política, a cultura e a comunicación, acuden á Casa de Galicia en Madrid, para dar o último adeus a Fernando Ónega, o xornalista natural do concello lucense de Pol, que foi protagonista en primeira liña da Transición, e considerado un mestre do xornalismo | Na terceira xornada de folga de médicos de atención primaria, a Xunta anuncia para mañá unha nova negociación cos convocantes. Queren abordar aspectos como a definición da xornada laboral e a voluntariedade das gardas dos sábados nos PAC | Mulleres de distintas orixes e profesions, xuntas para prestarse apoio mutuo, nun entorno rural. É a Rede Todas Nós, formada na Costa da norte | Hai 30 anos que empezaban a soar os instrumentos da Real filharmonía de Galicia, A orquestra que hoxe actúa en Vigo no Centro Afundacion. Co director actual, o suizo Balmur Brönnimann, facemos un repaso da traxectoria dunha formación que ten acadado prestixio dentro dos afeccioados á música clásica
As gaitas chegan á Casa de Galicia en Madrid onde está a capela ardente de Fernando Ónega. É a despedida ao xornalista galego que faleceu onte aos 78 anos. Cunha longa traxectoria no xornalismo a súa voz e ton reflexivo convertíronno nun referente da transición | Reunión mañá na sede do Sergas para tentar desbloquear a folga indefinida dos médicos de atención primaria convocada por O´mega, sindicato maioritario| Dende Bruxelas, onde asiste ao Comité das Rexións, o presidente da Xunta critica a política exterior de Pedro Sánchez, tralo anuncio de Donald Trump de romper relacións comerciais con España | Hai 30 anos botaba a andar a Real filharmonía de Galicia, a orquestra con sede en Santiago, que hoxe actúa en Vigo no Centro Afundacion. Co director actual, o suizo Balmur Brönnimann, facemos un repaso da traxectoria da formación
Personalidades da política, a cultura e a comunicación, acuden á Casa de Galicia en Madrid, para dar o último adeus a Fernando Ónega | Na terceira xornada de folga de médicos de atención primaria, a Xunta anuncia para mañá unha nova negociación cos convocantes | Dende Bruxelas, onde asiste ao Comité das Rexións, o presidente da Xunta critica a política exterior de Pedro Sánchez, tralo anuncio de Donald Trump de romper relacións comerciais con España | Mulleres de distintas orixes e profesions, xuntas para prestarse apoio mutuo, nun entorno rural. É a Rede Todas Nós, formada na Costa da morte
Ceos despexados con presenza de brétemas costeiras e néboas en comarcas do interior. Nubes de evolución pola tarde, sen demasiadas consecuencias. Pola noite brétemas costeiras pola metade oeste. Máximas dende os 18 graos da Coruña aos 23 de Ourense
Mensaxes de tranquilidade por parte dos galegos que residen en cidades de Oriente Medio onde están a rexistrarse ataques de represalia por parte de Irán, trala ofensiva de Estados Unidos e Israel. Din sentirse seguros, a espera das instruccións das autoridades | O Paro sube oito décimas en Galicia no mes de febreiro, segundo os datos publicados hoxe. Os servizos son o sector que máis contribúe ao aumento, mentres baixa na construcción e na industria. As afiliacións á Seguridade Social aumentan en máis de 16.000 respecto a hai un ano | Protesta de productores de mel para reclamar medidas de control sobre os produtos importados. Din que contribúen ao desplome dos prezos. Piden aos consumidores que opten polo mel de alta calidade de elaboración artesanal que contribue tamén dinamizar o rural | Malestar dos mariscadores de Rianxo ante o que califican de desastre sen precedentes, pola mortaldade practicamente total da producción tralos temporais do inverno. A Xunta pide cautela á espera de recopilar máis datos sobre o terreo
Chegan mensaxes de tranquilidade por parte de galegos que residen en cidades de Oriente Medio onde están a rexistrarse ataques de represalia por parte de Irán, trala ofensiva de Estados Unidos e Israel. Din sentirse seguros, a espera das instruccións das autoridades | Galicia e unha das comunidades nas que subiu o paro en febreiro. Aumentou case 8 décimas, sobre todo no sector servizos, ainda que hai 5.000 parados menos que hai un ano. As afiliacións á Seguridade Social seguen á alza | Malestar dos mariscadores de Rianxo ante o que califican de desastre sen precedentes, pola mortaldade practicamente total da producción tralos temporais do inverno. A Xunta pide cautela á espera de recopilar máis datos sobre o terreo | O mundo das máscaras, tamen do Entroido que acabamos de celebrar, está exposto no Museo do Pobo Galego. Trátase dunha coleccion con pezas ibéricas, de Italia e Romanía. Algunhas foron distinguidas como patrimonio inmaterial da Humanidade pola Unesco |
Mensaxes de tranquilidade por parte dos galegos que residen en cidades de Oriente Medio, onde se rexistran ataques de represalia por parte de Irán | O Paro sube oito décimas en Galicia no mes de febrero. Os servizos son o sector que máis contribúe ao aumento, mentres baixa na construcción e na industria | Protesta de productores de mel para reclamar medidas de control sobre os produtos importados | Mariscadores de Rianxo falan de mortaldade practicamente total da producción tralos temporais do inverno
Situación intermedia entre a borrasca Regina e o anticiclón dos Azores, cun corredor de vento do nordés no litoral ao final do día. Xornada de grandes claros con algunhas nubes altas, sen descartar algún chuvasco ocasional máis probable en zonas de montaña. As temperaturas soben de xeito notable con máximas por riba dos 20 graos.
Alivio nas mariscadoras de Pontevedra, no primeiro día de faena, trala sucesión de temporais de inverno. Comproban que boa parte da ameixa logrou sobrevivir ás riadas | As confrarías da Ría de Arousa, en cambio, falan dunha elevadísima mortaltade, que pode poñer en perigo mesmo a sua continuidade, e reclaman medidas urxentes | Primeira Xornada da Folga indefinida de Médicos galegos de Atención primaria. Os convocantes falan dun 70 por cento de seguemento que o Sergas rebaixa ao 5 por cento | A Fiscalía interpón unha querela contra o alcalde de Monforte José Tome, tras recibir unha denuncia dunha presunta vítima de acoso. Tomé dimitíu como presidente da Deputación de LUgo logo de acusación contra él a través dunha canle interna do partido socialista | O celtismo comeza a soñar de novo con Europa coa nova remontada dos celestes. A vitoria contra o Girona colócaos en sexta posición na liga. E tamén remontada do Deportivo. No último minuto os herculinos conseguiron gañar os tres puntos
Volta o marisqueo na Ría de Pontevedra. Por primeira vez logo da sucesión de temporais do inverno, as mariscadoras regresaron hoxe á Praia Había temor ante unha posible mortaldade masiva, pero comprobaron con alivio que boa parte da ameixa logrou sobrevivir ás riadas | O marisqueo na ría de Arousa, en cambio, está seriamente danado, cunha elevada mortaltade do marisco | A Fiscalía interpón unha querela contra o alcalde de Monforte José Tome, tras recibir unha denuncia dunha presunta vítima de acoso | 3.000 médicos estan chamados á folga de atención primaria que comeza hoxe e que ten carácter indefinido. Están rotas tódalas vías de negociación | Triple medallas de atletas galegos esta fin de semana no Campionato de España de Pista Curta celebrado en Valencia. Belén Toimil subiuse ao mais alto do podio en lanzamento de peso