Continúa a influencia das altas presións aínda que vai entrando aire frío nas capas altas da atmosfera que deixa algo de inestabilidade. Deste xeito predominan as nubes de tipo medio e alto, con posibilidade dalgún chuvasco moi illado e ocasional no interior pola tarde. As Temperaturas, sen cambios ou con lixeiros descensos, máximas entre os 18 graos de Lugo e os 21 de Pontevedra
Silencio polas vítimas dos accidentes de tráfico no Día Mundial que chama a atención sobre este problema | O histórico narcotraficante Sito Miñanco volveu hoxe a xuízo na Audiencia Nacional, xunto a 47 membros da súa organización. Están acusados do transporte de case 4 toneladas de cocaína | Comeza en Ourense un xuízo no que por primeira vez nesta provincia se pide para un a un acusado a prisión permanente revisable. Trátase dun enfermo mental que matou a unha moza a coiteladas e que intentou asasinar tamén ao seu noivo | A Xunta contempla a convocatoria de 600 prazas para a administración durante o próximo ano | Pacientes de alzheimer elaboran receitas do seu recordo nas cociñas dos mellores chefs de Galicia
Silencio polas vítimas dos accidentes de tráfico no Día Mundial que chama a atención sobre este problema. No que vai de ano nas estradas galegas morreron 82 persoas... As asociacións de vítimas piden que no código penal se cree unha nova figura para o homicidio vial | O histórico narcotraficante Sito Miñanco volveu hoxe a xuízo na Audiencia Nacional, xunto a 47 membros da súa organización. Están acusados do transporte de case 4 toneladas de cocaína, un dos maiores alixos incautados en España. Entre eles está, Gonzalo Boye, avogado do expresidente de la Generalitat, Carles Puigdemont | A Xunta contempla a convocatoria de 600 prazas para a administración durante o próximo ano. O proxecto de orzamentos para o ano que vén, que roza os 14.000 millóns de euros continúa a tramitación parlamentaria ao rexeitar a maioría do Partido Popular as enmendas á totalidade da oposición | Pacientes de alzheimer elaboran receitas do seu recordo nas cociñas dos mellores chefs de Galicia. É o proxecto 'Os sentidos da memoria', ideado pola federación de afectados por esta enfermidade, que inclúe un documental con estas sesións de cociñado, para visibilizar as demencias e a loita contra os seus efectos
Minutos de silencio polas vítimas dos accidentes de tráfico, no Día Mundial que chama a atención sobre este problema. No que vai de ano nas estradas galegas morreron 82 persoas. As asociacións de vítimas piden que no código penal se cree unha nova figura para o homicidio vial |A Xunta anuncia, tralo Consello, que dende hoxe, ponse en marcha un paquete de medidas para facer fronte aos riscos de inundación na conca Galicia-costa | Sito Miñanco volve sentar no banco dos acusados. Esta mañá comezaba na Audiencia Nacional o xuízo contra o histórico capo e 47 membros da súa organización. Son os presuntos responsables do transporte frustrado de case 4 toneladas de cocaína |
Situación intermedia entre unha borrasca situada ao suroeste de Portugal e un anticiclón ao norte. Temos ceos con alternancia de nubes e claros e con chuvascos ocasionais que pola tarde serán máis probables no sur. Mañá agardamos un día moi semellante e xa o domingo recuperamos a influencia anticiclónica con ceos máis despexados. As temperaturas soben e as máximas volverán roldar os 20 graos durante toda a fin de semana.
Dúas persoas falecidas e tres feridas. Son as consecuencias dun accidente de tráfico múltiple no concello coruñés de Vedra | Última sesión do xuízo polo crime de Samuel Luiz | Conta atrás para o acendido das luces de Nadal en Vigo. Queda un día, e nas rúas apúranse os traballos de montaxe. Os hoteis prevén unha alta ocupación | Os instrumentos milenarios do músico lucense Abraham Cupeiro soarán na BSO de Gladiator 2, que se estrea hoxe
Dúas persoas falecidas e tres feridas. Son as consecuencias dun accidente de tráfico múltiple rexistrado esta madrugada no concello coruñés de Vedra. Os falecidos eran os condutores dos dous vehículos que chocaron de fronte | Última sesión do xuízo polo crime de Samuel Luiz. Os avogados defensores afirman que non se presentaron probas para atribuírlles o delito de asasinato | Conta atrás para o acendido das luces de Nadal en Vigo. Queda un día, e nas rúas apúranse os traballos de montaxe nos que participan centos de traballadores. Os hoteis prevén unha alta ocupación | Os instrumentos milenarios do músico lucense Abraham Cupeiro soarán na area do Coliseo de Roma. Hoxe chega aos cinemas Gladiator 2, e Cupeiro participa na banda sonora da superprodución de Ridley Scott
Dúas persoas falecidas e tres feridas. Son as consecuencias dun accidente de tráfico múltiple rexistrado esta madrugada no concello coruñés de Vedra. Os falecidos eran os condutores dos dous vehículos que chocaron de fronte | Última sesión do xuízo polo crime de Samuel Luiz | Queda pouco máis dun mes para o Nadal e xa empeza a notarse nos comercios e nos mercados. Co fin de aforrar, moitos adiantan a novembro a compra de peixe e marisco para conxelar | Os instrumentos milenarios do músico lucense Abraham Cupeiro soarán na area do Coliseo de Roma. Hoxe chega aos cinemas Gladiator 2, e Cupeiro participa na banda sonora da superprodución de Ridley Scott
Detido, de mañanciña, Humberto González, o home, de 38 anos, sospeitoso de matar en Baiona a Estela Blach, coa que mantivera unha relación. Levaba cinco días agochado nun galpón, na parroquia de Belesar, sen comida.| O xuízo polo crime de Samuel Luiz chega á súa recta final. As partes expoñen hoxe as súas conclusións. No caso das acusacións, manteñen que se trata dun asasinato causado por un grupo, do que non se pode desvincular a ninguén, e con agravante de homofobia | Cando faltan dous días para o acendido das luces de Nadal de Vigo asociacións veciñais critican as molestas que provoca a festa e propoñen protestar colgando sabas brancas nos balcóns | Hoxe a radio é protagonista. Cúmprense 100 anos das primeiras emisións radiofónicas en España. Os compañeiros de Radio Nacional de España en Galicia sacan á rúa o informativo territorial
Detido, de mañanciña, Humberto González, o home de 38 anos, sospeitoso de matar en Baiona a Estela Blach, coa que mantivera unha relación. Levaba cinco días agochado nun galpón, na parroquia de Belesar, sen comida. Foi a sua propia nai a que deu aviso do seu paradoiro | no xuízo polo crime de Samel Luíz, alegato final da fiscalía e das acusacións particulares. Coinciden en considerar probado que se tratou dun asasinato cometido por unha manada grupal, na que participaron todos os acusados e coa agravante de homofobia | Arranca a recolllida de mostras de ADN para o Proxecto Xenoma, unha iniciativa científica que pretende realizar un cribado xenético masivo de enfermidades e contribuir ao avance da medicina personalizada. Mil persoas de entre 35 e 70 anos serán citadas nas próximas semanas mediante mensaxes electrónicas para unha proba piloto | Hoxe a radio é protagonista... Cúmprense 100 anos das primeiras emisións radiofónicas en España. Co gallo deste aniversario, os compañeiros de Radio Nacional de España en Galicia sacaron á rúa o informativo territorial da unha e dez, para estar aínda máis preto da cidadanía... Un programa especial para repasar a importancia histórica deste medio e os momentos fundamentais da radio en Galicia
Galicia volve quedar nunha situación intermedia entre o anticiclón e as baixas presións. Día de ceos con nubes e claros e posibilidade de chuvascos que serán máis probables no sur e oeste nas últimas horas do día. As temperaturas experimentan un moderado ascenso, con máximas que van dos 17 graos en Lugo aos 22 en Pontevedra
Detido Humberto González, o home de 38 anos, sospeitoso de matar en Baiona a Estela Blach, coa que mantivera unha relación | No xuízo polo crime de Samel Luíz, as acusacións coinciden en considerar probado que se tratou dun asasinato cometido por unha manada grupal coa agravante de homofobia | Arranca a recolllida de mostras de ADN para o Proxecto Xenoma | asociacións veciñais critican as molestas que provoca a festa do Nadal en Vigo e propoñen protestar colgando sabas brancas nos balcóns | os compañeiros de Radio Nacional de España en Galicia sacaron á rúa o informativo territorial
Galicia volve quedar nunha situación intermedia entre o anticiclón e as baixas presións. Día de ceos con nubes e claros e posibilidade de chuvascos que serán máis probables no sur e oeste nas últimas horas do día. As temperaturas experimentan un moderado ascenso, con máximas que van dos 17 graos en Lugo aos 22 en Pontevedra
Un embolsamento de aire frío deixa hoxe unha xornada de ceos con intervalos nubosos e chuvascos, máis probables no extremo norte, e pola tarde no sur da provincia de Ourense. A cota de neve sitúase arredor dos 1.200 metros. As temperaturas seguen en lixeiro descenso, con máximas que non pasarán dos 13 graos en Lugo ou 16 en Ourense. Ventos do nordés con intervalos fortes en zonas altas
Diego Montaña, principal sospeitoso do crime, recoñece a agresión a Samuel Luiz, aquela noite | A Garda Civil investiga o incendio ocorrido nunha vivenda no concello do Grove, co resultado dunha muller falecida | A viguesa Laura Fernández, doente cun cancro terminal, reclama recibir a eutanasia. A Comisión de garantías do Sergas estuda a sua solicitude dende finais de outubro | Ao longo das próximas horas prestarán declaración xudicial os tres detidos pola morte violenta dun dos praceiros máis coñecidos do Mercado de Abastos de Santiago, Antonio Costa | Santiago convertese hoxe no epicentro da comunidade empresarial. Cerca de mil Directivos de ámbito nacional comparten cen consellos, o que consideran claves do exito das súas empresas
Diego Montaña, principal sospeitoso do crime, recoñece a agresión a Samuel Luiz, aquela noite. Xunto a él, no xuizo, dan a súa versión do ocorrido Alejandro Freire e Kaio Amaral os outros acusados que permanecen en prisión, e que se declaran inocentes | A Garda Civil investiga o incendio ocorrido nunha vivenda no concello do Grove, co resultado dunha muller falecida. O seu marido puido ser rescatado de entre o lume, e quedou ingresado na UCI. Outras catro persoas tiveron que ser atendidas por inhalación de fume | A viguesa Laura Fernández, doente cun cancro terminal, reclama recibir a eutanasia. A Comisión de garantías do Sergas estuda a sua solicitude dende finais de outubro. Dende a unidade de paliativos do Hospital do Meixoeiro Laura anima a facer o testamento vital | Hoxe imos achegarnos ao traballo de Chago Martínez, coñecido ferreiro de Compostela, que traballou durante máis dunha década na restauración da catedral de Santiago, un labor que lle permitiu descubrir técnicas tradicionais para tratar o ferro antigo, e que lle valeron recoñecementos como un premio do colexio de arquitectos
Diego Montaña, principal sospeitoso do crime, recoñece a agresión a Samuel Luiz, a noite do crime. Xunto a él, no xuizo, dan a súa versión do ocorrido Alejandro Freire e Kaio Amaral os outros acusados que permanecen en prisión, e que se declaran inocentes | No Grove, a Garda Civil investiga as causas do incendio nunha vivenda no que morreu unha muller esta pasada noite. O seu home , que puido ser rescatado ,permanece na UCI do hospital Montecelo.Outras catro persoas tiveron que ser atendidas por inhalación de fume | No coche, na cama, ou mesmo mentres nos duchamos. A radio pode ser compañía en moitos momentos da nosa vida. Hoxe quixemos coñecer historias de radiooíntes, de xente que vive pegada ao transistor e que non entende a vida sen a compaña dese aparello
Seguimos baixo a influencia das altas presións, con néboas en comarcas do interior que deixan paso a ceos pouco nubrados ou despexados. Nubes tan so no terzo norte que deixan algúns chubascos. A cota de neve sitúase arredor dos 1.200 metros, mentres as temperaturas experimentan un notable descenso, con máximas que van dos 15 graos en Lugo aos 21 en Vigo
Detidos xa os tres presuntos implicados na morte do carniceiro Antonio Costa, ocorrida na praza de Abastos de Santiago, a primeira hora da mañá | Efectivos da Policía Nacional desaloxan un edificio que albergaba a un grupo de 14 okupas, no centro de Ribeira | Os colexios de farmacéuticos advirten da crecente demanda entre menores de medicamentos como laxantes, diuréticos ou complementos alimentarios | Asociacións veciñais, ecoloxistas e sociais, presentan a Plataforma Fronte á Masificación Turística Vigo- O Morrazo. Demandan máis regulacións | Palas de Rei, na comarca lucense da Ulloa, ao pe do camiño de Santiago, acaba de ser elexido polos usuarios dunha aplicación turística como o municipio máis bonito de Galicia. Entre os seus atractivos, o Castelo de Pambre, unha das fortalezas mellor conservadas
Detidos xa os tres presuntos implicados na morte do carniceiro Antonio Costa, ocorrida na praza de Abastos de Santiago, a primeira hora da mañá. As hipóteses da investigación apuntan a que, no transcurso dunha liorta, A vítima, recibíu un forte golpe na cabeza cunha barra de ferro | Efectivos da Policía Nacional desaloxan un edificio que albergaba a un grupo de 14 okupas, no centro de Ribeira. Segundo os veciños, os residentes levaban cinco anos instalados en 18 vivendas, pertencentes a SAREB. O abandono tivo lugar sen incidentes | Os colexios de farmacéuticos advirten da crecente demanda entre menores de medicamentos como laxantes, diuréticos ou complementos alimentarios. Utilízanos pra adelgazar ou modificar a dieta. Din que os trastornos relacionados coa alimentación afectan xa a un 5 por cento dos adolescentes | As emisións de radio en España cumpren 100 anos. Para celebralo, recollemos o testemuño de locutores históricos de RNE en Galicia: Antón Luaces, Moncho Viña e Ricardo Sandoval. Lendas vivas da historia deste medio informativo. Dende cando era case artesanal ata as novas tecnoloxías que imperan na actualidade
Loito na Praza de Abastos de Santiago pola morte violenta de Antonio Costa, carniceiro recoñecido na cidade. O suceso tivo lugar a primeira hora da mañá no propio mercado. Hai dous detidos e outra persoa está en busca e captura | Esta semana cúmprense 100 anos das primeiras emisións da radio en España. Para celebralo, invitamos a algúns locutores históricos de RNE en Galicia. Lendas vivas de como se fixo a radio. Dende anos atrás, cando este medio era case artesanal ata a actualidade | Palas de Rei, na comarca lucense da Ulloa, acaba de ser elexido polos usuarios dunha aplicación turística como o municipio máis bonito de Galicia. Entre os seus atractivos, o Castelo de Pambre, unha das fortalezas mellor conservadas
Comeza a semana baixo a influencia das altas presións. Ceos con nubes e claros que deixan apenas algún chuvasco ocasional no extremo norte. A nubosidadetende a desaparecer pola tarde. As temperaturas mínimas sofren un lixeiro descenso, mentres que as máximas non terán cambios significativos
Concentracións de repulsa polo asasinato de Estela Blach, confirmado xa como caso de violencia de xénero. Mentres, continúa a busca do sospeitoso centrada nos arredores de Baiona|A Xunta aprova en Noia completar a Autovía que une Santiago con esa localidade|Os grupos da oposición rexeitan que Alberto Núñez Feijóo non sexa citado na Comisión de investigación sobre os contratos da Xunta|Primeiro día de apertura da campaña da centola e volta ao mercado dun dos produtosmáis demandados e cotizados de cara ao Nadal. O sector confía en recuperarse tras un ano de caída xeneralizada das vendas| Hoxe é o día das Librarías, Lugares ondemoitos lectores acuden para atoparbosconsellos sobre lectura
Sucédense as concentracións de repulsa polo asasinato de Estela Blach, confirmado xa como caso de violencia de xénero, o cuarto no que levamos de ano en Galicia, e que fai o número 40 das rexistradas no conxunto de España. Mentres, continúa a busca do sospeitoso centrada principalmente nos arredores de Baiona|Reunión do consello da Xunta, hoxe, en Noia, para decididir completar a Autovía que une Santiago con esa localidade, As obras do treito que falta, dendeBrión comenzarán en 2026. Tamen anuncia que as persoas inscritas como demandantes de empregoterán que asinar un acordo de actividade|Primeiro día de apertura da campaña da centola e volta ao mercado dun dos produtosmáis demandados e cotizados de cara ao Nadal. Nalonxa do Grove, unha das de referencia, a maioría dos barcos lograron os topes de capturas logo de varias horas de traballo. O sector confía en recuperarse tras un ano de caída xeneralizada das vendas|Hoxe é o día das Librarías. Lugares ondemoitos lectores acuden para atopar un bosconsellos. Nos Achegámonos a algúnsestablecementos de Santiago para recibir as recomendaciónsdunlibreiro especializado en libros antigos e outro no mundo do comic
Novo acto en Baiona para amosar a consternación polo asasinato de Estela Blach, de 36 anos, confirmado xa como caso de violencia de xénero, o cuarto no que levamos de ano en Galicia. Mentres, continúa a busca do sospeitoso|Reunión do Consello da Xunta na vila coruñesa deNoia. Alíaproveitou para anunciar investimentos na comarca como a creación dunnovo centro de saúde, ou o desdobramento da vía entre Brión e Noia para convertelanunha autovía|Os grupos da oposición rexeitan que Alberto Núñez Feijóo non sexa incluido entre os citados a comparecer na Comisión de investigación sobre os contratos da Xunta durante a pandemia e o sobrecusto do Hospital AlvaroCunqueiro
Ceos cubertos pola chegada dunha fronte desde o noroeste. Na franxa atlántica, algúns chuvascos durante a mañá que se irán estendedo pola tarde. Chuvias que serán máis probables e intensas no terzo norte pero que remiten ao final do día. O resto da fin de semana baixan as temperturas e as chuvias serán máis probables durante a tarde do domingo
A Garda Civil busca ao presunto autor do asasinato dunha muller, na parroquia de Belesar, en Baiona. O cadaver foi atopado con signos de golpes, á entrada da casa del | Paro en todolos centros de traballo simbólico para expresar as condolencias polas persoas falecidas na catástrofe de Valencia| Segue a negociación entre os representantes dos partidos sobre quen será citado a comparecer na comisión de investigación dos contratos da Xunta sospeitosos de irregularidades | Abre en Santiago o centro Mestrelab, dedicado á investigación avanzada no deseño de ferramentas dixitais para os sectores farmacéutico e biotecnolóxico | Un referendum para decidir a futura ubicación da farola da Estrada. É o que se está a celebrar hoxe na localidade pontevedresa
A Garda Civil busca un home de 38 anos como presunto autor do asasinato da su ex parella, na parroquia de Belesar, en Baiona. Sobre él pesaba unha orde de afastamento da vítima. O cadaver foi atopado de madrugada, con signos de golpes, á entrada da casa del | Todos os traballadores estaban hoxe chamados a participar nun paro simbólico para expresar as condolencias polas persoas falecidas na catástrofe de Valencia. Os sindicatos e organizacións empresariais reclaman tamén apoio para salvar os empregos nunha zona devastada | Abre en Santiago o centro Mestrelab, dedicado á investigación avanzada no deseño de ferramentas dixitais para os sectores farmacéutico e biotecnolóxico. A empresa, con clientes entre os principais laboratorios e universidades do mundo, conta con crear uns 300 postos de traballo de alta cualificación | Un referendum para decidir a futura ubicación da farola da Estrada. É o que se está a celebrar hoxe na localidade pontevedresa. Os veciños participan no chamamento ás urnas para pronunciarse ante o polémico proxecto de trasladar o que moitos consideran un dos seus sinais de identidade
A Garda Civil busca a un home de 38 anos como presunto autor do asasinato da su ex parella, na parroquia de Belesar, en Baiona. Sobre él pesaba unha orde de afastamento da vítima. O cadaver foi atopado de madrugada, con signos de golpes, á entrada da casa dél | As organizacións empresariais e os sindicatos UGT, Comisións Obreiras e Uso convocan conxuntamente un paro de 10 minutos polos afectados pola DINA. Ademáis das condolencias polos falecidos piden axudas para evitar despidos e que as empresas que o perderon todo poidan recuperar a súa actividade | Os veciños da Estrada están chamados ás urnas hoxe e mañá. Van facer un referendum para decidir o futuro emprazamento da recoñecida coma "Farola da Estrada”
Seguimos baixo dominio anticiclónico. Néboas en comarcas do interior que deixan paso a ceos con intervalos de nubes de tipo alto que non impiden completamente o paso do sol. Cara á noite e durante a madrugada irán entrando nubes medias e baixas desde o oeste. As temperaturas sofren un lixeiro descenso, ainda así con máximas altas para época do ano
Material escolar, produtos de limpeza e xogos educativos. E o que reclaman dende os colexios que quedaron arrasados pola riada de Valencia. No colexio de Palas de Rei abordan unha iniciativa solidaria de recollida | Enfrontamento no concello de Vigo, entre os representantes do goberno municipal e os da oposición, a conta da reclamación de que as obras para conectar o AVE coa cidade de Porto estean rematadas para 2030 | A Xunta medirá os niveis de radon en centros sanitarios e educativos e fomentará o rexistro en vivendas e centros de traballo privados| Xuízo en Pontevedra ao mozo que en 2015 agrediu a Mariano Rajoy durante un paseo electoral | A poboación de Galicia suma máis de 5.000 novos residentes dos últimos tres meses. É o maior crecemento dende a crise económica de 2008
Material escolar, produtos de limpeza e xogos educativos. E o que reclaman dende os colexios que quedaron arrasados pola riada de Valencia. No colexio de Palas de Rei profesores e alumnos atenden o chamamento e abordan unha iniciativa solidaria de recollida, a que se están a unir dende outros centros da provincia de Lugo | Tenso enfrontamento hoxe, no pleno do concello de Vigo, entre os representantes do goberno municipal e os da oposición, a conta da reclamación de que as obras para conectar o AVE coa cidade de Porto estean rematadas para 2030. O alcalde Abel Caballero pedía ao PP e ao BNG que se disculpasen por anteriores posicionamentos para poder sumarse á iniciativa | A Xunta medirá os niveis de radon en centros sanitarios e educativos e fomentará o rexistro en vivendas e centros de traballo privados. E parte da estratexia para reducir a exposición a ese gas, un elemento radiactivo e que abunda na nosa comunidade, polo elevado contido en granito do subsolo e está considerado como unha das principais causas de cancro de pulmón | A poboación de Galicia suma máis de 5.000 novos residentes dos últimos tres meses. É o maior crecemento dende a crise económica de 2008, segundo os datos que hoxe publica o Instituto Nacional de Estatística. A evolución positiva débese á chegada de inmigrantes emigrantes retornados e descendentes que adquiren a nacionalidade