Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

A Xunta aproba incentivos para facilitar e abaratar a compra de chan industrial, prevendo vendelo entre un 20 e un 25% máis barato que agora; tamén dando facilidades de pago. É un dos acordos dun Consello tralo que Núñez Feijóo calificou de histórico o aumento das exportacións da empresas galegas, no pasado mes de abril // Comezaron as comparecencias ante a comisión de investigación sobre a fusión das caixas de aforros. Unha comisión que arranca marcada polas críticas da oposición que denuncia trabas e dificultades para acceder á documentación. O Partido Popular di que os deputados dispoñen de información dabondo para investigar o proceso. 20/06/13

Os traballadores dos estaleiros privados da Ría de Vigo secundan hoxe a folga convocada en toda España no Sector.Reclaman a implicación das administracións para lograr unha resolución favorable ao expediente sobre os incentivos fiscais (o tax lease) que non obrigue a devolver as axudas recibidas entre os anos 2002 e 2011 // A Xunta aproba incentivos para facilitar e abaratar a compra de chan industrial, prevendo vendelo entre un 20 e un 25% máis barato que agora; tamén dando facilidades de pago. É un dos acordos dun Consello tralo que Núñez Feijóo calificou de histórico o aumento das exportacións da empresas galegas, no pasado mes de abril // Unha empresa de Lugo, dedicada á biotecnoloxia, abre novas e mais amplas instalacions no poligono lugués do Ceao, debido ao seu elevado crecemento. AMSLAB, equipada con alta tecnoloxia, fai análises para os sectores agroalimentario, medio ambiental e farmaceutico. No ultimo ano multiplicou por tres a facturacion e por 5 o seu cadro de persoal. 20/06/13

Os traballadores dos estaleiros privados da Ría de Vigo secundan hoxe a folga convocada en toda España no Sector.Reclaman a implicación das administracións para lograr unha resolución favorable ao expediente sobre os incentivos fiscais // A Xunta aproba incentivos para facilitar e abaratar a compra de chan industrial, prevendo vendelo entre un 20 e un 25% máis barato que agora; tamén dando facilidades de pago. 20/06/13

Falta pouco máis dun dìa para que remate a primavera e entre oficialmente o verán. Pero no tempo non se nota. A culpa téna o aire frío situado ao norte da nosa posición e que fai que se formen continuamente borrascas que nos traen estas precipitacións e esta friaxe // Os hosteleiros din que o mal tempo lles está causando perdas. Os do Sur da comunidade calculan que as reservas para este verán se reduciron nunha cuarta parte respecto ás doutros anos nesta mesma época e sinalan que se fan cada vez máis a última hora co que a situaciòn meteorolóxica é máis decisiva // 75 barcos de Burela saen para a pesca do bonito, que se prolongará ata outubro. Fano ao xeito tradicional, de forma que non afecta a outras especies mariñas, e polo que piden cambios na normativa comunitaria e mais controis sobre barcos doutros paises. 19/06/13

Falta pouco máis dun dìa para que remate a primavera e entre oficialmente o verán. Pero no tempo non se nota. A culpa téna o aire frío situado ao norte da nosa posición e que fai que se formen continuamente borrascas que nos traen estas precipitacións e esta friaxe // Os hosteleiros din que o mal tempo lles está causando perdas. Os do Sur da comunidade calculan que as reservas para este verán se reduciron nunha cuarta parte respecto ás doutros anos nesta mesma época e sinalan que se fan cada vez máis a última hora co que a situaciòn meteorolóxica é máis decisiva // 75 barcos de Burela saen para a pesca do bonito, que se prolongará ata outubro. Fano ao xeito tradicional, de forma que non afecta a outras especies mariñas, e polo que piden cambios na normativa comunitaria e mais controis sobre barcos doutros paises. 19/06/13

Falta pouco máis dun dìa para que remate a primavera e entre oficialmente o verán. Pero no tempo non se nota. Os hosteleiros din que o mal tempo lles está causando perdas. Os do Sur da comunidade calculan que as reservas para este verán se reduciron nunha cuarta parte respecto ás doutros anos nesta mesma época. 19/06/13

A crise demográfica continúa a empeorar en Galicia. O ano pasado, morreron 10 mil persoas máis das que naceron. Somos a comunidade con peor saldo vexetativo de toda España // Aumentan as iniciativas para asesorar aos clientes de Novagalicia Banco con aforros atrapados nas preferentes. A Xunta reforzou as oficinas do Instituto Galego de consumo nas sete principais cidades para este fin. 18/06/13

Aumentan as iniciativas para asesorar aos clientes de Novagalicia Banco con aforros atrapados nas preferentes. A Xunta reforzou as oficinas do Instituto Galego de consumo nas sete principais cidades para este fin. Os perto de 40 mil afectados que non poden acollerse á arbitraxe teñen a oportunidade de achegarse a elas para recibir información das posibilidades que lles quedan para recuperar todo ou parte dos seus aforros. Tamén a Deputación de Pontevedra e os colexios de avogados ofrecen información a estes aforradores // A crise demográfica continúa a empeorar en Galicia. O ano pasado, morreron 10 mil persoas máis das que naceron, e somos a comunidade con peor saldo vexetativo de toda España // Luis Enrique, presentado coma novo adestrador do Celta para as proximas duas temporadas, di que vai apostar pola canteira ainda que recoñece que a curto prazo precisa xogadores de reforzo. 18/06/13

Aumentan as iniciativas para asesorar aos clientes de Novagalicia Banco con aforros atrapados nas preferentes. A Xunta reforzou as oficinas do Instituto Galego de consumo nas sete principais cidades para este fin // A crise demográfica continúa a empeorar en Galicia. O ano pasado, morreron 10 mil persoas máis das que naceron // Luis Enrique, presentado coma novo adestrador do Celta para as proximas duas temporadas. 18/06/13

Hoxe é o último día de prazo para que os afectados por preferentes soliciten seren admitidos na arbitraxe posta en marcha para os clientes de Novagalicia Banco. A Entidade conta con devolverlles os seus aforros, por ese procedemento, a un total de 36 mil clientes // Prestou declaración en Lugo o Concelleiro de Deportes de Santiago, Adrián Varela, imputado pola xuíza que instrúe o sumario da operación Pokémon. É o sexto representante do concello compostelán que comparece nos xulgados lucenses, despois do actual alcalde, do anterior rexedor e de varios concelleiros e asesores. 17/06/13

Hoxe é o último día de prazo para que os afectados por preferentes soliciten seren admitidos na arbitraxe posta en marcha para os clientes de Novagalicia Banco. A Entidade conta con devolverlles os seus aforros, por ese procedemento, a un total de 36 mil clientes. Outros 40 mil poderán optar a que lles reintegren só parte dos seus aforros, aceptanto quitas de entre o 20 e o 60% // Continua a investigacion para tratar de dar coa nai do bebé recén nado que apareceu abandonado no concello da Estrada dentro dunha caixa de cartón utilizada pra repartir alimentos a familias con poucos recursos. O bebé está atendido e en perfecto estado na seccion de neonatos do hospital clinico de Santiago // Seguen hospitalizados en estado grave os dous rapaces da Peroxa, de 11 e 12 anos, ós que lles caeu enriba parte dunha casa abandonada na que buscaban madeira para facer unha cabana. O concello vailles lembrar aos veciños que deben ter conta das vivendas que teñan en estado ruinoso. 17/06/13

Hoxe é o último día de prazo para que os afectados por preferentes soliciten seren admitidos na arbitraxe posta en marcha para os clientes de Novagalicia Banco // Continua a investigacion para tratar de dar coa nai do bebé recén nado que apareceu abandonado no concello da Estrada dentro dunha caixa de cartón. 17/06/13

A Xunta e o Poder Xudicial chegaron a un acordo para reforzar os xulgados de Vigo e A Coruña para atender aos moitos afectados que se prevé recurran á via xudicial para que lles devolvan os cartos, ante o remate dos procesos de arbitraxe // Constituída, no novo concello de Oza-Cesuras, a Comisión xestora encargada de gobernalo ata as próximas eleccións municipais // A Semana Verde de Silleda , coas razas autóctonas e as últimas novedades na industria alimentaria, é unha das ofertas de actividade para unha fin de semana na que Lugo será outro dos puntos de atención, coa celebración do Arde Lucus. 14/06/13

Afectados polas participacións preferentes depositáronas hoxe en bolsas de lixo na oficina de Novagalicia Banco en Vigo // Sucedeu no mesmo día no que Xunta e Poder Xudicial chegaron a un acordo para reforzar os xulgados de Vigo e A Coruña para atender aos moitos afectados que se prevé recurran á via xudicial para que lles devolvan os cartos, ante o remate dos procesos de arbitraxe // Constituída, no novo concello de Oza-Cesuras, a Comisión xestora encargada de gobernalo ata as próximas eleccións municipais. Tamén foi elexido o seu Presidente, Pablo González, o ata agora alcalde de Oza // Entre os veciños que asistiron ao acto, algúns protestaron contra a fusión // A Semana Verde de Silleda , coas razas autóctonas e as últimas novedades na industria alimentaria, é unha das ofertas de actividade para unha fin de semana na que Lugo será outro dos puntos de atención, coa celebración do Arde Lucus, festa na que a cidade recupera o seu pasado romano. 14/06/13

A Xunta e o Poder Xudicial chegaron a un acordo para reforzar os xulgados de Vigo e A Coruña para atender aos moitos afectados que se prevé recurran á via xudicial para que lles devolvan os cartos, ante o remate dos procesos de arbitraxe // Constituída, no novo concello de Oza-Cesuras, a Comisión xestora encargada de gobernalo ata as próximas eleccións municipais. 14/06/13