Galicia vive unhas horas de tregua ata a chegada a media tarde de "Ruth", outro temporal de vento, chuvia e mar de fondo, debido a unha borrasca do Atlántico. 07/02/14
Sexta alerta vermella na costa. Activada en todo o litoral galego ata as oito da tarde. En terra o vento sopra con forza e xa superaron os 150 km por hora. A cicloxénese Qumaira barre hoxe toda a comunidade pero de momento sen causar grandes estragos // A maioría da flota segue amarrada, por mor do mal estado do mar. Unha boa parte dos barcos pesqueiros levan así dous meses, nos que só ao abrigo das rías foi posible faenar, e non todos os días. Unha inactividade que fai escasear o peixe nos mercados e aumentar moito os prezos // A Audiencia Nacional ordena o inmediato ingreso en prisión de Laureano Oubiña, en libertade dende o pasado 17 de xullo, pese a que xa é firme a condena de 4 anos de prisión que lle foi imposta por un delicto de branqueo de capitais procedentes do narcotráfico. 06/02/14
Sexta alerta vermella na costa. Activada en todo o litoral galego ata as oito da tarde. En terra o vento sopra con forza e xa superaron os 150 km por hora. A cicloxénese Qumaira barre hoxe toda a comunidade pero de momento sen causar grandes estragos // A maioría da flota segue amarrada, por mor do mal estado do mar. Unha boa parte dos barcos pesqueiros levan así dous meses, nos que só ao abrigo das rías foi posible faenar, e non todos os días. Unha inactividade que fai escasear o peixe nos mercados e aumentar moito os prezos // A xunta aproba o plan integral de turismo ata 2016, cos principais eixos no termalismo, a gastronomía e o camiño de Santiago. Busca aumentar o numero de visitantes estranxeiros. Alberto Núñez Feijoo anunciou que a Xunta acaba de colocar 500 millóns de euros a xuro do 1,89%, o mais baixo da serie historica, o que para Nuñez Feijoo constata a "solvencia" de Galicia. 06/02/14
Sexta alerta vermella na costa. Activada en todo o litoral galego ata as oito da tarde. A maioría da flota segue amarrada, por mor do mal estado do mar // A xunta aproba o plan integral de turismo ata 2016, cos principais eixos no termalismo, a gastronomía e o camiño de Santiago. 06/02/14
Na xornada de mañá, venres, persistirá o temporal de vento e choiva, xenerado polo paso dunha nova borrasca polo Atlántico, perto das nosas costas. 06/02/14
Confrarías de pescadores, mariñeiros e admistracións recontan os danos causados pola forza do mar que volveu desatarse, a primeira hora de hoxe. A borrasca deixou case duascentas incidencias en toda a comunidade, tanto na costa coma no interior, por vento e anegamentos.
Un remolcador de Salvamento Marítimo controla o barco dos Emiratos Árabes que segue á deriva a unhas 50 millas da costa da Coruña, logo de que os seus cinco tripulantes foran recatados, sen danos, por un helicóptero da Consellería de Pesca. O seu remolque está a ser dificultado polo mal estado do mar.
Quedaron en libertade con cargos os dous garda civís de Arousa detidos por presunta relación có tráfico de drogas. Os axentes, destinados nos cuarteis de Cambados e O Grove, terán, agora, a obriga de comparecer ante o xuíz cada 15 días, imputados por catro delictos. (05/02/14)
Galicia está hoxe nunha zona de transición, á espera dunha nova fronte que nos afectará na madrugada e que deixará de novo fortes ventos e chuvias intensas. (05/02/14)
Confrarías de pescadores, mariñeiros e admistracións recontan os danos causados polos temporais.
Un remolcador de Salvamento Marítimo controla o barco dos Emiratos Árabes que segue á deriva a unhas 50 millas da costa da Coruña.
As Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo recibe hoxe a súa acreditación como reserva da biosfera. (05/02/14)
Confrarías de pescadores, mariñeiros e admistracións recontan os danos causados pola forza do mar que volveu desatarse, a primeira hora de hoxe. A borrasca deixou case duascentas incidencias en toda a comunidade, tanto na costa coma no interior, por vento e anegamentos.
Un remolcador de Salvamento Marítimo controla o barco dos Emiratos Árabes que segue á deriva a unhas 50 millas da costa da Coruña, logo de que os seus cinco tripulantes foran recatados, sen danos, por un helicóptero da Consellería de Pesca. O seu remolque está a ser dificultado polo mal estado do mar.
As Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo recibe hoxe a súa acreditación como reserva da biosfera. Esta zona, que abrangue 17 concellos do norte da Coruña, foi distinguida con este título pola Unesco hai medio ano. Hoxe, representantes seus recollen o diploma en Madrid. sostebilidade. (05/02/14)
A intensidade do vento acadou xa refachos de máis de 140 km na Mariña de Lugo e en puntos altos das provincias de Pontevedra e A Coruña // A nova cicloxénese explosiva que nos está a afectar aconsella extremar as precaucións e mañá fará elevar a alerta ao máximo nivel en toda a costa // O paro subiu en Galicia en xaneiro en dez mil persoas. Hai agora 280 mil parados na nosa comunidade. A maior suba foi no sector dos servizos como é habitual despois do Nadal. A Seguridade Social perdeu algo máis de 13 mil afiliados // Declarou nos xulgados de Betanzos o empresario de Cambre que permanecera secuestrado durante cinco días ata ser rescatado pola garda civil. Cre que os secuestradores o confundiron con outra persoa, supostamente un irmán, e nega que tivera unha débeda con eles. 04/02/14
Petra xa está sobre Galicia. A nova cicloxénese explosiva que afecta á nosa comunidade deixa xa chuvias intensas e ventos de máis de 120 kilómetros por hora. A previsión é que se superen os 140, sobre todo na Mariña Lucense // O paro subiu en Galicia en xaneiro un 3.69%, en dez mil persoas, segundo os datos dos servizos de emprego, que sitúan en douscentos oitenta mil o número total de parados na nosa comunidade. A maior suba foi no sector dos servizos como é habitual despois do Nadal. A Seguridade Social perdeu 13.249 afiliados // Esta mañá entraron en servizo os 16 kilómetros que faltaban para rematar a autovía do Cantábrico en Galicia. Os dous treitos pendentes, entre Abadín e Mondoñedo, en Lugo, tiveron un investimento de 192 millóns de euros, os máis complexos da A-8 na nosa comunidade. Tras dez anos de obras, xa é posible circular todo por autovía desde A Coruña ata a fronteira con Cantabria. 04/02/14
Petra xa está sobre Galicia. A nova cicloxénese explosiva que afecta á nosa comunidade deixa xa chuvias intensas e ventos de máis de 120 kilómetros por hora // O paro subiu en Galicia en xaneiro un 3.69%, en dez mil persoas, segundo os datos dos servizos de emprego // Esta mañá entraron en servizo os 16 kilómetros que faltaban para rematar a autovía do Cantábrico en Galicia. 04/02/14
Temos un novo sistema frontal sobre Galiica,asociado a unha borrasca e que vai deixar choivas xeneralizadas, fortes en Pontevedra, suroeste da Coruña e Oeste de Ourense. 04/02/14
Amplíase cara ao leste da Mariña a busca do rapaz de 15 anos, que foi engulido por unha onda cando paseaba na bicicleta por un espigón, en Foz. Crese que as correntes puideron arrastralo. Unha zapatilla aparecida na costa de Barreiros e que se sospeita é do desaparecido parece confirmar esa hipótese // A neve impediu ir a clase a perto de 650 alumnos de trinta colexios e institutos de Ourense e Lugo. Sete centros escolares suspenderon a actividade, seis deles, en Ourense. Meteogalicia mantén o nivel de alerta amarelo ata as nove desta noite por nevaradas por riba dos 600-700 metros. 03/02/14
Amplíase cara ao leste da Mariña a busca do rapaz de 15 anos, que foi engulido por unha onda cando paseaba na bicicleta por un espigón, en Foz. Crese que as correntes puideron arrastralo // Os destrozos provocados pola cicloxénes Nadja na Coruña poden acadar o millón de euros. A forza do mar arrancou uns 150 metros da balaustrada de pedra que circunda a praia de Riazor // A neve impediu ir a clase a perto de 650 alumnos de 30 colexios e institutos de Ourense e Lugo. Sete centros escolares suspenderon a actividade, seis deles, en Ourense // O Alcalde de Lugo, López Orozco, do Partido Socialista, nega ter recibido sobres con subornos entregados pola empresa Vendex e di que non vai dimitir. E o Concello da Coruña rexeitou hoxe a demisión ou destitución do tenente de alcalde, Julio Flores, do Partido Popular, tamén imputado na Operación Pokémon. 03/02/14
Amplíase cara ao leste da Mariña a busca do rapaz de 15 anos, que foi engulido por unha onda // Os destrozos provocados pola cicloxénes Nadja na Coruña poden acadar o millón de euros // A neve impediu ir a clase a perto de 650 alumnos de trinta colexios e institutos de Ourense e Lugo. 03/02/14
Despois do temporal da fin de semana, maña o vento vai volver a zoar con moita forza, sobre todo no norte do pais. 03/02/14
Un grupo de veciños de Sanxenxo levan meses concentrándose contra a construcciòn de dous pantaláns cos que o Club Náutico da localidade pretende ampliar o porto deportivo. No Club náutico afirman que a lámina de auga estará mais limpa // Os cinco concelleiros socialistas ourensáns expedientados polo partido amósanse dispostos a dialogar pero din que non van ceder ante o que califican de presións .O Alcalde, ao que están enfrontados, pídelles que rectifiquen e advirte que, en caso contrario, serán excluídos do grupo de goberno // A xuíza instructora da Operación Pokemon levantou o segredo do sumario sobre 26 tomos desta macroinvestigación contra a corrupción. Boa parte da documentación refírese ás relacións presuntamente delictivas dos responsables da empresa Vendex con adxudicacións en varios concellos galegos. 31/01/14
Un grupo de veciños de Sanxenxo levan meses concentrándose contra a construcciòn de dous pantaláns cos que o Club Náutico da localidade pretende ampliar o porto deportivo. No Club Náutico afirman que a lámina de auga estará mais limpa // Os 5 concelleiros socialistas ourensáns expedientados polo partido amósanse dispostos a dialogar pero din que non van ceder ante o que califican de presións. O Alcalde, ao que están enfrontados, pídelles que rectifiquen e advirte que, en caso contrario, serán excluídos do grupo de goberno // O centro comercial Dolce Vita, aberto hai 5 anos na Coruña, pecha hoxe as suas portas. Foi o primeiro centro comercial grande e moderno que se inaugurou nesta cidade. Abríu cos seus 113 locais ocupados e nestes últimos meses só funcionaban 9. Agora pecha vitima da crise e da forte competencia doutros 10 centros comerciais abertos na cidade. 31/01/14
Un grupo de veciños de Sanxenxo levan meses concentrándose contra a construcciòn de dous pantaláns cos que o Club Náutico da localidade pretende ampliar o porto deportivo // Os cinco concelleiros socialistas ourensáns expedientados polo partido amósanse dispostos a dialogar // O centro comercial Dolce Vita, aberto hai cinco anos na Coruña, pecha hoxe as suas portas. 31/01/14