Recuperamos a influencia do anticiclón cun día de ceos pouco anubrados ou despexados. As temperaturas mínimas quedaron sen cambios e as máximas ascenderán moderadamente. 14/03/19
Xulgan en Pontevedra a un millonario portugués que presuntamente tentou matar á súa dona nun hotel de Vigo golpeándoa cun mazo // O Consello da Xunta acaba de aprobar a oferta de emprego na sanidade pública para este ano // Dous de cada dez nenos padecen obesidade e outro 23 por cento pesan máis do aconsellado // A catedrática da universidade de Santiago, María José Alonso, é a muller científica máis influínte de España // Primeira visita pública á torre do campanario da catedral de Ourense // Asistimos a un dos oitenta espectáculos que estes días ofrece o Festival Atlántica de narración oral en 16 cidades e vilas galegas. 14/03/19
Inditex volve batir o seu récord de vendas e beneficios en 2018, pero co menor crecemento da súa historia // Os xefes de servizo dos centros de saúde de Vigo que dimitiron hai tres meses consuman agora a súa renuncia irrevogable // Cayetana e Celia son dúas xemelgas galegas que comparten unha enfermidade ultrarrara: a heteroplasia ósea progresiva. 13/03/19
Inditex volve batir o seu récord de vendas e beneficios en 2018, pero co menor crecemento da súa historia // A cuestión lingüística centrou hoxe a sesión de control ao goberno, no parlamento galego // Os xefes de servizo dos centros de saúde de Vigo que dimitiron hai tres meses consuman agora a súa renuncia irrevogable // Arranca o xuizo contra o acusado de prender un lume en Ribeira, que puxera en risco un polígono industrial e o hospital do Barbanza, en 2013 // Cayetana e Celia son dúas xemelgas galegas que comparten unha enfermidade ultrarrara: a heteroplasia ósea progresiva // Estudantes de once concellos participan nun clube de debate que pretende fomentar a oratoria en galego e medir a capacidade de argumentar e convencer do alumnado. 13/03/19

Tralo paso da fronte fría do martes hoxe quedaremos nunha situación de chuvascos, con entrada de aire frío e con descenso notable de temperaturas, sobre todo en Ourense. Toda a costa galega está en alerta laranxa. 13/03/19
A catedral de Santiago amenceu con cinco pintadas contra a igrexa, a familia real e o partido de ultradereita VOX // A Garda Civil investiga o incendio dunha ambulancia de transporte sanitario que quedou totalmente calcinada esta noite na Cañiza // Terapia con cans en Betanzos para axudar aos neno vítimas da violencia de xénero. 12/03/19
A catedral de Santiago amenceu con cinco pintadas contra a igrexa, a familia real e o partido de ultradereita VOX // O conselleiro de sanidade explicou hoxe no Parlamento o novo modelo de atención primaria // A Garda Civil investiga o incendio dunha ambulancia de transporte sanitario que quedou totalmente calcinada esta noite na Cañiza // A familia dun mozo da Coruña, de orixe africana, estuda denunciar a unha discoteca da cidade por non permitirlle a entrada ao local // Os galegos reciclamos oito de cada dez envases de vidro que utlizamos // Terapia con cans en Betanzos para axudar aos neno vítimas da violencia de xénero. 12/03/19

Unha profunda borrasca fará que os ceos se vaian cubrindo conforme avance o día. Volven as chuvias e as temperaturas baixan. A cota de neve quedará á noite nos 1.000 metros. 12/03/19
Consternación e loito en Valga e Sober polas dúas primeiras vítimas galegas da violencia de xénero no que vai de ano // Unha cooperante de Cangas, entre os 157 mortos no accidente de avión ocorrido este domingo en Etiopía // O Forum Gastronómico celebra unha nova edición na Coruña, que serve de punto de encontro para os profesionais do sector. 11/03/19
Consternación e loito en Valga e Sober polas dúas primeiras vítimas galegas da violencia de xénero no que vai de ano // Unha cooperante de Cangas, entre os 157 mortos no accidente de avión ocorrido este domingo en Etiopía // Os veciños e fregreses da parroquia ourensá de Seixalbo piden que se axilice a investigación do suposto caso de acoso a un menor por parte do párroco // O BNG presenta a súa candidatura ás eleccións xerais, co obxectivo de recuperar a representación no Congreso // O Celta volve entrar en zona de descenso tras unha nova derrota, ante o Betis // O Forum Gastronómico celebra unha nova edición na Coruña, que serve de punto de encontro para os profesionais do sector. 11/03/19
A semana comeza con sol e ceos despexados, grazas á influencia do anticiclón. Será transitoria, porque mañá xa agardamos que volvan as chuvias. 11/03/19
Consternación e loito en Valga e Sober polas dúas primeiras vítimas galegas da violencia de xénero no que vai de ano // Unha cooperante de Cangas, entre os 157 mortos no accidente de avión ocorrido este domingo en Etiopía // Os veciños e fregreses da parroquia ourensá de Seixalbo piden que se axilice a investigación do suposto caso de acoso a un menor por parte do párroco // O BNG presenta a súa candidatura ás eleccións xerais, co obxectivo de recuperar a representación no Congreso // O Celta volve entrar en zona de descenso tras unha nova derrota, ante o Betis // O Forum Gastronómico celebra unha nova edición na Coruña, que serve de punto de encontro para os profesionais do sector. 11/03/19
Todas as cidades e moitas vilas galegas viven xa as mobilizacións para reclamar igualdade neste día internacional da muller // A Xunta pide consenso político e social para avanzar cara a igualdade efectiva e real // Escasa actividade e máis homes do habitual levando os nenos á escola ou nas prazas de abastos. 08/03/19
Todas as cidades e moitas vilas galegas viven xa as mobilizacións para reclamar igualdade neste día internacional da muller // A Xunta pide consenso político e social para avanzar cara a igualdade efectiva e real // Escasa actividade e máis homes do habitual levando os nenos á escola ou nas prazas de abastos // Pouca incidencia da folga no comercio, un dos sectores con máis mulleres // Ourense lembra a Asunción González, a primeira muller recoñecida oficialmente na cidade como vítima da violencia machista // A última serie para a plataforma Playz, de RTVE, está protagonizada por mulleres. 08/03/19

Ceos anubrados ou cubertos, que están máis despexados no sur. Ao final do día espéranse chuvias febles na franxa atlántica. 08/03/19
En moitas cidades e vilas comezan hoxe os actos de celebración do Día Internacional da Muller // Nesta véspera do 8 de marzo, a Xunta anuncia a creación das medallas Emilia Pardo Bazán // Medio cento de rapaces de sexto de primaria de Santiago recibiron hoxe o seu carné de Ciberexpertos. 07/03/19
En moitas cidades e vilas comezan hoxe os actos de celebración do Día Internacional da Muller // Nesta véspera do 8 de marzo, a Xunta anuncia a creación das medallas Emilia Pardo Bazán // A industria conserveira galega segue medrando en facturación e emprego e mantén ao sector español como líder da Union Europea // Os agricultores dos concellos limítrofes aos afectados pola praga da pataca deberán declarar os seus cultivos desde hoxe ata o 31 de maio // O pai de Diana Quer agarda unha sentenza axustada á crueldade do delito cometido, despois de que a Fiscalía pedise prisión permanente revisable para José Enrique Abuín Gey // Medio cento de rapaces de sexto de primaria de Santiago recibiron hoxe o seu carné de Ciberexpertos. 07/03/19