O ministro de Sanidade visitou en Vigo o laboratorio de microbioloxía do Hospital Alvaro Cunqueiro, pioneiro na técnica de cribado masivo. //Os casos activos sitúanse en 9.895 logo dunha xornada en que se volveron superar os 700 novos positivos detectados. A área sanitaria de Vigo segue a ser a máis afectada, mentres a de Ourense continua á baixa. //A Xunta anuncia axudas de ata 7.000 euros para os hosteleiros afectados polo peche de que entran en vigor mañá a medianoite. As contías dependerán do tamaño dos establecementos e do número de traballadores e poderán sumarse a outras bonificacións. //Os concelleiros do Partido Popular de Ourense descartan apoiar a moción de censura anunciada polos socialistas, para apartar a Jácome da Alcaldía, se non se pacta previamente un novo goberno de coalición. 05/11/20
A actividade non esencial quedará suspendida en Galicia a partir do próximo venres en 60 concellos que inclúen as principais cidades e suas areas metropolitanas, con confinamento perimetral e peche dos establecementos hostaleiros.//Galicia volve situarse por enriba do 600 contaxios diarios, despois de dúas xornadas de respiro. E por primeira vez desde o inicio da pandemia, todas as áreas sanitarias galegas superan os mil casos. //As cubas da fábrica de aluminio de Alcoa en San Cibrao, na Mariña de Lugo, seguirán funcionando. O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia acaba de ordenar á multinacional que se absteña de calquer acción dirixida a facer efectiva esa parada. //Asi poderán ser as clases nos centros de ensino, no caso dun confinamento xeral ou se hai que pechar unha aula ou un colexio. 04/11/20
A actividade non esencial quedará suspendida en Galicia a partir do próximo venres en 60 concellos que inclúen as principais cidades e suas areas metropolitanas, con confinamento perimetral e peche do interior dos establecementos hostaleiros//Os casos activos chegan hoxe a cifra de 9.642, logo de que durante o día de onte se volveran superar os 600 novos positivos, a terceira parte deles na área sanitaria de Vigo. Os pacientes hospitalizados aumentan a 563. //O Tribunal Superior de Xustiza ordena a Alcoa que manteña activadas cubas electrolíticas da Planta de Aluminio, como medida cautelar ante o ERE presentado pola empresa. O Tribunal Superior de Xustiza ordena a Alcoa que manteña activadas cubas electrolíticas da Planta de Aluminio, como medida cautelar ante o ERE presentado pola empresa. //O paro rexistrado aumenta en Galicia en máis de 4.700 persoas no último mes, cunha subida especialmente pronunciada nos servizos. O número de cotizantes da Seguridade Social repunta lixeiramente. 04/11/20
A actividade non esencial quedará suspendida en Galicia a partir do próximo venres en 60 concellos que inclúen as principais cidades e suas areas metropolitanas, con confinamento perimetral e peche do interior dos establecementos. //Os casos activos chegan hoxe a cifra de 9.642, logo de que durante o día de onte se volveran superar os 600 novos positivos, a terceira parte deles na área sanitaria de Vigo. Os pacientes hospitalizados aumentan a 563. Sete novos falecementos elevan o total de vítimas mortais a 951. //O Tribunal Superior de Xustiza ordena a Alcoa que manteña activadas cubas electrolíticas da Planta de Aluminio, como medida cautelar ante o ERE presentado pola empresa. Estima así a reclamación dos traballadores para evitar que o peche da factoría de San Cibrao se convirta en definitio. 04/11/20
Os falecidos pola Covid-19 ascenden a 944. Nas últimas horas rexistráronse menos de 500 novos contaxios, un leve descenso no ritmo de propagación do virus, pero segue aumentando a presión hospitalaria. //No Carballiño a evolución da pandemia está a ser moi positiva. Tras doce días consecutivos descendendo o número de casos activos hoxe teñen 96, son 92 menos que cando acadou ó pico de contaxios. //O sector da hostalaría intensifica as protestas polo impacto que as restriccións están a provocar na sua actividade. Advirten que moitos non poden evitar o peche definitivo e Reclaman medidas de rescate como a redución de impostos. //Na Comisión para a Reactivación da Cámara na que o BNG amosouse partidario de medidas contundentes de confinamento. 03/11/20
21 falecidos por coronavirus no último día en Galicia, a metade deles relacionados con residencias de maiores. A cifra de vítimas mortais aproxímase ás que se rexistraban nas peores xornadas da primeira VAGA, sobe tamén a presión hospitalaria //Os falecidos pola Covid-19 ascenden a 944. Os casos activos quedan en 9.376, despois de rexistrarse algo menos de 500 novos contaxios nas últimas horas, un leve descenso no ritmo de propagación do virus, que se constata sobre todo nas áreas de Ourense, Lugo e Santiago, anque os hospitalizados soben a 545 //O sector da hostalaría intensifica as protestas polo impacto que as restriccións están a provocar na sua actividade. Advirten que moitos non poden evitar o peche definitivo e Reclaman medidas reais de rescate //A decisiva contrareloxo entre Muros e o Miradoiro do Ézaro, primeira etapa en territorio galego da volta ciclista a España, está xa en marcha. Un duro percorrido con rampLas de ata un 30 por cento, que pon a proba o lideraDo de Carapaz. 03/11/20
21 falecidos por coronavirus no último día en Galicia, a metade deles relacionados con residencias de maiores. A cifra de vítimas mortais aproxímase ás que se rexistraban nas peores xornadas da primeira VAGA, sobe tamén a presión hospitalaria. Hoxe o comité clínico revisará as restriccións vixentes. //O sector da hostalaría intensifica as protestas polo impacto que as restriccións están a provocar na sua actividade. Advirten que moitos non poden evitar o peche definitivo e Reclaman medidas de rescate como a redución de impostos.. // O Presidente da Xunta comparecerá no Parlamento para dar conta da situación nesta segunda ondada da pandemia. Acordouno esta mañá a Xunta de Portavoces por unanimidade dos tres grupos. Na Comisión para a Reactivación da Cámara na que o BNG amosouse partidario de medidas contundentes de confinamento. 03/11/20
Controis de entrada e saída das cidades para tratar de frear os contaxios, mentras preocupa especialmente o avance na área de Ferrol, que en poucas semanas pasou de ser a de menor incidencia a rondar os mil casos activos. En Ourense os datos empezan a falar dunha lixeira mellora. // os casos activos rozan os 9.300, logo de que no último día a cifra total de contaxios baixara dos 600. As vítimas mortais foron nove, e Segue a aumentar a presión asistencial, con máis de 500 pacientes hospitalizados, dos que 77 están nas UCi. // Clases virtuais con control de asistencia e distribución de horarios. Así será a docencia non presencial para os alumnos galegos, a partir de terceiro de primaria, en caso de que teñan que gardar corentena por peche das aulas ou colexios. A Xunta prevé implantalo en tódolos centros a próxima semana. 02/11/20
Os expertos analizan cómo afectan os peches perimetrais das ciudades ao avance dos contaxios. De momento preocupan sobre todo os datos de aumento nas areas sanitarias de Vigo, Pontevedra e especialmente Ferrol. //Os casos activos rozan os 9.300, logo de que no último día a cifra total de contaxios baixara dos 600. As vítimas mortais foron nove, e Segue a aumentar a presión asistencial, con máis de 500 pacientes hospitalizados, dos que 77 están nas UCi. //Clases virtuais con control de asistencia e distribución de horarios. Así será a docencia non presencial para os alumnos galegos, a partir de terceiro de primaria, en caso de que teñan que gardar corentena por peche das aulas ou colexios. //Malestar entre a afección do Celta pola goleada encaixada en Balaídos. O 1-4 deixa en evidencia a pouca consistencia do equipo e complica a continuidade do adestrador. 02/11/20
Preocupación especial polos os datos de aumento de contaxio nas areas sanitarias de Vigo, Pontevedra e especialmente Ferrol, que en poucas semanas pasou de ser a de menor incidencia a rondar os mil casos activos. //No último día a cifra total de contaxios baixa dos 600. As vítimas mortais foron nove, e Segue a aumentar a presión asistencial, con máis de 500 pacientes hospitalizados, dos que 77 están nas UCi. // Clases virtuais con control de asistencia e distribución de horarios. Así será a docencia non presencial para os alumnos galegos, a partir de terceiro de primaria, en caso de que teñan que gardar corentena por peche das aulas ou colexios. A Xunta prevé implantalo en tódolos centros a próxima semana. 02/11/20
Chega unha fronte fría con chuvias. Diremos adeus ás temperaturas inusualmente altas para a época do ano, como os case 22 graos que tiñan esta madrugada na Coruña. De día de momento, non o notaremos pero á noite as previsións anuncian unha baixada de ata 10 graos. No mar, toda a costa galega está en alerta amarela por ondas de ata cinco metros. 02/11/20
Pechadas as sete principais cidades de Galicia. Dende as tres da tarde, Vigo, Coruña, Santiago, Lugo, Pontevedra e Ferrol, súmanse a unha situación na que xa se atopaba Ourense, sen poder entrar ou sair sen causa xustificada. A medida adoptada polo Comité Clínico durará como mínimo ata o martes. Inclue a limitación de reunións a persoas conviventes. // Os casos activos superan os 8.300, logo de contabilizarse máis de 700 novos contaxios, o peor rexistro nun día dende que comenzou a pandemia. 13 persoas faleceron nas últimas 24 horas, o que eleva a cifra de vítimas por riba das 900. //Sanidade acaba de autorizar que os 12 tripulantes do pesqueiro SANAMEDIO, todos positivos en coronavirus,((COLAS)) poidan pasar la corentena nas súas casas, cumprindo pautas preventivas no traslado. O barco, con varios tripulantes do Morrazo, atracou o mércores no porto de Marin e dende enton os mariñeiros permanecían confinados no interior. 30/10/20
Peche perimetral das sete principais cidades de Galicia a partir das tres da tarde. Vigo, Coruña, Santiago, Lugo, Pontevedra e Ferrol, súmanse a unha situación na que xa se atopaba Ourense. //As novas restriccións entran en vigor cando os casos activos superan os 8.300, logo de contabilizarse máis de 700 novos contaxios, o peor rexistro nun día dende que comenzou a pandemia. 13 persoas faleceron nas últimas 24 horas, o que eleva a cifra de vítimas por riba das 900. //As restriccións á mobilidade e o temor aos contaxios lastran os preparativos para o día de defuntos. As visitas aos camposantos, sometidas a estrictas limitacións de cabida e controis de circulación. //Vicente Risco, Otero Pedrayo, Castelao. A prolífica xeración de intelectuais que revitalizaron a cultura galega, foi bautizada co seu nome. Repasamos o legado da Revista Nos, que cumpre hoxe cen anos dende a sua primeira publicación. 30/10/20
Peche perimetral das sete principais cidades de Galicia dende as tres da tarde. Vigo, Coruña, Santiago, Lugo, Pontevedra e Ferrol, súmanse a unha situación na que xa se atopaba Ourense. //As novas restriccións entran en vigor cando os casos activos superan os 8.300, logo de contabilizarse máis de 700 novos contaxios, o peor rexistro nun día dende que comenzou a pandemia. 13 persoas faleceron nas últimas 24 horas, o que eleva a cifra de vítimas por riba das 900. //As restriccións á mobilidade e o temor aos contaxios lastran os preparativos para o día de defuntos. As visitas aos camposantos, sometidas a estrictas limitacións de cabida e controis de circulación. 30/10/20
Castela e León establece un confinamento perimetral de toda a Comunidade, que se suma ao xa vixente en Asturias, o que impide viaxar dende Galicia aos territorios veciños durante os próximos días. Un peche perimetral que Galicia non contempla polo momento. //Os contaxios detectados no último día volven superar os 600, coa área sanitaria de Vigo á cabeza. Os pacientes hospitalizados soben a 471, a cifra máis alta da segunda vaga, e nos centros de ensino contabilízanse cerca de mil positivos. // 55 millóns para rebaixar as peaxes na AP9 nos orzamentos do Estado.Socialistas e BNG celébrano como un cumprimento do pacto de investidura. A Xunta destaca que o investimento previsto en Galicia é o máis baixo dos últimos 15 anos. 29/10/20
Portugal restrinxe a a partir desta medianoite a mobilidade interna e pide expresamente aos galegos que non se despracen alí. Castela e León establece un confinamento perimetral de toda a Comunidade, que se suma ao xa vixente en Asturias. //Os contaxios activos marcan un novo record e rozan xa os 8.000. Os contaxios detectados no último día volven superar os 600. Os pacientes hospitalizados soben a 471, a cifra máis alta da segunda vaga, e nos centros de ensino contabilízanse cerca de mil positivos. //Investigadores da Universidade da Coruña traballan nun método para anticipar a aparición de gromos nas Residencias de Maiores mediante a análise das augas residuais. // 55 millóns para rebaixar as peaxes na AP9 nos orzamentos do Estado. Socialistas e BNG celébrano como un cumprimento do pacto de investidura. A Xunta destaca que o investimento previsto en Galicia é o máis baixo dos últimos 15 anos. 29/10/20
Castela e León establece un confinamento perimetral de toda a Comunidade, que se suma ao xa vixente en Asturias, o que impide viaxar dende Galicia aos territorios veciños durante os próximos días. //Os contaxios activos marcan un novo record e rozan xa os 8.000. Os contaxios detectados no último día volven superar os 600, coa área sanitaria de Vigo á cabeza. // Investigadores da Universidade da Coruña traballan nun método para anticipar a aparición de gromos nas Residencias de Maiores mediante a análise das augas residuais. // 55 millóns para rebaixar as peaxes na AP9 nos orzamentos do Estado. 29/10/20