Desperfectos e incidencias múltiples a consecuencia dunha treboada que moitos califican de histórica. Foron minutos de intensa chuvia, con forte vento e a saraiba, que provocaron o caos na cidade de Ourense, onde hoxe se facía reconto dos danos. // Potenciar a atención primaria no Sergas con máis orzamentos e mellorar o cadro de profesionais sanitarios. E a proposta que hoxe fixo pública o PSdeG-PSOE para a Sandade.// O alcalde de Ourense perdeu esta mañá a cuestión de confianza que se debatiu nun Pleno. Agora ábrese un prazo dun mes para que a oposición presente unha moción de censura. En caso de que non se presente ou se perda, quedará aprobada unha modificación de crédito de case 63 millóns de euros. // Reforzar a protección e a axuda as mulleres vítimas de Violencia Vicaria, e unha prioridade que comparten os grupos políticos en Galicia. BNG e Partido Popular, cocidiron hoxe na necesidade de consensuar unha mellora, para afrontar a dor que os violentos causan a través dos menores. 14-06-2021
A semana comenza con calor, ainda que van aumentando as nubes de evolución que deixan chubascos tormentosos, máis probables no interior. As temperaturas descenden lixeiramente. Ainda que en Santiago e Pontevedra inda rozan os 30 graos e en Ourense chegan a 35. 14-06-2021
A Ponte Vella de Ourense convertida en piscina, desbordada pola cantidade de auga caída. Foron Apenas 30 minutos de intensa treboada, con forte vento e a saraiba, e que abondaron para provocar numerosas incidencias e estragos na cidade. // No Vaticano, o Papa Francisco recibía ao presidente da Xunta, xunto co arcebispo de Santiago. Falaron dunha posible visita do Papa para celebrar o Xacobeo. // Reforzar a aprendizaxe de certas materias e axudar aos alumnos máis perxudicados polos efectos da Pandemia no Ensino. É o obxetivo dun plan presentado pola Xunta, no que participarán 1.200 profesores e uns 50.000 escolares. // O Pescados Tubén Burela amplía a sua lenda. Gañan a liga, a cuarta no seu palmarés, ao vencer en Madrid, e conseguen pleno de trunfos nesta temporada, logo da Supercopa, a copa da Raíña, a de Galicia. O Hockey Liceo conquista a copa do Rei, e acaba coa supremacía do Barça. 14-06-2021

A capa máis externa que rodea a terra mingua a causa dos gases de efecto invernadoiro. Os especialistas adviren de consecuencias sobre as telecomunicacións e o medio ambiente.
Coñecemos a historia do banco, construido por Manuel, un veciño da Estrada, para facilitar o descanso da sua muller, con artrose, cando pasean polo barrio, que carece de instalacións onde sentar. Despois de pedir sen éxito ao concello, que puxese un, decidíu instalalo coas suas propias mans. // Baixan un día máis os casos activos, hoxe son 1.581, pese a unha repunta dos novos contaxios detectados, que chegan a 105. A presión hospitalaria sobe tamén lixeiramente, hai 69 pacientes ingresados e deles están 14 nas UCI, un menos que onte.// O BNG comezou hoxe na Coruña unha recollida de sinaturas contra a suba do prezo da luz. Os nacionalistas denuncian que o goberno Central e a Xunta, seguen tomando medidas para favorecer as electricas // O PSdeG- PSOE fixo hoxe pública unha iniciativa para demandar medidas por parte da Xunta para lograr a paridade nos consellos de Administración das empresas e das institucións públicas. 11-06-2021
Seguen as altas temperaturas, con nubes baixas no litoral norte e formación de nubes de tormenta na provincia de Ourense que poderán deixar algún chubasco ao longo da tarde. A inestabilidade aumentará mañá, con maior posibilidade de chubascos treboentos na metade sur. 11-06-2021
Preparativos para recibir clientes nas salas de lecer nocturno. Será con mesas na pista de baile, medidores de CO2, e asistentes acreditados con PCR. Seis locais farán mañá a proba piloto para comprobar que é segura a reapertura de todo o sector, previsto para o 1 de xullo. // A Xunta actualizou os protocolos para os espectáculos ao aire libre. Permitiránse ata cinco mil asistentes de pé e ata dez mil no caso de ser con público sentado, e deixaráse comer e beber en espazos habilitados. // A suba do prezo da electricidade xunto co abaratamento dos paneis, aumentan o interése polas instalacións de enerxía solar para autoconsumo doméstico. Poden aforrar por riba do 50 por cento na factura da luz. // A estratosfera, a capa máis externa que rodea a terra, está a encoller, a causa dos gases de efecto invernadoiro. E a conclusión dun estudo internacional no que participan físicos da Universidade de Vigo. Advirten de consecuencias nas telecomunicacións e o medio ambiente. 11-06-2021

Galicia avanza na desescalada. O anuncio de que a maioría das restricións desaparecerán a partir do sábado, deixa unha sensación xeneralizada de alivio
As doses administradas en Galicia ascenden a algo máis de 2.147.000, coas que as persoas que teñen recibido alomenos unha suman xa máis da metade da poboación, un total de 1.365.624, un 50´5 por cento dos galegos. Coa pauta completa son 849.000, cerca do 32 por cento do total. O presidente da Xunta aclarou que algunhas restricións seguirán durante o verán. // O comité de empresa de Alcoa continúa as xuntanzas coas seis compañías candidatas a comprar a fábrica de San Cibrao.// Hoxe reuníronse con Sidenor que xunto con Atlas Trafigura, Aldel e Metalcorp son as interesadas na planta, segundo trascendeu. Ademáis da xa coñecida Liberty House. O comité indicou nun comunicado que a empresa española Sidenor, especializada no aceiro, busca diversificarse co aluminio e transmitiulles a intención de facer investimentos en San Cibrao // Considerada como unha das principais representantes da música africana moderna, Fatoumata Diawara, está hoxe no Auditorio de Galicia, en Santiago. Presenta o seu novo album, Fento, grabado entre o seu país, Mali, Burkina FAso, Barcelona e París. 10-06-2021
Mantense a influencia anticiclónica, con ventos do nordés e entrada de aire cálido desde o sur. Así, o ceo estará pouco nubrado ou despexado. Pola tarde medrarán nubes de evolución, que mesmo poderán deixar algún chuvasco treboento en zonas altas do interior. As temperaturas ascenderán lixeiramente. 10-06-2021
Pendentes do ceo, así estiveron moitos a mediodía, aproveitando que Galicia foi o miradoiro privilexiado do paso da lúa diante do sol, alí onde as nubes o permitiron. O seguinte eclipse será en outubro de 2022. // Hostaleiros e clientes celebran a ampliación ata 15 persoas nas terrazas e que os bares poidan ter aberto ata á unha da madrugada. E xa non haberá límite para as xuntanzas nas casas nin no exterior. // O Sergas reserva 20.000 doses semanais para administrar canto antes a quen, por distintos motivos, non acudiu á cita co seu grupo de idade. As persoas vacinadas con alguna dose son xa máis da metade da poboación, e o 32 por cento está coa pauta completa. // Pecha en Pontevedra o sanatorio Santa María logo de 72 anos como referente no centro da cidade. Os traballadores protestan pola premura da decisión, e moitos familiares dos ingresados buscan agora onde reubicalos. 10-06-2021

Sen límite para as reunións de non conviventes ao aire libre, a partir do sábado. A Xunta anula tamén a restrición nos domicilios de 1 a 6 da madrugada e autoriza xuntarse ata 15 persoas nas terrazas. Núñez Feijóo quere reabrir o lecer nocturno o 1 de Xullo. // A partir de xullo o Sergas empezará a inmunizar aos menores de 4o anos .Será un modelo mixto , con citación común e voluntaria, para que os cidadáns poidan decidir cándo queren ser vacinados. Continúa tamén a repesca dos de máis idade que non puideron atender ás primeiras citas. // Asociacións agrogandeiras de distintos puntos de España piden ante o Ministerio de Transición Ecolóxica que non se inclúa o lobo no catálogo de especies de especial protección, como está previsto a partir do próximo 25 de setembro. // Hoxe é o Día Internacional dos Arquivos e a Cidade da Cultura celébrao coa exposición "Camiños, paisaxe e patrimonio", que exhibe as diferentes rutas históricas do Camiño de Santiago. A mostra recolle as paisaxes, bens mobles e inmobles que está situados ao longo das vías de comunicación xacobeas.. // 09-06-2021
O Sergas intensifica a repesca de persoas que quedaron sen vacinar xunto co seu grupo de idade. O Hospital clínico de Santiago participa nun estudo internacional con voluntarios para comprobar que a vacina de Pfizer é segura en nenos de entre 5 e 12 anos. // Ningún concello estará, a partir do sábado, en nivel alto de restricións. A gran maioría están en nivel medio-baixo. Os hospitalizados baixan a un total de 71. // O concello de Verín anula o proceso de selección dun posto de traballador social que foi gañado pola filla do alcalde. Unha comisión detecta irregularidades na realización da proba práctica, que foi suspendida polos demáis aspirantes. // A proliferación de grandes encoros e a decadencia dos mosteiros. Son motivos aducidos polos expertos da Unesco para desaconsellar que a Ribeira Sacra sexa declarada Patrimonio da Humanidade. Asociacións culturais piden que se replantexe a candidatura.09-06-2021
O anticiclón instalado sobre Galicia mantén os ceos despexados en xeral, con tan so algunhas nubes altas no terzo norte pola mañá e bancos de néboa no interior. As temperaturas máximas ascenden lixeiramente, e xa rondan os 30 graos nas Rías Baixas e os 32 en Ourense. 09-06-2021
O Sergas intensifica a repesca de persoas que quedaron sen vacinar xunto co seu grupo de idade. O Hospital clínico de Santiago participa nun estudo internacional con voluntarios para comprobar que a vacina de Pfizer é segura en nenos de entre 5 e 12 anos. // Ningún concello estará, a partir do sábado, en nivel alto de restricións. A gran maioría están en nivel medio-baixo. Os hospitalizados baixan a un total de 71. // O concello de Verín anula o proceso de selección dun posto de traballador social que foi gañado pola filla do alcalde. Unha comisión detecta irregularidades na realización da proba práctica, que foi suspendida polos demáis aspirantes. // A proliferación de grandes encoros e a decadencia dos mosteiros. Son motivos aducidos polos expertos da Unesco para desaconsellar que a Ribeira Sacra sexa declarada Patrimonio da Humanidade. Asociacións culturais piden que se replantexe a candidatura.09-06-2021
A situación da pandemia segue mellorando, pero faino a un ritmo máis lento. Os casos activos redúcense lixeiramente. Hoxe son 1.729, cinco menos ca onte, tras rexistrarse 82 novos contaxios, que supoñen 28 máis que na xornada anterior. // O Ministerio de Sanidade elabora unha nova proposta de medidas, que inclúe máis flexibilidade para a apertura do lecer nocturno, tras o rexeitamento de varias comunidades, entre elas Galicia, ás que aprobou a semana pasada..// Sen vacinar aos seus 64 anos. Esa e a situación que quixo denunciar o senador socialista pola Coruña Antonio Vázquez. Di que, a estas alturas, nin sequera recibíu información para a primeira cita, polo que hoxe amenazou con pecharse na xefatura territorial da Xunta. // Os sindicatos do Ensino, preocupados polo protocolo para o póximo curso. Acusan á consellería de educación de ocultar unha posible redución de profesorado, coa decisión de rebaixar a distancia entre o alumnado a 1 metro con 20. 08-06-2021
Historia de España, e Lingua e Literatura Castelá. Así comezaban as probas de Avaliación para o Acceso a Universidade, para 13.200 alumnos galegos, logo dun bachalerato marcado pola pandemia. // A Xunta anuncia accións legais para defender o Plan de Marisqueo, tralo recurso presentado polo Ministerio de Transición Ecolóxica. A conselleira do Mar asegura que a suspensión do plan pon en risco o futuro dun sector con 8.700 empregos. // A poboación de xabarís ascende en Galicia a uns 200.000 exemplares, segundo Unións Agrarias, que denuncia un aumento de ataques desta especie a explotacións agrícolas e gandeiras. Estima nuns 15 millóns de euros anuais os danos, // O traballo que leva a cabo o Instituto de Investigacións Mariñas de Vigo, a través das fotografías dun estudante colaborador. É unha iniciativa con motivo do Día Mundial dos Oceanos, para concienciar da importancia de coñecer e preservar o mar. 08-06-2021