Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Nove falecidos, doce desaparecidos e tres sobreviventes. Son xa as cifras definitivas tras suspender os servizos de rescate canadenses a busca na zona do naufraxio do Villa de Pitanxo // No Morrazo, as familias dos tripulantes recibiron con inquedanza a noticia do fin da busca // Saber como comunicar a desaparición de seres queridos é clave na xestión persoal da dor e do loito // En Cambados vive unha importante comunidade de peruanos, e que se senten plenamente integrados. Chegaron hai case 20 anos para traballar na pesca, e así seguen moitos deles. 17-02-2022

Nove falecidos, doce desaparecidos e tres sobreviventes. Son xa as cifras definitivas tras suspender os servizos de rescate canadenses a busca na zona do naufraxio do Villa de Pitanxo // No Morrazo, as familias dos tripulantes recibiron con inquedanza a noticia do fin da busca // Saber como comunicar a desaparición de seres queridos é clave na xestión persoal da dor e do loito // En Cambados vive unha importante comunidade de peruanos, e que se senten plenamente integrados. Chegaron hai case 20 anos para traballar na pesca, e así seguen moitos deles. 17-02-2022

Segue a busca, fronte a Terranova, dos 11 mariñeiros desaparecidos do pesqueiro Villa de Pitanxo // As operacións de busca céntranse a uns 450 quilómetros da illa de Terranova. Na costa máis próxima, no porto de San Juan, está a nosa enviada especial Almudena Ariza // As familias dos tripulantes do pesqueiro viven con amargura estas horas, na espera de noticias // A Xunta decreta tres días de loito oficial, ao que se suman institucións e organismos de todos os ámbitos // O naufraxio produciuse nunha zona na que os ventos fortes rachan as ondas e converten o mar nun escenario perigoso, con augas xélidas. 16-02-2022

Continuamos nunha situación intermedia entre altas e baixas presións con ventos do suroeste con refachos fortes na costa da Coruña. Ventos que achegan moita humidade. Chove de xeito intermitente sobre todo nas provincias atlánticas. 16-02-2022

Segue a busca, fronte a Terranova, dos 11 mariñeiros desaparecidos do pesqueiro Villa de Pitanxo, con base en Marín // As familias dos tripulantes do pesqueiro viven con amargura estas horas, na espera de noticias // A Xunta decreta tres días de loito oficial, ao que se suman institucións e organismos de todos os ámbitos // O naufraxio produciuse nunha zona na que os ventos fortes rachan as ondas e converten o mar nun escenario perigoso, con augas xélidas. 16-02-2022

Segue a busca, fronte a Terranova, dos 11 mariñeiros desaparecidos do pesqueiro Villa de Pitanxo, con base en Marín // As familias dos tripulantes do pesqueiro viven con amargura estas horas, na espera de noticias // A Xunta decreta tres días de loito oficial, ao que se suman institucións e organismos de todos os ámbitos // O naufraxio produciuse nunha zona na que os ventos fortes rachan as ondas e converten o mar nun escenario perigoso, con augas xélidas. 16-02-2022

Polo menos catro mariñeiros morreron ao naufragar un pesqueiro de Marín en augas de Terranova // O xurado declara culpable a Ana Sandamil de matar á súa filla Desirée // A única gravación coa voz de Florencio Delgado Gurriarán que se conserva en bo estado xa se pode escoitar na páxina web do Consello da Cultura Galega // Despois de 40 anos nos escenarios, Siniestro Total, anuncia o seu adeus. 15-02-2022

O poeta valdeorrés visitou Galicia tres veces veces tralo seu exilio en México. A primeira foi en 1968, unha viaxe que Radio Nacional de España aproveitou para entrevistalo e dedicarlle un monográfico do programa "Poetas de Galicia".

Os ventos do suroeste achégannos hoxe humidade e moitas nubes a Galicia, sobre todo ao oeste, onde teremos chuvias febles e intermitentes. As temperaturas mínimas sufriron un lixeiro descenso e as máximas sen cambios. 15-02-2022

Naufraxio dun pesqueiro de Marín en augas de Terranova, en Canadá. A bordo ían 22 tripulantes, doce deles galegos. De momento foron rescatados con vida tres mariñeiros // O xurado declara culpable a Ana Sandamil de matar á súa filla Desirée Leal en Muimenta // A única gravación coa voz de Florencio Delgado Gurriarán que se conserva en bo estado xa se pode escoitar na páxina web do Consello da Cultura Galega // Despois de 40 anos nos escenarios, unha das bandas galegas máis emblemáticas dos anos da movida, Siniestro Total, anuncia o seu adeus. 15-02-2022

Naufraxio dun pesqueiro de Marín en augas de Terranova, en Canadá. A bordo ían 22 tripulantes, doce deles galegos. De momento foron rescatados con vida tres mariñeiros // O xurado declara culpable a Ana Sandamil de matar á súa filla Desirée Leal en Muimenta // A única gravación coa voz de Florencio Delgado Gurriarán que se conserva en bo estado xa se pode escoitar na páxina web do Consello da Cultura Galega // Despois de 40 anos nos escenarios, unha das bandas galegas máis emblemáticas dos anos da movida, Siniestro Total, anuncia o seu adeus. 15-02-2021

Fiscalía e acusacións manteñen a petición de prisión permanente para a nai de Desirée, a nena asasinada en Muimenta. A defensa solicita a absolución // Os datos da pandemia confirman a tendencia á baixa da sexta onda // San Xoán de Río, un municipio de Ourense de 500 veciños, gaña por primeira vez habitantes tras décadas perdendo poboación // Catro premios Goya na gala do cine español que mostran a boa situación na que se atopa o audiovisual galego. 14-02-2022

Logo do paso dunha fronte este domingo, o día máis chuvioso no que levamos de ano, hoxe os ceos seguirán parcialmente cubertos con chuvascos máis intensos e frecuentes durante a mañá. A cota de neve nos 800 metros ascende pola tarde a 1.000. 14-02-2022

Fiscalía e acusacións manteñen a petición de prisión permanente para a nai de Desirée, a nena asasinada en Muimenta. A defensa solicita a absolución // Os datos da pandemia confirman a tendencia á baixa da sexta onda. Seguen reducíndose os casos activos, que xa son menos de 40.000 // San Xoán de Río, un municipio de Ourense de 500 veciños, gaña por primeira vez habitantes tras décadas perdendo poboación // Chechu Salgado, Xosé Zapata, Chelo Loureiro e Zeltia Montes. Catro premios Goya na gala do cine español que mostran a boa situación na que se atopa o audiovisual galego. 14-02-2022Fiscalía e acusacións manteñen a petición de prisión permanente para a nai de Desirée, a nena asasinada en Muimenta. A defensa solicita a absolución // Os datos da pandemia confirman a tendencia á baixa da sexta onda. Seguen reducíndose os casos activos, que xa son menos de 40.000 // San Xoán de Río, un municipio de Ourense de 500 veciños, gaña por primeira vez habitantes tras décadas perdendo poboación // Chechu Salgado, Xosé Zapata, Chelo Loureiro e Zeltia Montes. Catro premios Goya na gala do cine español que mostran a boa situación na que se atopa o audiovisual galego. 14-02-2022

Fiscalía e acusacións manteñen a petición de prisión permanente para a nai de Desirée Leal. A defensa solicita a absolución // Os datos da pandemia confirman a tendencia á baixa da sexta onda // San Xoán de Río, un municipio de ourense de 500 veciños, gaña por primeira vez habitantes tras décadas perdendo poboación // Chechu Salgado, Xosé Zapata, Chelo Loureiro e Zeltia Montes. Catro premios Goya na gala do cine español que mostran a boa situación na que se atopa o audiovisual galego. 14-02-2022

O xulgado de Tui chama a declarar como investigado ao ex noivo de Déborah Fernández. A familia da moza viguesa que apareceu morta nunha cuneta no Rosal, en 2002, levaba anos reclamando que se lle tomase declaración ao que eles consideran como principal sospeitoso. // A Xunta vai investir 83 millóns07300de euros nos vindeiros dous anos para o plan de saúde mental da era poscovid. // Chega o entroido e chega a época dos cocidos. Na Coruña hai un restaurante que esta fin de semana prepara us 300 menús coa idea axudar a unha ong que se dedica en Honduras a escolarizar nenos. // Os galegos Luís Tosar e Javier Gutiérrez están entre os nominados nos Goya á mellor interpretación masculina. "El Buen Patrón "de Fernando León de Aranoa, destaca, con 20 nominacións. Entre elas, a do pontevedrés Celso Bugallo, candidato a mellor actor de reparto. 11-02-2022

Quedamos nunha zona intermedia entre as altas e as baixas presións. Os ceos están parcialmente cubertos coa posibilidade dalgún chuvasco illado e ocasional. As temperaturas mínimas ascenden mentras que as máximas sofren un lixeiro descenso. 11-02-2022

Bares, restaurantes e locais de lecer nocturno seguirán a pedir Certificado covid durante outras dúas semanas máis. O Tribunal Superior autoriza a petición da Xunta, mentres o sector ve como desaparece esta noite a limitación de horarios. // Tódolos os indicadores da sexta vaga coinciden hoxe á baixa: hai menos casos activos, menos contaxios diarios e menos persoas ingresadas nos hospitais, tanto en pranta como nas UCi. // Dúas xeracións de investigadoras falan sobre a sua vocación e a desigualdade á que se enfrontan para desenvolver as suas carreiras, no Día Internacional da Muller e a Nena na ciencia. // Dispárase a venda de pandeiretas e a demanda de clases para aprender a bailar, cantar e tocar coma elas. É o fenómeno Tanxugueiras, tralo seu exitoso paso polo Benidorm Fest, que aumenta o interese pola música tradicional especialmente entre os escolares. 11-02-2022