A Xunta vai bonificar ata o 50 por cento o transporte público por estrada, desde mañá ata fin de ano // A ministra de Política Territorial destacou en Vigo o apoio ás familias e o aforro enerxético que van supoñer os abonos gratuítos de Renfe // A falta de chuvia ameaza a subministración de auga en varios concellos de Ourense e tamén afecta ás explotacións lácteas // Motos da Garda Civil de Tráfico camufladas para previr a sinistralidade. 31-08-2022
Despois dunha mañá de nubes e baixas e néboas, pola tarde iranse abrindo máis claros. As brétemas costeiras no litoral atlántico poden ser localmente persistentes nun día de ventos frouxos e temperaturas en xeral con poucos cambios. 31-08-2022
A Xunta vai bonificar ata o 50 por cento o transporte público por estrada, desde mañá ata fin de ano // A ministra de Política Territorial destacou en Vigo o apoio ás familias e o aforro enerxético que van supoñer os abonos gratuítos de Renfe // A falta de chuvia ameaza a subministración de auga en varios concellos e tamén afecta ás explotacións lácteas // Motos da Garda Civil de Tráfico camufladas para previr a sinistralidade. 31-08-2022
Os prezos dos alimentos e a electricidade volven subir en agosto e manteñen a inflación por riba do dez por cento, por terceiro mes consecutivo // A inflación e a nova lei educativa, que obriga os alumnos mercar novos libros de texto dos cursos impares, dispara o custo da volta ao cole // A auga acumulada nos encoros galegos está agora algo por debaixo do 50 por cento da súa capacidade // Un bombeiro en prácticas faleceu esta mañá en Santiago, atropelado por un autobús que se estaba queimando // Fiscalía e acusacións pedirán prisión permanente revisable para o autor confeso do crime de Valga. Asasinou a tiros a súa ex-muller e fixo o mesmo coa súa sogra e a súa cuñada. 30-08-2022
Os ceos están cubertos dende primeira hora da mañá, pero na metade leste da comunidade irán despexando pola tarde. No resto da comunidade, especialmente no litoral atlántico, as nubes persistirán e mesmo poden chegar a deixar lixeiras chuvias, menos probables pola tarde. As temperaturas continúan baixando. 30-08-2022
Os prezos dos alimentos e a electricidade volven subir en agosto e manteñen a inflación por riba do dez por cento // Un bombeiro en prácticas faleceu esta mañá en Santiago, atropelado por un autobús que se estaba queimando // A auga acumulada nos encoros galegos está agora algo por debaixo do 50 por cento da súa capacidade // Siniestro Total despediuse dos escenarios despois de 40 anos, pero os seus membros continúan activos. 30-08-2022
Acaba agosto e chega o final das vacacións para gran parte dos traballadores. É tamén o remate da temporada alta para o turismo, que este ano está a ser de récord // A oferta dos pisos que se alugan para compartir reduciuse un 45 por cento no último ano // Confrarías e asociacións de mariscadoras compaxinan o seu traballo coa divulgación entre os turistas // A fin de semana deixa as primeiras vitorias da tempada dos equipos galegos do fútbol profesional. 29-08-2022
Ceos nubrados e descenso das temperaturas. As nubes poderán deixar algún chuvasco illado en zonas montañosas da metade oriental. Brétemas e néboas matinais que foron despexando pouco a pouco. En canto as temperaturas, Ourense será a única que supere os 30 graos. O resto, moveranse entre os 22 graos de máxima da Coruña, e os 27 de Lugo. 29-08-2022
Acaba agosto e chega o final das vacacións para gran parte dos traballadores // Confrarías e asociacións de mariscadoras compaxinan o seu traballo coa divulgación entre os turistas // A oferta dos pisos que se alugan para compartir reduciuse un 45 por cento no último ano // A fin de semana deixa as primeiras vitorias da tempada dos equipos galegos do fútbol profesional. 29-08-2022
Acaba agosto e chega o final das vacacións para gran parte dos traballadores. É tamén o remate da temporada alta para o turismo, que este ano está a ser de récord // Confrarías e asociacións de mariscadoras compaxinan o seu traballo coa divulgación entre os turistas das características da súa actividade e da importancia de coidar os recursos // A oferta dos pisos que se alugan para compartir, unha opción habitual entre os estudantes e os profesionais novos, reduciuse un 45 por cento no último ano // A fin de semana deixa as primeiras vitorias da tempada dos equipos galegos do fútbol profesional. 29-08-2022
Os usuarios habituais dos trens entre A Coruña e Vigo piden que se reforce o servizo ante a masiva demanda dos abonos para viaxar gratis // Uns 3.000 peregrinos están chegando cada día a Compostela, o que anticipa un ano de afluencia récord nos Camiños de Santiago // Máis do 75 por cento das excedencias que se piden en Galicia para atender nenos ou maiores son solicitadas por mulleres. Unha situación que para a Secretaria de Estado de Igualdade hai que reverter // Tras dous anos de restricións, volve ao grande o Festival da Luz. 26-08-2022
Día nubrado dende primeira hora no norte. As nubes entenderanse cara o sur pola tarde, podendo deixar algunha precipitación illada en zonas de montaña. Temperaturas algo máis altas en Pontevedra e Ourense, con 32 graos de máxima, polos 24 da Coruña e Lugo. Os ventos soprarán do nordés. 26-08-2022
Os usuarios habituais dos trens entre A Coruña e Vigo piden que se reforce o servizo ante a demanda dos abonos para viaxar gratis // Uns 3.000 peregrinos están chegando cada día a Compostela, o que anticipa un ano de afluencia récord nos Camiños de Santiago // O Celta busca esta noite en Girona a primeira vitoria da tempada // Tras dous anos de restricións, volve ao grande o Festival da Luz. 26-08-2022
Os usuarios habituais dos trens entre A Coruña e Vigo piden que se reforce o servizo ante a masiva demanda dos abonos para viaxar gratis // Uns 3.000 peregrinos están chegando cada día a Compostela, o que anticipa un ano de afluencia récord nos Camiños de Santiago // O Celta busca esta noite en Girona a primeira vitoria da tempada. O Lugo vai recibir ao Leganés mañá no Anxo Carro // Tras dous anos de restricións, volve ao grande o Festival da Luz, en Boimorto. 26-08-2022
Límites na calefacción e no aire acondicionado, apagado de escaparates ás dez... Medidas de aforro enerxético xa en vigor, que hoxe se validan no Congreso // Galicia vese afectada por unha das peores secas nos últimos anos, o que levou a moitos concellos a restrinxir o consumo de auga para garantir o abastecemento // En Santiago hai case 700 pisos turísticos á marxe da normativa municipal. Os propietarios consideran que son legais. 25-08-2022
Límites na calefacción e no aire acondicionado, apagado de escaparates ás dez... Medidas de aforro enerxético xa en vigor, que hoxe se validan no Congreso // Vigo deixará de usar auga dun dos encoros dos que se fornece para que teñan máis os concellos de Nigrán Día nubrado en toda a comunidade, con pequenos chuvascos, máis probables no norte e interior. As temperaturas descenden e só Ourense chegará os 30 graos de máxima. A excepción a todo isto, na zona das rias baixas, onde os ceos irán despexando pola tarde. 25-08-2022
Límites na calefacción e no aire acondicionado, apagado de escaparates ás dez... Medidas de aforro enerxético xa en vigor, que hoxe se validan no Congreso // Vigo deixará de usar auga dun dos encoros dos que se fornece para que teñan máis os concellos de Nigrán e Baiona // En Santiago hai case 700 pisos turísticos á marxe da normativa municipal // Un carillón de 63 campás de bronce que se percuten cos puños e os pés. É un dos concertos do festival IKFEM. 25-08-2022
Límites na calefacción e no aire acondicionado, apagado de escaparates ás dez... Medidas de aforro enerxético xa en vigor, que hoxe se validan no Congreso // Vigo deixará de usar auga dun dos encoros dos que se fornece para que teñan máis os concellos de Nigrán e Baiona, en prealerta pola seca // En Santiago hai case 700 pisos turísticos á marxe da normativa municipal. Os propietarios consideran que son legais // Un carillón de 63 campás de bronce que se percuten cos puños e os pés. É un dos concertos do festival IKFEM, que se celebra entre Tui e Valença do Miño. 25-08-2022
Xa se poden obter os abonos de Renfe que permitirán viaxar gratis nos trens de media distancia de Galicia // Galicia recibiu en xullo algo máis de 600.000 turistas, cunha ocupación media dos aloxamentos do 57 por cento // 184 nenos saharauís están pasado este verán en Galicia co programa ‘Vacacións en Paz’. 24-08-2022
Ceos nubrados e brétemas matinais especialmente nas zonas norte e interior. Pola tarde, esas nubes medrarán e deixaran chuvascos e treboadas fortes máis probables na metade sur de Lugo e na provincia de Ourense. Tamén choverá, aínda que de maneira máis feble, no norte de Lugo e A Coruña. En canto as temperaturas, baixan lixeiramente. 24-08-2022