Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Algunhas nubes baixas e néboas no interior de Lugo pola mañá. Pola tarde, medrarán nubes de evolución no sur de ourense onde non se descarta algunha treboada ocasional e algun chuvasco illado. As temperaturas descenderán algo na metade norte, con máximas entre os 21 graos na Mariña aos 33 de Ourense 20-09-22

Mobilación do sector pesqueiro contra o peche de 87 zonas do Atlántico aprobado por Bruxelas, para entrar en vigor dentro de 20 días. O Goberno Central pedirá a Comisión Europea que revise a decisión, que a Xunta califica de “absolutamente perxudicial” para Galicia. // O goberno central autoriza o peche definitivo de dous dos catro grupos da central Térmica Das Pontes. Os traballadores emprazan a Endesa a poñer en marcha o plan de investimentos anunciado. // Logo dun verán cos meses máis calurosos dende que hai rexistros, a axencia estatal de meteoroloxía pronostica que o outono seguirá a mesma tendencia: temperaturas máis altas e menos precipitacións do habitual. // Converter o bagazo das uvas nun fertilizante de alto valor mediante a axuda de vermes. É a aposta dunha adega do Rosal que leva a cabo un proxecto en colaboración coa Universidade de Vigo para mellorar a calidade do solo e favorecer a biodiversidade. //. 20-09-22 

Mobilación do sector pesqueiro contra o peche de 87 zonas do Atlántico aprobado por Bruxelas, para entrar en vigor dentro de 20 días. O Goberno Central pedirá a Comisión Europea que revise a decisión. // O goberno central autoriza o peche definitivo de dous dos catro grupos da central Térmica Das Pontes. Os traballadores emprazan a Endesa a poñer en marcha o plan de investimentos anunciado. // Logo dun verán cos meses máis calurosos dende que hai rexistros, a axencia estatal de meteoroloxía pronostica que o outono seguirá a mesma tendencia: temperaturas máis altas e menos precipitacións do habitual. // Converter o bagazo das uvas nun fertilizante de alto valor mediante a axuda de vermes. É a aposta dunha adega do Rosal que leva a cabo un proxecto en colaboración coa Universidade de Vigo para mellorar a calidade do solo. //. 20-09-22

O sector da Pesca mobilízase, cos máximos responsables da Xunta e expertos xuristas, contra o peche de 87 zonas do Atlántico aprobado por Bruxelas para entrar en vigor dentro de 20 días.. // O Sergas fai público o informe de acontecementos adversos trala vacinación contra a Covid, no que se rexistraron 20 casos mortais entre as máis 6 millóns 700 mil doses administradas. // 20-09-22

Tallas de madeira, ornamentos litúrxicos, e ata máis de 150 pezas, intervidas pola garda civil nunha operación contra o roubo de arte sacra. A investigación céntrase nun grupo que actuaba en igrexas e casas particulares de varias provincias españolas e o norte de Portugal. // O presidente da Xunta aproveita a celebración dos seus primeiros cen días á fronte do goberno para anunciar un aumento no bono de axuda para material escolar, que pasa de 50 a 75 euros por neno. // Un godello especial coas uvas afumadas polo incendio forestal. É o proxecto dunha adega da denominación de orixe Valdeorras, con varias hectareas afectadas polo lume deste verán. // María Casares, a estrela de orixe galega do cine francés, recibe a homenaxe da semana de Cine de Lugo, Xunto con Margarita Ledo e Darío Xohan Cabana. Exhibiranse máis de 130 filmes de distintas nacionalidades e xéneros, desde os debuxos animados ata as curtas ou documentais, // 19-09-22.

 

Última semana de verán con sol e altas temperaturas durante o día. A noite, máis fresca con mínimas por debaixo dos dez graos. As temperaturas máximas oscilarán entre os 25 graos previstos na Coruña aos 29 de Pontevedra. 19-09-22

Máis de 150 pezas, intervidas pola garda civil nunha operación contra o roubo de arte sacra. A investigación céntrase nun grupo que actuaba en igrexas e casas particulares de varias provincias españolas e o norte de Portugal. // O presidente da Xunta anuncia un aumento no bono de axuda para material escolar, que pasa de 50 a 75 euros por neno. // Un godello especial coas uvas afumadas polo incendio forestal. É o proxecto dunha adega da denominación de orixe Valdeorras, con varias hectareas afectadas polo lume. // María Casares, a estrela de orixe galega do cine francés, recibe a homenaxe da semana de Cine de Lugo, Xunto con Margarita Ledo e Darío Xohan Cabana. Exhibiranse máis de 130 filmes de distintas nacionalidades e xéneros. 19-09-22

Máis de 150 pezas de arte sacra, intervidas en Pontevedra e Ourense nunha operación da Garda Civil contra o tráfico de obxetos procedentes de roubos en igrexas, pazos e vivendas. Os investigadores piden colaboración para identificar a procedencia dalgunhas obras. // Polémica pola xestión dos fondos adicados a loitar contra a Covid. Os socialistas piden unha comisión de Investigación para aclarar o destino de 159 millóns transferidos polo goberno central á Xunta que, aseguran, non foron empregados para este fin. // 19-09-22

Profundo malestar no sector pesqueiro, trala decisión da Comisión europea de facer efectiva a prohibición da pesca de fondo en 87 áreas, moitas de gran interese para a frota galega. Os armadores advirten que centos de barcos están abocados ao paro. // Por sorpresa, o futbolista vigués Santi Mina presentouse ante a audiencia de Almería. A acusación pedía que ingresara en prisión para cumprir a pena á que foi condenado por abuso sexual. O tribunal acordou que siga en liberdade mentres se estuda o seu recurso, // Histórico achado en Galicia dun novo mineral. Investigadores da Universidade de Santiago identifican a ermeloíta como nova especie, a partir dunha pedra atopada no monte Ermelo, entre os concellos de Moaña e Bueu. // As excavacións no antigo convento das clarisas de Pontevedra sorprenden aos arqueólogos. Achádegos de Enterramentos, e construccións descoñecidas que permitirán coñecer mellor cómo foi a vida intramuros nos seus sete séculos de historia.. 16-09-22

Recuperamos a nfluencia anticiclónica, tras un comenzo do día con nubes baixas, os ceos quedan pouco nubrados ou despexados. As temperaturas mínimas descenderon lixeiramente pero as máximas tenden a subir. O vento soprará do nordés, con refachos fortes entre Estaca de Bares e Fisterra. 16-09-22

Profundo malestar no sector pesqueiro, trala decisión da Comisión europea de facer efectiva a prohibición da pesca de fondo en 87 áreas, moitas de gran interese para a frota galega. Os armadores advirten que centos de barcos están abocados ao paro. // Por sorpresa, o futbolista vigués Santi Mina presentouse ante a audiencia de Almería. A acusación pedía que ingresara en prisión para cumprir a pena á que foi condenado por abuso sexual. O tribunal acordou que siga en liberdade mentres se estuda o seu recurso, // Histórico achado en Galicia dun novo mineral. Investigadores da Universidade de Santiago identifican a ermeloíta como nova especie, a partir dunha pedra atopada no monte Ermelo, entre os concellos de Moaña e Bueu. // As excavacións no antigo convento das clarisas de Pontevedra sorprenden aos arqueólogos. Achádegos de Enterramentos, e construccións descoñecidas. 16-09-22

O sector pesqueiro en pe de guerra, trala decisión da Comisión europea de prohibir definitivamente a pesca de fondo en 87 áreas, moitas de gran interese para a frota galega. Os armadores e a Xunta anuncian accións legais. // A compañía Finsa anuncia un Expediente de Regulación Temporal de Emprego que afectaría a uns 1.500 traballadores dos seus centros de produción de Santiago, Padrón, Ourense e Rábade. A causa, di a empresa, é unha diminución no número de pedidos que agudizou nos meses de verán. 16/09/22

Xornada de transición cara á influencia anticiclónica con ceos parcialmente nubrados con chuvascos, máis frecuentes no interior a partir do mediodía. As temperaturas mínimas baixan pero as máximas ascenden, sobre todo nas Rías Baixas. 16-09-2022

Chegan a Galicia as vacinas para a cuarta dose da covid. A poboación máis vulnerable será a que a reciba en primeiro lugar, mentres incidencia continúa en descenso e a presión hospitalaria nos niveis máis baixos dende que comenzou a pandemia. // As empregadas do fogar poderán comezar a cotizar para cobrar o paro a partir do próximo mes. Un dereito que chega trala histórica sentenza europea e resposta á denuncia dunha traballadora galega. // A suba dos prezos da electricidade dispara o interese pola busca de solucións alternativas, como a instalación de paneis solares tanto en empresas, como en edificios de vivendas e casas unifamiliares. // A Coruña acolle a exposición das fotografías que revelaron ao mundo como era a Antártida hai un século e cómo foi a aventura da sua conquista. Forma parte da inauguración da novena edición do Festival Mar de Mares. 16-09-2022

Chegan a Galicia as vacinas para a cuarta dose da covid. A poboación máis vulnerable será a que a reciba en primeiro lugar, mentres incidencia continúa en descenso. // As empregadas do fogar poderán comezar a cotizar para cobrar o paro a partir do próximo mes. Un dereito que chega trala histórica sentenza europea e resposta á denuncia dunha traballadora galega. // A suba dos prezos da electricidade dispara o interese pola busca de solucións alternativas, como a instalación de paneis solares. // A Coruña acolle a exposición das fotografías que revelaron ao mundo como era a Antártida hai un século e cómo foi a aventura da sua conquista. Forma parte da inauguración da novena edición do Festival Mar de Mares.16-09-2022

Os nenos galegos a partir de doce anos comezan hoxe a recibir a vacina contra o virus do papiloma humano. Son os primeiros que o fan de xeito gratuíto, porque a nosa é, de momento, a única comunidade, Ana Lorenzo, que a inclúe no calendario vacinal. // A Xunta anuncia que impulsará unha nova lei para ordenación da costa, ante a negativa do Goberno central a responder á sua solicitude de transferencia das competencias sobre a beiramar. 16-09-2022

A Xunta recupera o Bono Activa Comercio de 30 euros, para favorecer o consumo en pequenos establecementos, nunha nova convocatoria dotada con 17 millóns de euros. O presidente Rueda de apoio ás familias, que contempla tamén a creación de 3.400 novas prazas en escolas infantís. // Polémica na Coruña pola decisión da familia Franco de volver poñer a venda a Casa Cornide, a través dun portal Inmobiliario. O concello reclama á Xunta que axilice a declaración de Ben de Interese Cultural do Edificio, do século XVIII, para a sua apertura ao uso público.// A escritora pontevedresa Susana Fortes volve ás librarías con 'Nada que perder'. Un thriller impactante ambientado nun pobo imaxinario do rural galego,na fronteira con Portugal, habituado ás tráxicas desaparicións de nenos na ría. //.  14/09/22

A Borrasca deixa chuvias xeneralizadas, anque vai remitindo ao longo do día. Pola tarde os chuvascos treboentos poderán producirse en calquera punto da comunidade. As temperaturas continuan sen cambios con máximas rondando os 25 graos. 14-09-22

A Xunta recupera o Bono Activa Comercio de 30 euros, para favorecer o consumo en pequenos establecementos, nunha nova convocatoria dotada con 17 millóns de euros. // O grupo Inditex sobe case un cinco por cento a sua cotización na bolsa, logo de coñecer os beneficios do último semestre. Récord de vendas e beneficios de 1.800 millóns de euros. // Polémica na Coruña pola decisión da familia Franco de volver poñer a venda a Casa Cornide, a través dun portal Inmobiliario. O concello reclama á Xunta que axilice a declaración de Ben de Interese Cultural do Edificio. // A escritora pontevedresa Susana Fortes volve ás librarías con 'Nada que perder'. Un thriller impactante ambientado nun pobo imaxinario do rural galego,na fronteira con Portugal, habituado ás tráxicas desaparicións de nenos na ría. 14-09-22

O grupo Inditex sobe case un cinco por cento a sua cotización na bolsa, logo de coñecer os beneficios do último semestre. Récord de vendas e beneficios de 1.800 millóns de euros. // A viaxe directa en AVE de Galicia a Alacant, sen ter que coller outro tren en Madrid, xa é unha realidade coa chegada este mediodía a Ourense do primeiro tren que saiu da cidade valenciana ás sete e dez da mañá. O percorrido faise en algo máis de cinco horas,. // 14/09/22