Volven as choivas que anticipan días de inestabilidade atmosférica. Sobre todo a partir da tarde, as choivas poden ser localmente treboentas. Vento frouxo do suroeste e baixada sensible de temperaturas., coas máximas por baixo dos 20 graos en tódalas cidades galegas. 21-02-23
Ambiente de festa en localidades como Xinzo de Limia, no triángulo máxico ourensán, que celebra o desfile de Entroido. Esta tarde, as comparsas recorren as rúas en cidades e vilas de toda Galicia. // A consellería de Sanidade anuncia hoxe a cobertura de 23 novas prazas na na área de Pontevedra Salnés, mediante facultativos contrados por concurso de méritos, sen oposición. // O grupo popular rexeita a creación dunha comisión parlamentaria para investigar a concesión de parques eólicos de 2010. O conselleiro de industria promete dar toda a documentación á fiscalía. // O cemiterio deseñado por César Portela en Fisterra hai un cuarto de século, vai ter por fin uso. O concello pretende convertila nun COLUMBARIO para depositar urnas cincerarias. 21-02-23
Cheo total en Xinzo de Limia, un dos vértices do triángulo máxico ourensán, que celebra o desfile de Entroido, coas pantallas como protagonistas principais. // A consellería de Sanidade anuncia que cubrirá 23 prazas de médicos sen oposición, por concurso de méritos, na área sanitaria de Pontevedra- Salnés. // A Xunta e a FEGAMP negocian o reparto do pagamento dos servizos prestados polos concellos. Os representantes locais piden equidade no reparto do fondo adicional de 15 millóns de euros para concellos de menos de 15.000 habiantes. 21-02-23
En Galicia hai case 1.900 aldeas deshabitadas. Algunhas están en ruínas, pero outras moitas non, aínda que non viva nelas ninguén de xeito permanente. Na provincia de Ourense visitamos unha sen ningún habitante empadroado, pero moi ben conservada, e outra que se repoboou despois de máis dunha década de abandono.
A Farrapada, a batalla a base de trapos con lama, en Laza, protagoniza a celebración do luns borralleiro, en Laza, dentro das actividades do Entroido que hoxe se extenden por Galicia. // A carne e o peixe non van ser incluídos, polo de agora, entre os produtos de primeira necesidade co IVE rebaixado. Así o indicou o ministro de Agricultura que considera, en todo caso, que o prezo dos alimentos, tras meses de subidas, xa tocou teito. // Moitos dos case 2.000 núcleos rurais de Galicia que figuran como abandonados recuperan a vitalidade grazas a novos poboadores e ocupantes de fin de semana. // Patricia Aguín, de Portonovo, elexida como a mellor artesá florista de España. Con formación en exeñería forestal, aprendeu da sua nai o oficio. Agora competirá pola copa do Mundo que se celebrará en Mánchester. 20-02-23
Hoxe entra aire frío nas capas altas da atmosfera que vai deixar un aumento da inestabilidade. Pola tarde irán aumentando as nubes polo sur e rexistaranse as primeiras choivas, máis probables e intensas no sur e no leste. O vento sopra frouxo e as temperaturas soben na metade norte. 20-02-23
A Farrapada, a batalla a base de trapos con lama, en Laza, protagoniza a celebración do luns borralleiro, en Laza, dentro das actividades do Entroido que hoxe se extenden por Galicia. // A carne e o peixe non van ser incluídos, polo de agora, entre os produtos de primeira necesidade co IVE rebaixado. Así o indicou o ministro de Agricultura que considera, en todo caso, que o prezo dos alimentos, tras meses de subidas, xa tocou teito. // Moitos dos case 2.000 núcleos rurais de Galicia que figuran como abandonados recuperan a vitalidade grazas a novos poboadores e ocupantes de fin de semana. // Patricia Aguín, de Portonovo, elexida como a mellor artesá florista de España. Con formación en exeñería forestal, aprendeu da sua nai o oficio. Agora competirá pola copa do Mundo que se celebrará en Mánchester. 20-02-23
Luns borralleiro en Laza, coa Farrapada, a batalla campal a base de lanzamento de trapos con lama. Unha celebración emblemática dun dos antroidos máis característicos de Galicia. // Tras case dous meses dende a retirada do IVE en produtos de primeira necesidade, o Goberno reúnese con representantes do sector da cadea alimentaria para analizar a suba dos prezos. // O Lugo non foi quen de superar ao Eibar e afúndese nos postos de descenso. Namentras o Celta logra un empate contra a Real Sociedad nos minutos de prolongación. 20-02-23
Escolares de toda Galicia participan en vilas e cidades nos desfiles do entroido. Unha tradición que se mantén viva para anunciar a chegada dos grandes días de festa. // O detido polo crime machista de Baiona confesa que matou a súa exmuller empregando un coitelo e unha machada. Vai ser acusado dun delito de asasinato e outros dous contra a integridade moral dos fillos menores da parella. // Durante 2022 as mortes duplicaron aos nacementos na nosa comunidade, os peores datos dende a guerra civil. A poboación total, sen embargo, mantense grazas á incorporación de inmigrantes. // A Casa de Rosalía estrea un avatar da que foi a sua coidadora e figura emblemática, Maruxa Villanueva. O museo convértese así no primeiro do mundo cunha aplicación desas características 17-02-23
O detido polo crime machista de Baiona confesa que matou a súa exmuller empregando un coitelo e unha machada. Vai ser acusado dun delito de asasinato e outros dous contra a integridade moral dos fillos menores da parella. // A crise demográfica vai a máis: en 2022 as mortes duplicaron aos nacementos na nosa comunidade, os peores datos dende a guerra civil. // A Casa de Rosalía estrea un avatar da que foi a sua coidadora e figura emblemática, Maruxa Villanueva, e convértese no primeiro do mundo cunha aplicación para facer unha visita virtual. // Escolares de toda Galicia participan en vilas e cidades nos desfiles do entroido. Unha tradición que se mantén viva para anunciar a chegada dos grandes días de festa 17-02-23
A fin de semana seguiremos con tempo seco e solleiro. Ceos despexados, néboas matinais e temperaturas con poucos cambios. As máximas seguirán altas para a época do ano cos termómetros superando os 20 graos en moitos puntos. 17-02-23
De volta ante a xuíza, Ángel Rodríguez da Costa, o home o que se lle atribúe o asasinato da sua ex muller, Beatriz Lijó, diante da sua vivenda en Baiona, e á vista dos seus dous fillos menores, o pasado día 5 de febreiro. // Trala primeira reunión co Ministerio de Xustiza, sen acordó, os letrados xudiciais seguen a folga. Só en Galicia xa son máis de 6.000 as vistas xudiciais suspendidas. // Máis de 400 estudantes das universidades galegas son premiados polas suas boas notas. 17-02-23
Suspendida a campaña marisqueira ante a mortandade de especies como o berberecho e a ameixa xapónica. Os mariscadores piden axudas ante unha catástrofe provocada pola baixa salinidade da auga logo das chuvias de semanas atrás. // A Comisión Europea abre expediente contra España por considerar ilegais as prórrogas de concesións en zonas de costa. O Goberno central estuda o posible efecto en casos como o de Ence, en Pontevedra. // Protesta en Lugo trala posta en liberdade do chamado violador do barrio de Augas Férreas, en aplicación da lei de ”so si e sí”. // O triunfo nos Goya da película As Bestas, de Rodrigo Sorogoyen, devolve o protagonismo a aldea de Santoalla, onde ocorreu o crime no que está inspirada, e onde vive Margó Pool, a viuda de Martin, o holandés asasinado en 2010 por un veciño. 16-02-23
Alternancia de nubes e claros na metade norte e despexado no sur, con néboas matinais no interior. As temperaturas, sen cambios agás no terzo norte onde sufrirán un lixeiro descenso, mentres no sur as máximas seguen en valores elevados, chegando aos 22 graos en Ourense e Pontevedra. 16-02-23
Suspendida a campaña marisqueira ante a mortandade de especies como o berberecho e a ameixa xapónica. Os mariscadores piden axudas ante unha catástrofe provocada pola baixa salinidade da auga logo das chuvias de semanas atrás. // A Comisión Europea abre expediente a España por considerar ilegais as prórrogas de concesións en zonas de costa. O Goberno central estuda o posible efecto en casos como o de Ence, en Pontevedra. // Protesta en Lugo trala posta en liberdade do chamado violador do barrio de Augas Férreas, en aplicación da lei de ”so si e sí”. // O triunfo nos Goya da película As Bestas, de Rodrigo Sorogoyen, devolve o protagonismo a aldea de Santoalla, onde ocorreu o crime no que está inspirada, e onde vive Margó Pool, a viuda de Martin, o holandés asasinado en 2010 por un veciño. 16-02-23
Os mariscadores da ría de Noia suspenden a campaña ante a mortandade de máis dun 80 por cento da especie pola baixa salinidade das augas. // A Conselleria de Sanidade e os colexios de médicos chegan a un acordo para facilitar a que os facultativos compatibilicen o traballo na sanidade pública e coa privada. // A primavera meteorolóxica xa está aquí, con temperaturas máximas que chegan ata cinco e seis graos por riba do habitual nesta época do ano, especialmente no sur. Un panorama que se completa coa ausencia de chuvia, 16-02-23
Galicia recupera a influencia anticiclónica pola que temos un día de ceos despexados con algún intervalo de nubes altas. As temperaturas mínimas foron algo máis baixas esta noite pero as máximas seguen a subir. Hoxe volveremos superar os 20 graos en moitos puntos. 15-02-23
Os prezos baixan tres décimas en xaneiro, anque no cómputo interanual o aumento do IPC segue no 6´4 por cento en Galicia, cinco décimas máis que no conxunto de España. // Hoxe cúmprese un ano do naufraxio do Villa de Pitanxo en augas do Atlántico Norte. O arrastreiro de Marín que afundíu con 21 mariñeiros falecidos e tres superviventes. A investigación das causas continúa, coa causa aberta na Audiencia Nacional. // Xa son máis de 6.000 as vistas suspendidas pola folga de letrados xudiciais en Galicia, onde se acumulan unhas 5.000 demandas sen tramitar. // Preto de sesenta nenos menores de catorce anos son diagnosticados de cancro cada ano en Galicia. No Día Internacioal do cancro infantil, as asociacións demandan un maior acompañamento e apoio para as familias. 15-02-23
Os prezos baixan tres décimas en xaneiro, anque no cómputo interanual o aumento do IPC segue no 6´4 por cento en Galicia, cinco décimas máis que no conxunto de España. // Hoxe cúmprese un ano do naufraxio do Villa de Pitanxo en augas do Atlántico Norte. A investigación das causas continúa, coa causa aberta na Audiencia Nacional. // Xa son máis de 6.000 as vistas suspendidas pola folga de letrados xudiciais en Galicia, onde se acumulan unhas 5.000 demandas sen tramitar. // Preto de sesenta nenos menores de catorce anos son diagnosticados de cancro cada ano en Galicia. No Día Internacional do cancro infantil, as asociacións demandan un maior acompañamento e apoio para as familias. 15-02-23
Hoxe e o aniversario do naufraxio do Villa de Pitanxo, a maior traxedia do sector pesqueiro no que vai de século, con 21 mariñeiros falecidos e tres superviventes. // O sector lácteo lidera o Perte Agroalimentario que Galicia presenta para recibir fondos europeos, Next Generation. Son 19 empresas lácteas que optan a unhas axudas de 1.500 millóns. // Continúa a fase civil do xuízo do Alvia. Familiares, vítimas e tamén peritos narran como sucedeu o descarrilamento e as secuelas cas que aínda hoxe en día conviven. 15-02-23