Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Flores de pascua para decorar os fogares polo nadal. Un viveiro de Boqueixón, cerca de Santiago, é o maior produtor en Galicia da poinsettia, unha especie orixinaria de México e especialmente ben adaptada ao noso clima. Cultivan máis de 40.000 plantas, que estes días teñen a sua principal saída ao mercado | O paso da Borrasca Caetano trae consigo aviso por ventos con refachos superiores aos 80 km/h en zonas altas das montañas de Lugo e Ourense, e tamén no litoral norte. E aí onde tamén está activada a alerta laranxa por mar de vento | Máis da metade dos peregrinos que chegan a Santiago fan o Camiño Francés. A mancomunidade dos concellos desa ruta presentan unha guía dixital que amosa as súas singularidades turísticas

Seguimos nunha zona intermedia entre altas e baixas presións, con ventos do oeste que traen moita humidade. Ceos parcialmente cubertos con chuvascos ocasionais máis probables no norte e oeste. As temperaturas mínimas experimentaron un lixeiro ascenso, mentres que as máximas quedan sen cambios significativos entre os 13 graos de Lugo e os 17 na Coruña e Vigo

A Garda Civil identifica ao presunto autor dos maiores incendios do ano pasado en Galicia, con máis de 2.000 hectáreas arrasadas, na Mariña de Lugo | O Parlamento aproba por unanimidade unha iniciativa do PP para reclamar ao goberno central que revise o sistema Viogén, ao que están acollidas en Galicia máis de 5.600 mulleres | Renfe anuncia a recuperación do tren directo entre Lugo e Madrid, a partir do 18 de decembro | Os produtos derivados do leite son unha das principais claves na dieta atlántica, que nos sitúa entre as poboacións máis lonxevas do mundo. Así o destaca o libro branco dos lácteos | En Vigo arranca a Semana de Cine Submarino, a cita coa beleza do mundo asolagado, que pon o acento na preservación dos ecosistemas

A Garda Civil cre ter identificado o autor dos maiores incendios do ano pasado en Galicia, con máis de 2.000 hectáreas arrasadas, nos concellos de Trabada e Barreiros, na Mariña de Lugo. Trátase dun mozo de 27 anos, membro dunha brigada do servizo de loita contra o lume. Logo de ser detido, quedou en liberdade á espera de pasar a disposición xudicial | O Parlamento aproba por unanimidade unha iniciativa do PP para reclamar ao goberno central que revise o sistema Viogén, ao que están acollidas en Galicia máis de 5.600 mulleres. A Xunta comprométese tamén a elaborar unha nova lei contra a trata, e a incluir a educación sexual e afectiva nos contidos educativos dende o vindeiro curso. | Os produtos derivados do leite son unha das principais claves na dieta atlántica, que nos sitúa entre as poboacións máis lonxevas do mundo. Así o destaca o libro branco dos lácteos, unha guía de referencia elaborada por expertos en nutrición, que abogan por recuperar os hábitos dietéticos tradicionais fronte á estandarización alimentaria | En Vigo arranca a Semana de Cine Submarino, a cita coa beleza do mundo asolagado, que pon o acento na preservación dos ecosistemas. Entre as propostas de hoxe, unha viaxe polos santuarios que acollen agunhas da criaturas máis raras do planeta, e un documental sobre a práctica desaparición da lagosta dos mares galegos. Nesta edición, tamén, a Universidade e Vigo renderá homenaxe ao que fora impulsor do certame, José Luis Gonzalez

En liberdade tras ser detido pola Garda Civil o presunto autor dos incendios de Trabada e Barreiros, na Mariña de Lugo, os máis grandes de Galicia o ano pasado con máis de dúas mil hectáreas queimadas. O detido de 27 anos, traballa nas cuadrillas dos servizos contraincendios | Polémica no Parlamento polas críticas da Conselleira de Política Social e Igualdade ao funcionamento do sistema Vioxen, de protección ás vítimas da violencia de xénero | Renfe anuncia a recuperación do tren directo entre Lugo e Madrid, a partir do 18 de decembro | A pouco máis dun mes para o Nadal, algúns xa van preparando o ambiente. É o caso dun matrimonio de Camposancos, no concello da Guarda, inspirados na tradición dos seus antigos veciños en Estados Unidos, onde viviron varios anos

Diego Montaña, principal sospeitoso do crime, recoñece a agresión a Samuel Luiz, aquela noite. Xunto a él, no xuizo, dan a súa versión do ocorrido Alejandro Freire e Kaio Amaral os outros acusados que permanecen en prisión, e que se declaran inocentes | A Garda Civil investiga o incendio ocorrido nunha vivenda no concello do Grove, co resultado dunha muller falecida. O seu marido puido ser rescatado de entre o lume, e quedou ingresado na UCI. Outras catro persoas tiveron que ser atendidas por inhalación de fume | A viguesa Laura Fernández, doente cun cancro terminal, reclama recibir a eutanasia. A Comisión de garantías do Sergas estuda a sua solicitude dende finais de outubro. Dende a unidade de paliativos do Hospital do Meixoeiro Laura anima a facer o testamento vital | Hoxe imos achegarnos ao traballo de Chago Martínez, coñecido ferreiro de Compostela, que traballou durante máis dunha década na restauración da catedral de Santiago, un labor que lle permitiu descubrir técnicas tradicionais para tratar o ferro antigo, e que lle valeron recoñecementos como un premio do colexio de arquitectos

Quedamos nunha zona de transición entre as altas presións e unha profunda borrasca ao noroeste con ventos que traen moita humidade. Ceos parcialmente cubertos, especialmente na metade oeste, onde se podería rexistrar algún orballo pola tarde e estendéndose nas últimas horas. As temperaturas sofren un moderado descenso.

Laura, a viguesa enferma terminal que reclamou públicamente acelerar a súa eutanasia, morreu esta mañá no hospital, da maneira que ela elixiu | Sesión de control no Parlamento, cun novo cruce de acusacións entre Rueda e a portavoz do BNG a conta da comisión de investigación dos contratos supostamente irregulares durante a pandemia | Máis de 60 mil empregados públicos están asegurados actualmente en Galicia a través de Muface. Pasarían a ser trasvasados ao Sergas, segundo a proposta do Goberno Central | Hai hoxe xusto 22 anos que o Prestige, cargado con máis de 70.000 toneladas de fuel, partía en dous, e afundía a 28 millas de Fisterra | No hospital de Lugo, exposición dos traballos de arte e artesanía que realizan os pacientes das unidades de saúde mental

Laura, a viguesa, enferma terminal, que reclamou públicamente á Xunta acelerar a súa eutanasia, morreu esta mañá no hospital, da maneira que ela elixiu e cunha espera menor da habitual. Valedora do tesatmento vital e a morte digna reclamou máis medios para as unidades de coidados paliativos | Novo enfrontamento entre Alfonso Rueda e Ana Pontón no Pazo do Hórreo, pola comisión de investigación sobre contratos da Xunta que os grupos da oposición consideran irregulares. O presidente acusa á lider do BNG de pretender un xuízo paralelo aos dirixentes do PP e os seus familiares | Máis de 60 mil empregados públicos, a maioría docentes, están asegurados actualmente en Galicia a través de Muface. Pasarían a ser trasvasados ao Sergas, segundo a proposta do Goberno Central despois de que as aseguradoras deixasen deserto o concurso para seguir prestando o servizo. A Consellería de Sanidade reclama máis información e un aumento dos recursos para atendelos | Hai hoxe xusto 22 anos que se producía fronte á nosa costa unha imaxe que daría a volta ao mundo. Despois de varios días de rumbo errático, o Prestige, cargado con máis de 70.000 toneladas de fuel, partía en dous, e afundía a 28 millas de Fisterra. Daba lugar á maior vertedura da nosa historia e propiciaba unha marea de voluntarios e protestas pola xestión da catástrofe, que volven á actualidade

Hai hoxe xusto 22 anos da imaxe que daría a volta ao mundo: despois de varios días de rumbo errático, o Prestige, cargado con máis de 70.000 toneladas de fuel, partía en dous, e afundía a 28 millas da costa de Fisterra | Sesión de control no Parlamento, cun novo cruce de acusacións entre Rueda e a portavoz do BNG a conta da comisión de investigación dos contratos supostamente irregulares durante a pandemia | No hospital de Lugo pódese visitar desde hoxe a exposición dos traballos de arte e artesanía que realizan os pacientes das unidades de saúde mental. Obras con beneficios terapéuticos e de socialización para os enfermos, que piden non ser estigmatizados pola súas doenzas |

Continúa a influencia das altas presións aínda que vai entrando aire frío nas capas altas da atmosfera que deixa algo de inestabilidade. Deste xeito predominan as nubes de tipo medio e alto, con posibilidade dalgún chuvasco moi illado e ocasional no interior pola tarde. As Temperaturas, sen cambios ou con lixeiros descensos, máximas entre os 18 graos de Lugo e os 21 de Pontevedra

Silencio polas vítimas dos accidentes de tráfico no Día Mundial que chama a atención sobre este problema | O histórico narcotraficante Sito Miñanco volveu hoxe a xuízo na Audiencia Nacional, xunto a 47 membros da súa organización. Están acusados do transporte de case 4 toneladas de cocaína | Comeza en Ourense un xuízo no que por primeira vez nesta provincia se pide para un a un acusado a prisión permanente revisable. Trátase dun enfermo mental que matou a unha moza a coiteladas e que intentou asasinar tamén ao seu noivo | A Xunta contempla a convocatoria de 600 prazas para a administración durante o próximo ano | Pacientes de alzheimer elaboran receitas do seu recordo nas cociñas dos mellores chefs de Galicia

Minutos de silencio polas vítimas dos accidentes de tráfico, no Día Mundial que chama a atención sobre este problema. No que vai de ano nas estradas galegas morreron 82 persoas. As asociacións de vítimas piden que no código penal se cree unha nova figura para o homicidio vial |A Xunta anuncia, tralo Consello, que dende hoxe, ponse en marcha un paquete de medidas para facer fronte aos riscos de inundación na conca Galicia-costa | Sito Miñanco volve sentar no banco dos acusados. Esta mañá comezaba na Audiencia Nacional o xuízo contra o histórico capo e 47 membros da súa organización. Son os presuntos responsables do transporte frustrado de case 4 toneladas de cocaína |

Situación intermedia entre unha borrasca situada ao suroeste de Portugal e un anticiclón ao norte. Temos ceos con alternancia de nubes e claros e con chuvascos ocasionais que pola tarde serán máis probables no sur. Mañá agardamos un día moi semellante e xa o domingo recuperamos a influencia anticiclónica con ceos máis despexados. As temperaturas soben e as máximas volverán roldar os 20 graos durante toda a fin de semana.

Dúas persoas falecidas e tres feridas. Son as consecuencias dun accidente de tráfico múltiple no concello coruñés de Vedra | Última sesión do xuízo polo crime de Samuel Luiz | Conta atrás para o acendido das luces de Nadal en Vigo. Queda un día, e nas rúas apúranse os traballos de montaxe. Os hoteis prevén unha alta ocupación | Os instrumentos milenarios do músico lucense Abraham Cupeiro soarán na BSO de Gladiator 2, que se estrea hoxe

Dúas persoas falecidas e tres feridas. Son as consecuencias dun accidente de tráfico múltiple rexistrado esta madrugada no concello coruñés de Vedra. Os falecidos eran os condutores dos dous vehículos que chocaron de fronte | Última sesión do xuízo polo crime de Samuel Luiz | Queda pouco máis dun mes para o Nadal e xa empeza a notarse nos comercios e nos mercados. Co fin de aforrar, moitos adiantan a novembro a compra de peixe e marisco para conxelar | Os instrumentos milenarios do músico lucense Abraham Cupeiro soarán na area do Coliseo de Roma. Hoxe chega aos cinemas Gladiator 2, e Cupeiro participa na banda sonora da superprodución de Ridley Scott

Detido, de mañanciña, Humberto González, o home, de 38 anos, sospeitoso de matar en Baiona a Estela Blach, coa que mantivera unha relación. Levaba cinco días agochado nun galpón, na parroquia de Belesar, sen comida.| O xuízo polo crime de Samuel Luiz chega á súa recta final. As partes expoñen hoxe as súas conclusións. No caso das acusacións, manteñen que se trata dun asasinato causado por un grupo, do que non se pode desvincular a ninguén, e con agravante de homofobia | Cando faltan dous días para o acendido das luces de Nadal de Vigo asociacións veciñais critican as molestas que provoca a festa e propoñen protestar colgando sabas brancas nos balcóns | Hoxe a radio é protagonista. Cúmprense 100 anos das primeiras emisións radiofónicas en España. Os compañeiros de Radio Nacional de España en Galicia sacan á rúa o informativo territorial

Detido, de mañanciña, Humberto González, o home de 38 anos, sospeitoso de matar en Baiona a Estela Blach, coa que mantivera unha relación. Levaba cinco días agochado nun galpón, na parroquia de Belesar, sen comida. Foi a sua propia nai a que deu aviso do seu paradoiro | no xuízo polo crime de Samel Luíz, alegato final da fiscalía e das acusacións particulares. Coinciden en considerar probado que se tratou dun asasinato cometido por unha manada grupal, na que participaron todos os acusados e coa agravante de homofobia | Arranca a recolllida de mostras de ADN para o Proxecto Xenoma, unha iniciativa científica que pretende realizar un cribado xenético masivo de enfermidades e contribuir ao avance da medicina personalizada. Mil persoas de entre 35 e 70 anos serán citadas nas próximas semanas mediante mensaxes electrónicas para unha proba piloto | Hoxe a radio é protagonista... Cúmprense 100 anos das primeiras emisións radiofónicas en España. Co gallo deste aniversario, os compañeiros de Radio Nacional de España en Galicia sacaron á rúa o informativo territorial da unha e dez, para estar aínda máis preto da cidadanía... Un programa especial para repasar a importancia histórica deste medio e os momentos fundamentais da radio en Galicia

Galicia volve quedar nunha situación intermedia entre o anticiclón e as baixas presións. Día de ceos con nubes e claros e posibilidade de chuvascos que serán máis probables no sur e oeste nas últimas horas do día. As temperaturas experimentan un moderado ascenso, con máximas que van dos 17 graos en Lugo aos 22 en Pontevedra

Detido Humberto González, o home de 38 anos, sospeitoso de matar en Baiona a Estela Blach, coa que mantivera unha relación | No xuízo polo crime de Samel Luíz, as acusacións coinciden en considerar probado que se tratou dun asasinato cometido por unha manada grupal coa agravante de homofobia | Arranca a recolllida de mostras de ADN para o Proxecto Xenoma | asociacións veciñais critican as molestas que provoca a festa do Nadal en Vigo e propoñen protestar colgando sabas brancas nos balcóns | os compañeiros de Radio Nacional de España en Galicia sacaron á rúa o informativo territorial