Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

O presidente da Xunta está de viaxe en Arxentina. Alfonso Rueda reuniuse co xefe de gabinete de Milei ao que trasladou que o goberno galego ten "máximo interese" en manter as mellores relacións posibles | Moción de censura en Viveiro, o terceiro concello con máis poboación da provincia de Lugo. O PP volve gobernar co apoio dos independentes de Por Viveiro, desprazando ao bipartito PSdeG-BNG. | Nalgunhas parroquias do concello coruñés de Muxía levan varíos días sen agua potable. O problema vén dunha vertedura de augas fecais no Río Negro | O alumnado reivindica a igualdade entre homes e mulleres e alerta do discurso machista da ultradereita

Alertas por choivas e ventos superiores aos 80 quilómetros por hora na costa da Morte e as Rías Baixas | As temperaturas seguen a baixar | O peor terá lugar o sábado

O presidente da Xunta está de viaxe en Arxentina. Alfonso Rueda reuniuse co xefe de gabinete de Milei para falar do programa ‘Retorna’ | Uns 348.000 pacientes están en lista de agarda entre as sete áreas sanitarias galegas. En cirurxía, aínda que o tempo medio de espera mellora, entre as consultas e probas diagnósticas aínda é de case 70 días | Moción de censura en Viveiro, o terceiro concello con máis poboación da provincia de Lugo. O PP volve gobernar co apoio dos independentes de Por Viveiro, desprazando así ao bipartito de PSoe e BNG | Nalgunhas parroquias do concello coruñés de Muxía levan varíos días sen agua potable. Os veciños non poden nin consumila nin usala para cociñar e, nalgunhas casas, incluso, se cortou o subministro. O problema vén dunha vertedura de augas fecais no Río Negro | Maña é 8 de marzo, Día Internacional da Muller. Hai programados actos para reinvidicar a igualdade entre homes e mulleres por toda Galicia | Esta fin de semana aínda se poden gozar festas de entroido . Coma no concello de Paderne, na aldea de Samede. Un carnaval que se perdeu no ano 60 e que os veciños do lugar recuperaron para devolverlle ós seus antergos un anaquiño da súa historia

O presidente da Xunta reuniuse co xefe de gabinete de Milei para falar do programa ‘Retorna’ e reforzar as relación con Arxentina | Uns 348.000 pacientes están en lista de espera no Sergas. En cirurxía o tempo de agarda é de case 70 días | Moción de censura en Viveiro, o terceiro concello con máis poboación da provincia de Lugo. O PP volve gobernar co apoio dos independentes de Por Viveiro | Veciños de parroquias de Muxía non poden beber a auga da traída nin usala para cociñar. O problema vén dunha vertedura de augas fecais no Río Negro | Maña é 8 de marzo, Día Internacional da Muller. Hai programados actos para reinvidicar a igualdade entre homes e mulleres por toda Galicia | Os vecinos de Samede, no concello de Paderne, celebran a súa festa grande do entroido

Volveron as chuvias e os chuvascos que se irán estendendo pola tarde a toda a comunidade. Poden ser localmente fortes e acompañados de treboadas en Ourense. As temperaturas mínimas subiron e as máximas baixan con valores que roldarán os 15 graos agás en Ourense, onde poden rozar os 20. Temperaturas que volverán ser invernais durante a fin de semana.

Protestas en Vigo pola ampliación da autovía A-52. O Concello aprobou unha moción de apoio ao novo trazado por túnel entre Vigo e o Porriño | Unha agresión cada 20 días... é a cifra dos incidentes violentos contra persoal sanitario en Galicia | Galicia é a comunidade autónoma que máis suspende na ITV. Un de cada catro vehículos non pasa a revisión á primeira | Uxía cumpre 40 anos nos escenarios e celébrao co seu público cunha nova xira e un gran concerto no Auditorio de Galicia, en Santiago

Protestas ás portas do concello de Vigo mentres se celebrabra o pleno extraordinario sobre ampliación da autovía A-52. O Concello, con maioría socialista, aprobou unha moción de apoio ao novo trazado por túnel entre Vigo e o Porriño | Unha agresión cada 20 días... é a cifra dos incidentes violentos contra persoal sanitario en Galicia. A meirande parte das veces non se denuncian | Galicia é a comunidade autónoma que máis suspende na ITV. Un de cada catro vehículos non pasa a revisión á primeira. O motivo, un parque móbil con 16 anos de media | Uxía cumpre 40 anos nos escenarios e celébrao co seu público cunha nova xira e un gran concerto no Auditorio de Galicia, en Santiago, cunha decena de artistas convidados

Protestas ás portas do concello de Vigo mentres se celebrabra o pleno extraordinario sobre ampliación da autovía A-52. O Concello, con maioría socialista, aprobou unha moción de apoio ao novo trazado por túnel entre Vigo e o Porriño | Unha agresión cada 20 días... é a cifra dos incidentes violentos contra persoal sanitario en Galicia. A meirande parte das veces non se denuncian | Día Europeo da Logopedia. Os profesionais galegos aproveitan pra derrubar estigmas e difundir a súa labor | Uxía cumpre 40 anos nos escenarios e celébrao co seu público cunha nova xira e un gran concerto no Auditorio de Galicia, en Santiago, cunha decena de artistas convidados

Seis enfermeiras e un garda de seguridade resultaron feridos leves nun novo episodio de violencia no CHUAC. Nesta ocasión tivo lugar no servizo de neuroloxía. O persoal queixa de falta de seguridade un mes despois dunha agresión en urxencias no que un traballador quedou ferido de gravidade | As mulleres do rural reclama un estatuto propio para combater as discriminacións por xénero. Aseguran que no seu eido se agravan e que sofren discriminacións a maiores. Reclaman que a medida inclúa orzamento e ferramentas concretas | Antía e Daniel chamosa prepáranse para o Campionato de España de Marcha en Ruta que terá lugar o vindeiro domingo en Verín. Os Pontevedreses apuntan ao Campionato de Europa e ao Mundial.

Seis enfermeiras e un garda de seguridade resultaron feridos leves nun novo episodio de violencia no CHUAC. Nesta ocasión tivo lugar no servizo de neuroloxía. O persoal queixa de falta de seguridade un mes despois dunha agresión en urxencias no que un traballador quedou ferido de gravidade | Marcha de 21 km para denunciar a ‘psiquiatrización’ dos centros de maiores. Os traballadores dunha residencia de Santiago visibilizan así a súa denuncia de falla de medios, persoal e formación, para atender a usuarios con enfermidades mentais | José Ramón Gómez Besteiro confirma que repite candidatura á Xunta de Galicia. O PSdeG debaterá a folla de ruta no Congreso da vindeira fin de semana. Está previsto que Pedro Sánchez peche o encontro | Aberta a convocatoria para solicitar as axudas das PAC. Inclúen liñas para criadores de razas autóctonas e para explotacións ecolóxicas |As mulleres do rural reclaman un estatuto propio para combater as discriminacións por xénero. Aseguran que no seu eido se agravan e que sofren discriminacións específicas a maiores. Reclaman que a medida inclúa orzamento e ferramentas concretas | Folga indefinda dos inspectores de pesca. Reclaman o recoñecemento dos horarios especiais que realizan as vintecatro horas do día sete días á semana | Xornada de paro en Correos para rexeitar o convenio e denunciar redución de persoal encuberta | Últimos actos do entroido 2025. A meirande parte das festas pechan este serán con enterro da sardiña | Antía e Daniel chamosa prepáranse para o Campionato de España de Marcha en Ruta que terá lugar o vindeiro domingo en Verín. Os Pontevedreses apuntan ao Campionato de Europa e ao Mundial.

Seis enfermeiras e un garda de seguridade feridos leves nun novo incidente violento no CHUAC, esta vez no servizo se neuroloxía | Aberta a convocatoria para solicitar as axudas das PAC. Inclúen liñas para criadores de razas autóctonas e para explotacións ecolóxicas | Folga indefinda dos inspectores de pesca. Reclaman o recoñecemento dos horarios especiais que realizan as vintecatro horas do día, sete días á semana

Os son das mázcaras de Manzaneda escóitanse porta por porta. Piden comida. Unha tradición que cada vez convoca máis xente. Tamén as ciudades celebran o entroido. A Coruña elixe hoxe o choqueiro do ano | Hoxe é o Día Mundial de Sensibilización sobre a obesidade. Este problema afecta ao 16% dos galegos. A comunidade científica aumenta sobre a incidencia desta enfermidade no desencadenamento de cancro

Martes de entroido. Festivo en máis de 150 concellos de Galicia. Cada vez máis xente se achega a Manzaneda, onde as mázcaras e fulións piden comida porta por porta. Tamén as cidades celebran o entroido. A Coruña xa ten choqueiro 2025 | O paro baixou en febrero en 343 persoas, co que o número de desempreados na nosa comunidade sitúase nos 121.000. Falamos con dúas mulleres que no dubidaron en empreder a partir dos 50 | A Xunta agarda os informes de científicos para determinar se a apertura de encoros está a diminuír a produción de marisco | No Día Mundial da Obesidade os expertos alertan sobre a incidencia deste problema na poboación e o desenvolvemento de diversos tipos de cancro. 6 de cada 10 galegos e galegas padecen sobrepeso, o paso previo á obesidade | Uns 13.000 galegos son adictos a substancias. Aumenta o consumo de haxís e preocupa o consumo de cocaína e crack | O 8M protagonizará o debate parlamentario da semana | A historia da gaita a través do tempo e en terras de todo o mundo

Martes de entroido. Día grande das festas. Non hai pobo en Galicia sen celebración. En Manzaneda as mázcaras, acompañadas dos fulións, piden comida polas portas. Tamén as rúas das ciudades enchen de disfraces | Baixa o paro en Galicia a 121.000 desempregados, 10.000 menos que o ano pasado nestas datas. Lucía e Sofía decidiron emprender pola súa conta pasados os 50 anos. O súa iniciativa valeulles un premio | Uns 13.000 galegos e galegas reciben tratamento para a súa adicción a sustancias. Preocupa o aumento de haxís. As asociación advirten que é a porta de entrada a drogas máis fortes

Hoxe con nubes e claros e con temperaturas algo máis altas. As máximas oscilarán entre os 15 graos en Lugo e os 20 en Pontevedra. Amaina o nordés en terra, mentres segue a soprar con refachos fortes entre Fisterra e Bares

Día grande do entroido de Laza, co Luns Borralleiro. Unha tradición peculiar, onde os protagonistas son os farrapos e a lama. A Xunta declara a celebración do Entroido Ben de Interese Cultural | Segundo día de loito oficial en Lugo polo repentino falecemento da alcaldesa da cidade, a socialista Paula Alvarellos. | Pasa a disposición xudicial un home detido nun luxoso hotel do centro de Vigo, que se negaba a abanoar a habitación e lanzou unha bolsa de cocaína sobre os axentes que o ían arrestar | Pouca cantidade de marisco na Ría de Noia no primeiro día de actividade logo da veda ampliada debido a alta mortaldade de bivalvos | O cineasta Iván Castiñeiras relata a desintegración dunha familia, durante 15 anos, na aldea lusa de Moimenta no documental Deuses de Pedra, na chamada raia seca, marcada polo contrabando e a emigración.

Batalla campal con centos de persoas participantes na praza da Picota, de Laza. É a tradicional farrapada do Luns Borralleiro. Unha das celebracións máis peculiares desta localidade do triángulo máxico do Entroido ourensán, declarado pola Xunta Ben de Interese Cultural | Seguen as mostras de condolencia en Lugo, polo falecemento repentino da alcaldesa Paula Alvarellos, de 62 anos de idade, a consecuencia dun infarto. Moitos cidadáns pasan a despedila e deixar constancia da súa tristeza no libro de condolencias instalado no salón de plenos | Primeiro día de marisqueo ná ría de NOia logo da veda ampliada debido a alta mortaldade de bivalbos. Polo momento din que atopan pouca cantidade de produto e de tamaño ainda pequeño | O cineasta Iván Castiñeiras relata a desintegración dunha familia, durante 15 anos, na aldea lusa de Moimenta no documental Deuses de Pedra, estreado no Festival de Rotterdam. Unha reflexión sobre os cambios socioeconómicos no triángulo montañoso entre Ourense Zamora e Tras Os montes, na chamada raia seca, marcada polo contrabando e a emigración

Hoxe é o día grande do entroido de Laza. Celebran o luns borralleiro. Unha tradición peculiar, onde os protagonistas son os farrapos e a lama. A Xunta declara a celebración do Entroido Ben de Interese Cultural | Segundo día de loito oficial en Lugo polo repentino falecemento da alcaldesa da cidade, a socialista Paula Alvarellos que perdía a vida a consecuencia dun infarto o pasado sábado | Pasa a disposición xudicial un home detido nun luxoso hotel do centro de Vigo. O hóspede negábase a abandonar o seu cuarto e lanzou unha bolsa de cocaína sobre os axentes que o ían arrestar, ao estilo dunha escena da película 'Airbag'. Os policías tiveron que ser trasladados ao hospital Álvaro Cunqueiro por intoxicación e xa recibiron a alta |

O anticiclón vén para quedar con tempo seco, ceos con nubes e claros e posibilidade dalgún orballo no extremo na Mariña e ao sur de Ourense. As temperaturas máximas soben lixeiramente e oscilarán entre os 15 graos en Lugo e os 20 en Pontevedra

Os nenos, protagonistas do desfile escolar do Entroido en Xinzo de Limia. Un percorrido lúdico polas rúas, xunto con pais e profesores que serve de anticipo do que terá lugar o día grande o próximo martes | A sede electrónica da Xunta, acumula xa as solicitudes para recibir o Bono Alugueiro, unha vez que hoxe quedou aberto o prazo | Segue polémica política sobre a condonación da débeda autonómica de 4.010 millóns de euros. A Xunta xustifica o seu rexeitamento por considerar que a proposta do goberno central discrimina a Galicia, mentres os nacionalistas destacan que é unha medida que eles negociaron con Pedro Sánchez | En Galicia estímase que 200 mil persoas padecen algunha enfermidade rara | En temporada de cocido, as carnizarías rexistran unha repunta de afluencia. Son semanas clave para á venta do seu ingrediente estrela, o porco

Os nenos, protagonistas do desfile escolar do Entroido en Xinzo de Limia. Un percorrido lúdico polas rúas, xunto con pais e profesores que serve de anticipo do que terá lugar o día grande o próximo martes. Unha das celebracións do Entroido que a Xunta recoñece Ben de Interese Cultural do Patrimonio Inmaterial | A sede electrónica da Xunta, acumula xa as solicitudes para recibir o Bono Alugueiro, unha vez que hoxe quedou aberto o prazo. Axudas de 250 euros ao mes para menores de 36 anos que buscan emanciparse. Os solicitantes recibirán resposta en xuño | No día mundial das Enfermidades raras, coñecimos o único caso que hai en España de proxeria, unha doenza que provoca o avellentamento precoz dos nenos, que non ten cura na actualidade. O CIMUS, de Santiago, é centro de referencia na súa investigación | En temporada de cocido, as carnizarías rexistran unha repunta de afluencia. Son semanas clave para á venta do seu ingrediente estrela, o porco. Anque os comerciantes aseguran que hai pouca variación de prezos

O ciclo de actividades do Entroido de Xinzo de Limia, achégase a recta final. Hoxe Alumnos, pais e profesores dos centros escolares recorreron as rúas nun desfile que conta cunha tradición de case catro décadas | Os grupos políticos manteñen a polémica sobre a condonación da débeda autonómica de 4.010 millóns de euros. A Xunta xustifica o seu rexeitamento por considerar que a proposta do goberno central discrimina a Galicia, mentres os nacionalistas destacan que é unha medida que eles negociaron con Pedro Sánchez | Hoxe é o día mundial das enfermidades raras, aquelas cunha prevalencia menor a cinco casos por cada 10 mil habitantes. En Galicia estímase que 200 mil persoas padecen algunha destas doenzas

Unha pequena borrasca pode deixar algo de chuvia á noite. Durante o día irá aumentando a nubosidade con posibilidade de choiva máis probable no sur oeste con algún chuvasco illado na Mariña. Mañá recuperamos a influencia do anticiclón que se manterá durante o entroido

Os prezos subiron en febreiro ao 3 %, o nivel máis alto nos últimos nove meses, pola suba do prezo da luz. A electricidade no mercado regulado é un 170% máis cara que hai un ano | A Xunta súmase aos outros gobernos autonómicos do Partido Popular no rexeitamento á condonación de débeda autonómica proposta polo goberno | No día internacional do transplante de órganos e tecidos, coñecemos o caso de Iván Quñoá, veciño de Sarria, un caso extraordinario de superación, diagnosticado de cancro na adolescencia, e que está vivo gracias a un transplante de ríl, que recibíu da súa irmá, e outro de fígado dun doante falecido | Comeza "Orixes", exposición inmersiva na Cidade da Cultura, en Santiago. Unha viaxe a través do tempo e das eras prehistóricas. Grazas á realidade virtual podemos achegarnos á vida antes de nós e incluso interactuar con ela

O aumento do prezo da luz fai que a inflación suba ao 3 por cento interanual en febreiro. UN dato do IPC publicado hoxe, que acada o nivel máis alto dos últimos nove meses. A inflación subxacente, sen ter en conta a enerxía e os alimentos, baixa en cambio tres décimas | A Xunta súmase aos outros gobernos autonómicos do Partido Popular no rexeitamento á condonación de débeda autonómica proposta polo goberno. Dí que Galicia sae perxudicada ao ter que asumir casi 600 millóns máis de débeda. O BNG reclama a Rueda explicacións nun pleno extraordinario | No día internacional do transplante de órganos e tecidos, coñecemos o caso de Iván Quñoá, veciño de Sarria, un caso extraordinario de superación, diagnosticado de cancro na adolescencia, e que está vivo gracias a un transplante de ríl, que recibíu da súa irmá, e outro de fígado dun doante falecido | Como sería a Terra hai catrocentos millóns de anos. E o que intenta explicar grazas a realidade virtual a exposición Orixes, no Museo Gaiás, da Cidade da Cultura de Santiago. Unha experiencia inmersiva que permite viaxar no tempo e interactuar con criaturas prehistóricas