Colas, e mesmo amago de enfrontamentos no Centro de Saúde de Mazaricos, onde moitos veciños foran convocados por mensaxes de mobil para facer a proba PCR. // Por Segundo día consecutivo, aumenta a incidencia en Galicia, tras case un mes de continuo descenso. Os novos contaxios foron 274, e o total de casos activos sobe a 5.598, 38 máis ca onte. // O desexo de pasar o Nadal en familia con seguridade disparou a demanda de probas covid nos laboratorios privados. As máis solicitadas, as PCR por ser as máis fiables e as de antíxenos pola rapidez e porque son máis baratas. // Culler de Pau, do Grove, Convértese no primeiro restaurante galego e lograr duas estrelas Michelín, un recoñecemento que só obtiveron tres locais de toda España nesta edición. 15-12-2020
- Dirigido por
- Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Idiomas
- Castellano