Enlaces accesibilidad

Alvedro aumenta conexións con Madrid, que permitirán ir e volver no mesmo día

  • O aeroporto da Coruña revitalízase, logo de nove meses de caída de viaxeiros
  • O concello e a Cámara de Comercio coruñesa asumen parte do sobrecuste nun convenio con Iberia

Por
Alvedro amplía as conexións con Madrid, que permitirán ir e volver no mesmo día

En plena caída de viaxeiros no transporte aéreo, dende que comenzou a crise sanitaria, o aeroporto coruñés de Alvedro amplia o 50% das súas conexións con Madrid. Unha mellora que nace dun acordo dos empresarios e o concello coa compañía Iberia.

A partir de mañá póñense en marcha 20 novos enlaces coa capital que permiten ir e volver a Madrid no día. O concello e a Cámara de Comercio da Coruña asumen o 40 por cento do sobrecuste nun convenio con Iberia.

Trátase dun proxecto piloto de 3 meses. Tres días á semana, o último avión quedará no aeroporto da cidade, para saír ás seis e media da mañá cara á capital. Estas conexións estarán dispoñibles por 50 euros ida e volta, para axudar a recuperar o pulo duns enlaces que antes desta crise superaban o 85% de ocupación