Enlaces accesibilidad

As empresas de autobuses discrecionais piden moratorias nos créditos para sobrevivir ao parón da pandemia

Por
As empresas de autobuses discrecionais piden moratorias nos créditos e alugueres para sobrevivir ao parón da pandemia

Pequenas e medianas empresas familiares viables ata aparición da COVID, loitan agora pola súa supervivencia. Estas compañías son as primeiras que se poden beneficiar da moratoria de créditos ICO que acaba de aprobar o Goberno, ante a paralización do mercado e a posible falta de ingresos ata o vindeiro verán. Un destes casos é o da empresa de autocares Arousa Bus.

Parados totalmente

A familia Núñez leva oitenta anos no negocio do transporte público con autobuses. Agora esta á fronte a terceira xeración. Ata aparición da COVID era unha empresa viable con presencia en Galicia e no mercado internacional, cunha frota de 12 autobuses para atender a transporte público non regular.

Dende o mes de marzo, e por primeira vez na súa historia, están totalmente parados. Porque non hai turismo, actividade deportiva nin eventos culturais nin familiares.

Manter a empresa viva costa 400.000 euros

En Galicia hai unhas 200 empresas que se dedican ao transporte de viaxeiros non regular. Cada autobús ten un custo aproximado de 300.000 euros, en parte financiados cun leasing. Ademáis, cada mes teñen que facer fronte a alugueiros de garaxes, impostos, mantemento...

Para unha empresa como ésta supón uns gastos fixos duns 45.000 euros mensuais. Segundo a administradora de transportes de Arousa Bus, Mara Núñez, manter a empresa viva dende o inicio do estado de alarma no pasado mes de marzo xa lles costou uns 400 mil euros.

Sen mercado ata o verán, sen ingresos ata dentro dun ano

En marzo acollérense aos ERTE e a un préstamo ICO como unha solución ponte. Pero a previsión actual de seguir parados ata maio ou ata o verán supón estar sen ingresos ata dentro dun ano.

As empresas como Arosa Bus teñen claro que hai que devolver os cartos que lle prestaron. Pero se non hai ingresos por paralización da actividade, esas solucións ponte, coma os préstamos ICO e outros créditos, supoñen un problema de caixa que os pode levar á morte como empresa. Por iso piden unha moratoria dos créditos ICO, como a que acaba de aprobar o Consello de ministros, e o aprazamento dos prazos para pagar outros préstamos.

O plan era medrar, pero agora é loitar pola supervivencia

Hai un ano, empresas como Arousa Bus traballaban coa previsión de ampliar persoal e autobuses para no 2021 facer contratos internacionais para o transporte de viaxeiros durante o Xacobeo. Agora están loitando para manter viva a empresa.