Enlaces accesibilidad

Sen rastro do virus da gripe en España no que vai de outono

Por
As medidas de prevención contra o coronavirus poderían diminuir a incidencia doutras patoloxías respiratorias como a gripe

O último informe elaborado polo Sistema de Vixilancia da Gripe para o Ministerio de Sanidade revela que en España aínda non se detectou ningún caso de contaxio dende que comezou o outono, algo que nunca acontecera dende que hai rexistros da incidencia da enfermidade. E no resto de Europa, ata finais de outubro só houbo 39 casos, o que supón unha caída do 97 % con respecto ó mesmo período do outono anterior.

Nunha porcentaxe do 99 por cento débese á utilización das medidas de prevención contra a COVID-19, como a distancia de seguridade e a máscara

Segundo o virólogo e membro do Laboratorio de Microbioloxía do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense, Juan García Costa, “nunha porcentaxe do 99 por cento débese á utilización das medidas de prevención contra a COVID-19, como a distancia de seguridade e a máscara. O 1 por cento restante explicaríase co fenómeno da toma do nicho ecolóxico, que significa que cando hai unha proliferación excesiva de virus no ambiente eso impide que outros virus poidan infectar”. O experto advierte que esta teoría está a xerar moita controversia e que non está comprobada.

A referencia de Australia

En Australia, onde o inverno remata en agosto, as mortes por gripe descenderon un 90 %. Un dato esperanzador tendo en conta que en España no último outono-inverno morreron 3.900 persoas e no anterior 6.300. Por iso, unha vez superada a pandemia do coronavirus, Juan García Costa cre convinte que as persoas que pertencen aos grupos de risco sigan utilizando as mesmas medidas de protección durante as épocas de máis incidencia da gripe.

Debemos lembrar que en marzo, en España, había xente que facía chistes sobre o uso da mascarilla

No resto da poboación cre que non terán arraigo “porque no momento no que pase a voráxine do coronavirus e a xente se poida vacinar haberá unha relaxación das medidas. No somos una sociedad oriental. Vemos que en China, Corea del Sur ou Xapón comeza a tempada dos virus respiratorios e a xente vai pola rúa con mascarilla, como unha cousa natural. Debemos lembrar que en marzo, en España, había xente que facía chistes sobre o uso da mascarilla”.

Un inverno con menos gripe

Outro dato alentador é que as medidas de prevención anticovíd poden ser máis efectivas para conter a gripe porque é tres veces menos contaxiosa que a COVID-19.

Algúns expertos vaticinan que os contaxios en España poderían chegar a descender un 50% a consecuencia destas medidas e da vacinación masiva da gripe